Skip to Content

Equipo de dinamización da lingua galega

Premios do XVI Certame de Microrrelatos do Fernando Blanco

Un ano máis, e xa van 17, o xurado do XVII Certame de Microrrelatos designou cales foron os microrrelatos premiados.

Este ano foron:

Categoría A

1º Premio: Isaac Vicario Piñeiro, 1º da ESO, por O meu nome é Ender 

2º Premio: Irene Rojo Meijide, 2º da ESO, por Catorce primaveras

Categoría B

1º Premio: Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, 1º de bacharelato, por Ven

2º Premio: Lucía Domínguez Castiñeira, 1º bacharelato, por Un paso máis

Parabéns a todos/as os/as premiados/as!!

Relatos premiados

 

Visita ao río Negro

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

 A saída ó Río Negro (Muxía) enmárcase dentro da educación ambiental, e nesta saída o alumnado participa nun programa de voluntariado ambiental. Neste programa, o Proxecto Ríos, cada grupo de voluntarios adopta un tramo duns 500 metros de río para facer unha avaliación do estado de saúde do mesmo, baixo a coordinación da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Tras o traballo de campo os resultados obtidos pasan a formar parte dunha base de datos que servirá para a publicación dos informes anuais do estado de conservación dos ríos galegos. 

O grupo de voluntarios do IES Fernando Blanco estivo constituído polo alumnado de 2º de ESO de Paisaxe e Sustentabilidade, o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica, os cales adoptaron un tramo de 430 metros do Río Negro próximos á sua desembocadura, na zona de Os Muíños, no Concello de Muxía.

Para a inspección do río os voluntarios fixeron o traballo de campo o día 11 de maio, cumprimentando unha ficha de inspección na que se estudou tanto a calidade hidromorfolóxica do tramo adoptado, como a calidade físico-química e biolóxica. Cabe destacar neste último apartado o uso de bioindicadores do leito do río. A identificación de macroinvertebrados foi unha das tarefas que ocupou a maior parte da saída, e que lle permitiu ao alumnado tomar conciencia da importancia da conservación dos ecosistemas para preservar a biodiversidade.

ENTREGA DE PREMIOS FEBREIRO (MARZO, ABRIL,...) MES DO AMOR NO FERNANDO BLANCO

 

De esquerda a dereita Margarida Maceira, Víctor Hugo Barrientos, Ariadna Castro e Paulo Calvo

 

O venres 5 de maio realizouse a entrega dos premios correspondentes ao Concurso Febreiro (marzo, abril,...) mes do amor no Fernando Blanco, ao que o alumnado puido presentar cartas de amor, relatos, imaxes,... en dúas categorías.

Na categoría da ESO de cartas de amor resultou gañador Víctor Hugo Barrientos García de 2º da ESO.

Na categoría de bacharelato e ciclos formativos de imaxe con relato a gañadora foi Ariadna Mar Castro Aresmes de 2º de bacharelato.

Os premiados leron as súas obras e recibiron un agasallo consistente en dúas entradas, para cada un, para os Cines Xunqueira de Cee.

Parabéns Víctor e Ariadna!!

XVII CERTAME MICRORRELATOS

 

Xa está convocado o XVII Certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco.

Tedes ata o 12 de maio para presentar os vosos microrrelatos.

E por suposto haberá premios!

Animádevos a participar! Tedes as bases no seguinte link:

BASES DO XVII CERTAME DE MICRORRELATOS

Carreira campo a través Xogade

Alumnado do Fernando Blanco

Reparto de dorsais 1

Este mércores 25 de xaneiro, tivo lugar a carreira campo a través da comarca Costa-Fisterra no circuíto do Refoxo (Cee) coas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta carreira está incluída no programa Xogade.

Na mesma participou parte do alumnado do IES Fernando Blanco dos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.

Reparto de dorsais 2

 

Galería de fotos do Samaín 2022/23

O grupo de teatro Tuéjele con motivo do Samaín 2022, representou na Biblioteca para o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato tres historias de medo tituladas: A promesa, Os que ignoran que están mortos Non estamos mortas.

