Skip to Content

Inglés

Break

Algunhas das sobremesas

Que mellor maneira de aprender inglés que practicando vocabulario e expresións de doces, chocolates e sobremesas e ademais degustar os resultados!

Alumnado de bacharelato do IES Fernando Blanco trouxeron doces elaborados por eles seguindo as receitas en inglés.

British English & American English

Charlotte E. Graver e William Poss

Preciosa a experiencia que está a ter o alumnado do IES Fernando Blanco, de aprendizaxe da lingua e das culturas británica e estadounidense.

O alumno William Poss, de Marblehead (Massachusetts), está estudando un semestre en España e faino nun dos grupos de 1º de bacharelato do Fernando Blanco.

Charlotte Emily Graver, de Lincolnshire (Inglaterra), é a auxiliar de conversa do centro educativo este curso.

O alumnado do centro participa de encontros con ambos os dous nos que teñen a oportunidade de coñecer máis sobre os diferentes sistemas educativos, a súa cultura, costumes, intereses, etc.

Un momento da exposición

Tras a súa exposición, o alumnado participa nun debate no que xorden interesantísimos puntos de vista e diferentes reflexións e onde a interculturalidade así como o respecto ao diferente van da man.

Tanto William como Charlotte describen a súa experiencia na nosa comarca como altamente interesante e recomendable e desde o IES Fernando Blanco non podemos estar máis contentos con esta riqueza lingüística e cultural a disposición do alumnado de moitas das ensinanzas aquí impartidas.

London speaker

English speaking

Profesorado curso 2020/2021

 

José Israel Arochena Gómez

Tatiana Corujo Otero (Xefa de Departamento) 

María Purificación Martínez Bouzas 

Dolores Consuelo Moure Romero

María del Carmen Rey Díaz

Consuelo Trillo Lago (Directora)

Distribuir contido


by Dr. Radut