Skip to Content

Matemáticas

Náboj Junior

Náboj Junior 25/11/2022

O alumnado de 3º da ESO e 6 alumnas e alumnos de 2º da ESO participaron no Náboj Junior

O venres 25 de novembro agrupados en equipos de 4 membros e baixo a supervisión dos seus docentes Sofía, Carlos e Germán competiron xunto a un total de 359 equipos de toda España.

Un dos equipos, o formado por Manuel Orazio Ozón Alaimo (3º ESO), Abel Marcote Abelleira (3º ESO), Adrián Trasmonte Baña (3º ESO) e Loaira Santos Fábregas (3º ESO), quedou nun meritorio 318º posto a nivel mundial (dun total de 1.392 equipos), 17º posto de toda España e 1º equipo de Galicia. Clasificación Provisional. 

Parabéns a todas/os as/os participantes!!

 

VISITA A IGACIENCIA

Visita IGACIENCIA 26-04-2022

Alumnado de 3º e 4º da ESO, acompañados por Sofía Cendán e Germán Insua, docentes de Matemáticas do Fernando Blanco foron visitar a exposición Converxencias Arte e Ciencia 2022 que foi organizada por IGACIENCIA e polo Servizo Municipal de Educación do concello da Coruña e que está no Ágora.

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

 Visita IGACIENCIA 26-04-2022

Matemáticas na raia 2020

Durante a proba

 

As alumnas e alumnos de 3º da ESO participaron, o xoves 5 de marzo, na IV edición de Matemáticas na raia organizado por AGAPEMA. Esta proba realízase simultaneamente en institutos de toda Galicia e do norte de Portugal.

É un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

O grupo gañador de cada país terá como premio unha estadía de fin de semana (30 - 31 de Maio) nunha localidade por determinar do Norte de Portugal con todos os gastos pagados, para eles e os seus profesores, para participar nun “ENCONTRO MATEMÁTICO”. Estas xornadas, dedicaranse a actividades lúdico-festivas, onde o alumnado portugués e galego confraternizarán, realizando visitas turísticas e competicións amistosas.

O grupo participante durante a posta en común 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut