Teatro: Crónicas clásicas
O alumnado de Linguas Clásicas e de Filosofía do noso centro tivo a oportunidade de asistir ao espectáculo teatral Crónicas Clásicas de Vicus Teatro.
Os actores Lois Blanco e Pablo Carreira trasladáronnos á Antiga Grecia para amosarnos os inicios do teatro grego e das comedias de Aristófanes. Este dúo, desde o primeiro minuto, conseguiu que o público formara parte da representación como se fora unha personaxe máis.