Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de dveiga

Encontros Virtuais na Zona USC 2024

Encontros Virtuais na Zona USC 

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

 

Este curso 2023-2024 os Encontros Virtuais na Zona USC  terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

 

 

Encontros  virtuais: Oficina de Información Universitaria

Encontros virtuais: Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia

 

Encontros virtuais: Servizo Universitario de Residencias

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2024

Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
 
 
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
 
 
 

Máis información

Programa Outono Xove 2023

 O programa Outono Xove 2023 está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

 

As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

 

Ofértanse 900 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

 

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comezará o día 27 de outubro ás 10.00 horas e será mediante formulario en liña. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 

Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

A Guía para o Desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional será un recurso ao dispor do centro educativo e dirixida a toda a comunidade educativa. As actuacións poderaas levar a cabo o profesorado ou o profesorado titor, en colaboración co Departamento de Orientación.
 

 

 

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 

 

 

Distribuir contido