Fai clic sobre a imaxe para abrir o visor de imaxes

Álbum: Web -> Samaín 2022/23

Xornada de convivencia e deporte en Restrelo

Alumnado de 1º da ESO

O mércores 21 de setembro o alumnado de 1º da ESO, acompañados pola súa titora Lorena e a súa profesora e profesor Silvia e Sergio, tiveron unha xornada de convivencia e exercicio físico aproveitando o bo tempo que vai estes días.

Saíron do instituto pola mañá e foron camiñando ata a praia de Restrelo en Sardiñeiro seguindo un tramo do Camiño de Santiago.

Durante a camiñata 

A praia de Restrelo

Unha vez na praia o alumnado participou en xogos e actividades físicas co obxectivo de promover a socialización e o achegamento entre o novo alumnado.

Actividade: Ruta de Sendeirismo no Medio Rural. Traba - Laxe

Roteiro Traba - Laxe 2º da ESO

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

O luns 13 de xuño o alumnado de 2º da ESO realizou o roteiro entre Traba e Laxe. Unha belísima excursión bordeando a costa e pasando por espectaculares praias como a de Traba, Arnado, Soesto, a praia dos Cristais e a praia de Laxe.

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

Visita ás Illas Cíes

O pasado 10 de xuño o alumnado de 1º da ESO acompañados polas súas profesoras Silvia Santamaría e Beatriz Lemos e polo seu profesor Sergio Carballo, realizaron unha excursión ás Illas Cíes, arquipélago que forma parte do Parque nacional das illas atlánticas, ese día tiveron unha visita guiada polas Cíes, actividades recreativas e puideron tamén disfrutar da praia.

Aquí van algunhas fotos da xornada.

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

 

 

Representación teatral A derradeira bala

A derradeira bala 1

No salón de actos do Fernando Blanco tivo lugar a representación da obra de teatro A derradeira bala, obra de teatro escrita por Fernando Castro Paredes, profesor do noso centro, que resultou galardoada co premio do Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa derradeira bala que garda o pelotón. Este é o comezo da obra que foi representada pola compañía Farándula Velutina, na que están integradas varias exalumnas e exalumnos do Fernando.

 

Letras galegas 2022. A forza das palabras

Paneis da entrada

Píntega, estricar, reviravolta, aturuxo, xurelo, xeito, parafuso, funil, landra, foliada,… máis de duascentas palabras galegas adornarán ao longo da semana do 16 ao 22 de maio os espazos comúns do noso instituto, penduradas ao longo dos corredores e nos ocos das escaleiras.

Esta curiosa exposición comeza xa na entrada do centro con dous paneis que falan da “Forza das Palabras” en conmemoración do día das letras galegas 2022.

Os paneis proveñen do decorado dunha obra de teatro en inglés representada hai tempo no instituto, converténdose nos paneis actuais na reciclaxe realizada polo profesorado do centro, pintando por riba uns vistosos piñeiros e decorado con letras de vinilo nas que se pode ler “Letras Galegas”, “A forza das palabras”.

Pola súa banda, o alumnado e o Equipo de dinamización da lingua galega recortaron e colocaron as palabras que finalmente compoñen a curiosa mostra de palabras da nosa lingua, para que logo o alumnado, seguindo as indicacións das súas profesoras, apunte as palabras que non coñeza e busque o seu significado.

Palabras entrada

Palabras corredor

Palabras corredor

PREMIADAS/OS NO XVI CERTAME DE MICRORRELATOS

 

O xurado do XVI Concurso de microrrelato deu a coñecer hoxe as gañadoras e gañadores do mesmo.

Podedes acceder aos nomes dos premiados así como aos microrrelatos gañadores no link do Equipo de dinamización da lingua galega, na parte dereita da web ou facendo clic na seguinte ligazón:

PREMIADAS/OS NO XVI CONCURSO DE MICRORRELATOS

XVI CERTAME MICRORRELATOS

 

Xa está convocado o XVI Certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco.

