Skip to Content

Latín

Teatro: Crónicas clásicas

Obra de teatro: Crónicas clásicas

O alumnado de Linguas Clásicas e de Filosofía do noso centro tivo a oportunidade de asistir ao espectáculo teatral Crónicas Clásicas de Vicus Teatro.

Os actores Lois Blanco e Pablo Carreira trasladáronnos á Antiga Grecia para amosarnos os inicios do teatro grego e das comedias de Aristófanes. Este dúo, desde o primeiro minuto, conseguiu que o público formara parte da representación como se fora unha personaxe máis.

Viaxe a Madrid

 

Un grupo de alumnas de 2º de bacharelato que cursan as materias de Historia da arte e Latín II fixeron unha viaxe de carácter cultural a Madrid, acompañadas polas súas profesoras Pilar Varela e Ana López. Tiveron a ocasión de visitar varios museos (como o Museo ThyssenMuseo del PradoMuseo Reina Sofía,...) Tamén tiveron a oportunidade de visitar ARCO, porque coincidiu que se estaba a celbrar neses días.  

Distribuir contido


by Dr. Radut