Skip to Content

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da ESO 2023/2024

A Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio de 2023) regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

O IES Fernando Blanco está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/2024, polo tanto, o  alumnado de 1º, de 2º da ESO e de 3º da ESO estará excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na devandita orde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo para presentar solicitudes:

1. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo de un (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2024.

3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2023/24 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de un (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

Link á Orde

 

ED330B en galego                                      ED330B en castellano 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NAS ENSINANZAS DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2023/2024

 

O día 15 de maio de 2023 publicáronse no taboleiro de anuncios do IES Fernando Blanco as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido tanto na ESO como en bacharelato para o curso académico 2023/2024.

Contra estas listaxes pódese interpoñer recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo de 1 (un) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Surf en Razo

Un grupo de alumnado de 3º da ESO acompañados polos seus docentes Silvia Santamaría e Sergio Carballo tiveron a ocasión de participar nun "bautismo" de surf na praia de Razo en Carballo, ademais de ter unha xornada de convivencia na natureza.

 

Álbum: Web -> Surf en Razo 24/04/2023

En abril pinturas mil

Exposición de traballos do alumnado de debuxo artístico. Fai clic sobre a imaxe

Álbum: Web -> En abril pinturas mil

XVII CERTAME MICRORRELATOS

 

Xa está convocado o XVII Certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco.

Tedes ata o 12 de maio para presentar os vosos microrrelatos.

E por suposto haberá premios!

Animádevos a participar! Tedes as bases no seguinte link:

BASES DO XVII CERTAME DE MICRORRELATOS

BECAS DE ESTUDO 2023/2024

Desde o 27 de marzo e ata o 17 de maio podes presentar a túa solicitude de beca para o curso 2023/24 sempre que queiras continuar os teus estudos, independentemente do que esteas estudando actualmente.

Máis información facendo clic na imaxe:

Fai clic para máis información

 

INFORMACIÓN RECURSO DE REPOSICIÓN

O IES Fernando Blanco en FP Innova 2023

O IES Fernando Blanco estará presente no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023) que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago. 

Esta presenza é a través do departamento de Instalación e mantemento que expoñerá en dous stands (os nº 20 e 21) dous dos proxectos que resultaron premiados en edicións de FP innova nos últimos anos.

Os proxectos expostos son, no stand 20 Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira e no stand 21 Adestrador de elevador operado por sistema periférico.

Os stands estarán atendidos polos docentes Bibiana Bértoa e Diego Carril e tamén polo alumnado de 2º do CM Mantemento electromecánico, quen farán demostracións do seu funcionamento e explicarán as características dos proxectos aos visitantes.

Cómpre salientar que o mércores 22 visitarán FP Innova 2023 alumnado doutros ciclos do IES Fernando Blanco.

Álbum: Web -> Exposición FP Innova 22, 23 e 24 marzo 2023

Novos horarios na liña de bus de Fisterra a Camariñas

A partir do xoves 23 de febreiro de 2023 o alumnado de Muxía que estuda bacharelato ou ciclos de FP no IES Fernando Blanco contarán cun autobús que sairá da estación de autobuses de Cee ás 14:30 horas, ademais os luns pola tarde haberá un bus que sairá da estación de autobuses de Cee ás 18:30 horas.

Novos horarios liña Fisterra-Camariñas

 

Carreira campo a través Xogade

Alumnado do Fernando Blanco

Reparto de dorsais 1

Este mércores 25 de xaneiro, tivo lugar a carreira campo a través da comarca Costa-Fisterra no circuíto do Refoxo (Cee) coas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta carreira está incluída no programa Xogade.

Na mesma participou parte do alumnado do IES Fernando Blanco dos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.

Reparto de dorsais 2

 

Visita a exposición en Afundación na Coruña

O alumnado de 1º de bacharelato que cursa Economía, acompañado dos seus docentes Sofía Cendán e Paulo Calvo visitaron o 20 de xaneiro na sede de Afundación da Coruña a exposición AI: More than human.

Álbum: Web -> AI: More than human
Distribuir contido


by Dr. Radut