Tedes ata o 25 de marzo para presentar os vosos microrrelatos.

E por suposto haberá premios!

Animádevos a participar! Tedes as bases no seguinte link:

BASES DO XVI CERTAME DE MICRORRELATOS

REPRESENTACIÓN TEATRAL: ANIMAIS DE COMPAÑÍA

 

Cartel de Animais de compañía

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

 

Para traballar esta problemática social co alumnado, os días 15 e 26 de novembro ao longo de tres pases, o alumnado de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e dos distintos Ciclos Formativos asistiron á representación da obra de teatro Animais de compañia, do grupo de teatro Farándula Velutina.

Luns 15 de novembro representouse no salón de actos a obra de tetro Animais de compañíade Fernando Castro Paredes que é profesor de Lingua castelá e literatura no noso centro.

“Sabes en que se parecen unha muller e un can? En que os dous son animais de compañía.”

Marta, a protagonista desta peza, oíu moitas veces esta frase da boca do seu pai. Educada na violencia e na represión, afronta agora na idade adulta un matrimonio cun home que a minimiza ata anulala e mesmo recorre aos malos tratos para impoñer a súa autoridade. A morte da mascota da familia xera unha profunda fenda na relación. Marta atrévese a enfrontarse ao seu marido e sofre as consecuencias, pero acaba dando un paso decisivo cara á súa liberación.

Unha peza sobre a violencia de xénero, o amor aos animais e a liberdade individual.

A obra foi representada polo grupo de teatro Farándula Velutina

Houbo dous pases debido ás restricións de aforo do salón de actos polo protocolo COVID.

Animais de compañía 

Animais de compañía

 

Animais de compañía

Animais de compañía

SUBIDA Á MOA. 1º BACHARELATOS

O venres 12 de novembro o alumnado dos 1eiros. de Bacharelato subiu á Moa no Monte Pindo.

Aqui temos unha pequena memoria fotográfica deste fantástico día, neste precioso e emblemático espazo natural.

Subindo á Moa I

Subindo á Moa II

Subindo á Moa III

Subindo á Moa IV

No cumio I

No cumio II

No cumio III

No cumio IV

No cumio V

SAMAÍN 2021

 

O venres 31 de outubro celebramos a festa do Samaín no salón de actos co alumnado da ESO.

 

O grupo de teatro Tuéjele, dirixido pola profesora Marina Gómez e Fernando Castro (ambos pertencentes ao Departamento de Lingua e Literatura Castelá), foi o encargado, un ano máis, de representar as fantásticas historias de terror inventadas e adaptadas por estes dous profesores.

 

Os doce actores e actrices da ESO e Bacharelato, que este curso compoñen o grupo de teatro, escenificaron cinco historias: As xemelgas, O estraño señor Kellerman, Un paquete para Laura, Adeus papá e A morte en persoa.

 

 

 

Moitas grazas a todos e todas polo voso gran traballo e POR facernos pasar unha FANTÁSTICA xornada de MEDOOOOOO!!

Xornada convivencial en Restrelo de 1º da ESO

 

O venres 15 de outubro o alumnado de 1º da ESO fixo o roteiro Cee - Praia de Restrelo (Sardiñeiro) seguindo o Camiño de Santiago. Durante a estadía na praia os nenos e nenas participaron en xogos de cara a promover a socialización e o achegamento entre o novo alumnado.

Alumnado de 1º da ESO  Saíndo de Cee

Saíndo de Cee Camiñando

 Descanso durante a ruta  Durante a ruta

Xogando na praia Xogando na praia

 

 

 

Marcapáxinas solidarios

 

Recordades que hai unhas semanas vos contabamos que o alumnado de 1º e 2º da ESO fixeran uns marcapáxinas?

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

E agora Save the Children agradece a este alumnado a súa colaboración con esta iniciativa.

