Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

A NOSA EXPOSICIÓN "MESTRAS" XA É ITINERANTE

O IES Alexandre Bóveda de Vigo solicitounos o material e as audioguías elaboradas polo alumnado para a exposición "Mestras", e dende o 25 de maio xa colgan das súas paredes, este é o cartaz que fixeron para a mostra

 

Semana EDU SAÚDE (30 de maio - 3 de xuño)

Ó longo da semana levaremos a cabo almorzos saudables coa colaboración da cafetería do centro e do profesorado dos diferentes departamentos e profesorado de garda.

Os alumnos á primeira hora (Sempre que o profesor considere que poden baixar: Se hai exame ou necesitan a clase, buscarase outro momento) subirán á aula. PÁSASE LISTA. Un profesor ou cargo directivo irá polas aulas para baixar cos alumnos e profesores para almorzar.

- LUNS 30:
Mazá + café con leite ou leite.

- MARTES 31:
Plátano + café con leite ou leite.

Pola tarde: CLUB DE CIENCIAS PARA ALUMNADO: IMPRESIÓN EN 3D.

- MÉRCORES 1:
a) CHARLA NO SALÓN DE ACTOS CON BEGOÑA VÁZQUEZ: “ALMORZOS SAUDABLES”.
Pendente de confirmación hora.

b) FROITA sorpresa + café con leite ou leite.

- XOVES 2:
FROITA sorpresa + café con leite ou leite.

- VENRES 3:
a) FROITA sorpresa + café con leite ou leite.

b) CATA A CEGAS DE ZUMES DE FROITAS: para alumnado e profesorado que queira participar.

EXCURSIÓN ALUMNADO DE HISTORIA DA ARTE

Aquí está o alumnado de Historia da Arte do García Barbón, desfrutando da excursión que organizamos este ano, xunto ao Departamento de Debuxo, para ver in situ o mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel en Celanova, a igrexa visigoda de Santa Comba de Bande e o campamento romano Auis Querquennis

Podcast sobre Memoria Histórica, Telmo Comesaña

Quero compartir con vós esta entrevista que se fixo a Telmo Comesaña, fundador e presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, no IES Alexandre Bóveda de Vigo falando sobre a Memoria Histórica.

 

Probas Libres Ciclo Superior Administración e Finanzas

Información das probas libres do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

Acceso as programacións das materias.

 

Xornada de Acollemento: 1 de Xuño de 2022 11:50

Horario das probas teóricas: 6 - 10 de Xuño de 2022 (documento adxunto)

Horario das probas prácticas: 13 - 17 de Xuño de 2022 (documento adxunto)

 

Centro Residencial Docente de Ourense

CRD de Ourense. Próxima apertura prazo de solicitude de praza 2022-23
 
Centro Residencial Docente de Ourense (CRD de Ourense), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  ten como destinatario ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule en Ourense para continuar os seus estudio.

Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento, favorecemos as relacións entre alumnos/as de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e/ou o reforzo de valores esenciais para a convivencia. Poden consultar a nosa páxina Web: https://crdourense.com/


O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, aula de informática, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, actividades complementarias…). O acceso as prazas do centro é mediante convocatoria publicada no DOGA ( soe saír no mes de xuño)  a través dunha orde que fixa os requisitos persoais, económicos e académicos  (se a renda familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o/a beneficiario/a terá praza gratuíta). Na páxina Web no apartado SECRETARÍA e dentro deste no caixón PRAZAS RESIDENCIA pódese atopar a información das convocatorias anteriores e os requisitos.

 

Novos Cursos Aula Mentor

Encontros virtuais da Universidade de Santiago

Os Encontros Virtuais da USC terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.
Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...
Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.
Esperamos que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.

Libros de orientación na biblioteca proporcionados polo departamento de Orientación

Na biblioteca tedes á vosa disposición novos libros sobre técnicas de estudo, globalización, autoestima, felicidade, trastornos da alimentación e unidades didácticas moi interesantes.

Moitas grazas ao Departamento de Orientación do centro por proporcionar todo este material!!!

Botádelle unha ollada!!!

ACTIVIDADES MES DE ABRIL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

O mes de abril xa está aquí!!

Desde o EDLG e a Biblioteca do IES García Barbón queremos propoñervos varias actividades relacionadas cos libros que podedes facer durante este mes. Animádevos e participade!!!

Distribuir contido