Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de admin

Clausura do XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" no IES García Barbón

Pechouse o XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" que tivo lugar o venres 10 e sábado 11 no IES García Barbón. Foi un éxito e todo un acontecemento. Para mostra, así o recolle a web do Concello de Verín: "Durante os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa." Se queres ler o resto do artigo, preme na ligazón seguinte:

XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" na web do Concello de Verín 

  

O Programa Erasmus+ KA1 (2016) en Finlandia para CAE do IES García Barbón

O IES García Barbón foi elixido no Programa Erasmus+ KA1 (2016) para levar adiante un Proxecto de Formación “European Healthcare Alliances” con alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en Finlandia.

 

 

O congreso de Fabricación Mecánica que se celebra no IES García Barbón, no xornal "La Región"

(Preme na imaxe para ir a nove na web)

O xornal La región de Ourense informa de que "O IES García Barbón acollerá un Congreso de Fabricación Mecánica os días 10 e 11 de xuño de 2016". Se premes na imaxe poderás velo na páxina web deste xornal.

Actividades de información e orientación académica

Ofrecemos unha coidada selección de recursos de información e orientación académica. As actividades propostas refírense ás seguintes cuestións:-Hábitos e técnicas de estudo: avaliación e recomedacións serias, específicas e audiovisuais.-Oferta de estudos universitarios de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.-Vídeos explicativos do conxunto da oferta de estudos de Formación Profesional.-Información detallada e audiovisual dos distintos graos universitarios.-Programa Informático Orienta 2015-16.

Facendo Ciencia en Galego

Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar,  quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!! 

VI Congreso Internacional de Ebru

Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no VI Congreso Internacionalde Ebru que tivo lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. Nesta presentación da conta da súa experiencia. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.

Probando a orientar (por Lourdes Otero Rodríguez)

"A elección de estudos ou dunha profesión é un proceso longo". Este documento de Lourdes Otero Rodríguez móstranos, tras unha reflexión, os aspectos que contempla o Programa Orienta. Lembrámosvos que o Programa Orienta é unha ferramenta informática para que valoredes as distintas posibilidades que se abren ante vós.

ENLACE CO PROGRAMA ORIENTA

Curso de Mantemento e Montaxe Mecánico de Equipo Industrial

Curso de 668 horas (80 horas de prácticas en empresas) de Mantemento e montaxe mecánico de equipo industrial, que se impartirá no IES García Barbón do 23 de xuño ao 28 de novembro de 2016.

 

 

O arte do dragón, segundo os alumnnos de Debuxo

Carlos Matos, profesor de Debuxo, e o seu alumnado de Debuxo -onde estudan tanto técnico como artístico- pintan un dragón nun dos muros do IES García Barbón,en concreto o muro que separa as piscinas do instituto e que dá ao aparcadoiro . Están a dedicar bastantes tardes á devandita actividade, desde aquí agradecerlles o traballo para dar un toque alegre para a vista.. Moi bo traballo!

Pegadas literarias, Día do Libro 2016

Por mor da celebración do Día do libro os rapaces de FP Básica, Bacharelato  e os profesores do centro realizamos unha actividade a que chamamos “Pegadas literarias”  e “Castelos literarios” onde  houbo recomendacións literarias e un percorrido  por diferentes autores, obras e personaxes vencellados á literatura universal . De todo o noso traballo  deixámosvos unha mostra. 

Distribuir contido