 Diploma save the children

Roteiro Cee-Sardiñeiro (2º e 3º da ESO)

 

Pasando preto da piscina municipal de Cee Un momento da camiñata

O alumnado de 2º e de 3º da ESO, acompañados de Fabián, o seu profesor de Educación Física, de María, PT do noso centro e Cristina a titora de 2º da ESO, quixeron facer o roteiro de Cee a Sardiñeiro polo Camiño de Santiago, pero debido á forte calor do día tiveron que acabar na praia de Estorde. Alí pasaron o resto da mañá xogando e bañándose. 

Camiñando con moita calor Bañándose en Estorde

Roteiro de Traba a Laxe

 

O luns 7 de xuño o alumnado de 4º da ESO, acompañados polo seu profesor de Educación Física Fabián e pola PT do instituto Silvia, realizou o roteiro entre Traba e Laxe. Unha belísima excursión bordeando a costa e pasando por espectaculares praias como a de Traba, Arnado, Soesto e a praia de Laxe.

Roteiro Traba-Laxe Roteiro Traba-Laxe

Roteiro Traba-Laxe Roteiro Traba-Laxe

Roteiro Traba-Laxe Roteiro Traba-Laxe

 

Esta excursión estivo organizada polo departamento de Educación Física e o Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG)

Subida á Moa

Vista desde A Moa

O luns 31 de maio o alumnado dos tres cursos de 1º de bacharelato do Fernando Blanco subiron á Moa desde O Pindo, esta excursión foi organizada polos departamentos de Educación Física e o Equipo de dinamización da lingua galega.

Pasaron a tarde na praia do Pindo onde ademais de bañarse xogaron ao voley e ao fútbol.

 Durante a subidaDurante a subidaNo cumioNa praia do Pindo Vistas dede A Moa Vistas desde A Moa

Roteiro ata a praia de Restrelo

Antes de saír do Fernando Blanco Durante o camiño I

O alumnado de 1º da ESO, acompañados de Fabián, o seu profesor de Educación Física e de Silvia e María, as PT do noso centro, fixeron o roteiro de Cee a Sardiñeiro polo Camiño de Santiago, para acabar a xornada na praia de Restrelo. Alí pasaron o resto da mañá xogando e bañándose. 

Durante o camiño II Durante o camiño III

Na praia de Restrelo

Máis actividades das Letras Galegas 2021

 

Ademais dos vídeos sobre Xela Arias elaborados por alumnado de 4º da ESO, no IES Fernando Blanco celebrouse o Dia das Letras Galegas 2021 con outras actividades.

O alumnado de 1º e 2º da ESO fixeron uns marcapáxinas de Save the Children, que despois venderon e o diñeiro recadado foi enviado a Save the Children. Podedes ver algúns dos marcapáxinas nas seguinte fotos, algunha delas podedes amplialas facendo clic:

Marcapáxinas Save the Children Marcapáxinas Save the Children

Marcapáxinas Save the Children Marcapáxinas Save the Children Marcapáxinas Save the Children

O alumnado de 1º e 3º da ESO deseñaron uns monstros nas clases de Plástica e de Lingua Galega aos que logo describiron. Podedes velos nas seguintes fotos que podedes ampliar facendo clic sobre elas: 

Personaxes Personaxes Personaxes Personaxes Personaxes

Personaxes

 

Vídeos sobre Xela Arias. Letras galegas 2021

Vídeos sobre Xela Arias a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 elaborados por alumnado de 4º da ESO do noso instituto.

 

 

 

PREMIADAS/OS NO XV CERTAME DE MICRORRELATOS

O xurado do XV Certame de microrrelatos do IES Ferrnando Blanco deu a coñecer os traballos premiados.

Farase a entrega dos premios o venres 9 de abril na biblioteca ás 11:00 da mañá.
 
Parabéns aos gañadores/as e a todos e todas as participantes, que tamén terán un pequeno agasallo pola súa participación neste certame.
 
Na seguinte ligazón podedes acceder aos microrrelatos premiados:
 

XV CERTAME DE MICRORRELATOS

 

Por fin!!

Xa está convocado o XV Certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco.

Tedes ata o 26 de febreiro para presentar os vosos microrrelatos.

E por suposto haberá premios!

Animádevos a participar! Tedes as bases no seguinte link:

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut