Datos do centro

IES Fernando Blanco

Axiña nos veremos no Fernando Blanco, mentres tanto podedes chamar ao 881880467 por se vos podemos axudar en algo. Ánimo! 

Avda. Fernando Blanco 99 - 15270 Cee (A Coruña) - Tlf. 881 880 467

 

 

Podedes acceder aos avisos ao alumnado que envía o profesorado, no apartado TABOLEIRO DE ANUNCIOS. AVISOS AO ALUMNADO, na dereita da páxina web, ou facendo clic AQUÍ

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.

 

Informamos que todas as solicitudes presentadas dentro do prazo para 1º da ESO e 1º de Bacharelato, para o curso 2020/2021, resultaron admitidas.

 

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e Anexo II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo para presentar solicitudes:

1. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

Link á Orde

                        Anexo I en galego                                      Anexo II en galego

 

 

                        Anexo I en castelán                                   Anexo II en castelán 

 

 

En cumprimento da Resolución do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, as adaptacións das programacións didácticas nas materias, áreas ou módulos elaboradas polos diferentes departamentos didácticos do IES Fernando Blanco, pódense consultar nos seguintes links facendo clic sobre eles:

 

Administración Automoción Ciencias naturais Economía
Educación física Electricidade Filosofía Física e química
F.O.L. Francés Inglés Latín
Lingua castelá Lingua galega Mantemento Matemáticas
Música Plástica Relixión católica Tecnoloxía
Xeografía e historia E.P.A.    

 

 

 

 

 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Horario de atención no instituto: De 10:00 a 13:00

Horario de atención telefónica: De 9:00 a 14:00

Documentación:

1. Anexo II (ED550B) de solicitude cuberto e asinado (5 páxinas).

2. Folla de elección de materias.

3. DNI ou páxina do libro de familia do/a alumno/a.

4. Certificación oficial de matrícula do curso actual (emitido polo XADE).

2. Novos prazos do procedemento.

Publicación do listado de ensinanzas nas que hai máis demanda que vacantes, e polo tanto hai que baremar: 20 de maio de 2020.

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais do 9 ao 11 de xuño de 2020.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

● Formalización da matrícula en período extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

3. Criterio complementario do centro:

O Consello Escolar decidiu que se terá en conta o expediente académico do alumnado, que se acreditará coa certificación académica dos estudos cursados.

 

4. Aclaracións:

  • Cada alumno/a soamente poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar. A presentación de solicitude fóra de prazo, a formulación de máis dunha solicitude ou a inclusión nesta, ou na documentación achegada para acreditar requisitos ou criterios, de datos que non se axusten ás circunstancias reais do/a alumno/a, dará lugar á perda de todos os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ó mesmo tempo, ó centro de orixe.
  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

5. Área de influencia do centro:

Os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Áreas limítrofes: concellos de Camariñas, Carnota, Mazaricos e Vimianzo.

 

6. Servizos complementarios:              

Ruta de transporte escolar Cee-Corcubión para alumnado da ESO.

 

Documentación:

 

Anexo II (ED550B) en galego                          Anexo II (ED550B) en castelán

 

Folla de elección de materias (ESO)              Folla de elección de materias (Bacharelato)

 

Link a Admisión Alumnado

 

Estimado alumnado e familias:

Seguindo as instrucións da inspección educativa, procederemos á formalización da 2ª avaliación con data de 3 de abril.

Ese día realizarase o envío dos boletíns a través da Plataforma Abalar, polo que é necesario darse de alta no sistema, se aínda non a usades.

Hai dúas opcións:

Abalar Móbil: Senón sabedes como instalar esta aplicación no voso móbil, non tedes máis que seguir as instrucións destes links:

 

                                                LINK (en galego)                               LINK (en castelán)

 

Abalar web: Tedes información nos seguintes links:

 

                  LINK (en galego)                               LINK (en castelán)

  

Resolución de problemas de Abalar móbil no seguinte link:

 

PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES

 

Para calquera dúbida, recordade o correo electrónico do noso centro:

                                                Ies.fernando.blanco@edu.xunta.es

E o teléfono do Fernando Blanco:

                                                881 880 467

Saúde, ánimo e apertas!

 

O alumnado e as súas familias poden consultar a forma de traballo proposta polo profesorado das distintas ensinanzas e materias a través dos seguintes links que están organizados por departamentos didácticos.

Esta información será actualizada periodicamente.

De todas formas recomendamos a alumnado e familias que revisen o seu correo electrónico, xa que este é o medio de contacto inicial na maioría do casos.

Administración Automoción Ciencias Naturais Economía
Educación Física Electricidade Filosofía Física e Química
F.O.L. Francés Inglés Latín
Lingua Castelá Lingua Galega Mantemento Matemáticas
Música Plástica Tecnoloxía Xeografía e Historia
                Relixión                                                                                                                                                                                    

Interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento.

O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Máis información no LINK.

Durante o tempo que o IES Fernando Blanco permaneza fechado o alumnado dos distintos niveis educativos poderán seguir coa súa formación académica a través das distintas plataforma educativas existentes, como poden ser as aulas virtuais.

Polo que se recomenda ao alumnado e ás familias que revisen periodicamente os correos electrónicos que proporcionaron ao centro cando realizaron as súas matrículas, xa que o primeiro contacto do profesorado para explicar como vai ser a teleformación realizarase por ese medio.

Distribuir contido
Drupal theme by Kiwi Themes.