Skip to Content

Electricidade e electrónica

O HDTV-Tour de Televes chegou ao Fernando Blanco

O noso alumnado atendendo ás explicacións 1

O camión de HDTV-tour da empresa Televes, dedicada ao  deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos para a distribución de servizos de telecomunicacións na infraestrutura dos edificios e fogares, visitou o IES Fernando Blanco o venres 17 de febreiro.

HDTV-tour é unha iniciativa de Televes para acercar a televisión do futuro aos técnicos, distribuidores e profesionais do sector. Con este fin, a compañía preparou unha unidad móbil dotada de equipos de última xeración para levar o sinal da televisión de alta definición por toda Europa.

O noso alumnado do Ciclo de Grao Medio de Instalacións eléctricas e automáticas visitaron as instalacións e recibiron un curso moi completo con contidos teóricos e prácticos sobre as últimas novidades das instalacións contempladas no Regulamento de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións ICT2.

O noso alumnado atendendo ás explicacións 2

Máis información en HDTV-Tour

Web de Instalacións de Distribución

Nesta web vanse colocar contidos relacionados co desenvolvemento de módulo de Distribución, tales como noticias, normativa, enlaces interesantes, exames anteriores, e outros.

Enlaces interesantes:

www.ree.es

www.unesa.es

www.insht.es

www.prevention-world.com

http://www.unionfenosadistribucion.com/es/inicio/1285341588914/informacion+tecnica+otv.html

 

Benvidos a tódolos alumnos

Taboleiro do Módulo de electricidade

Distribuir contido


by Dr. Radut