Skip to Content

Mira que pasa no Fernando


ROTEIRO LITERARIO. CLUB DE LECTURA NAUTILUS (IES FERNANDO BLANCO) E CLUB DE LECTURA LIBROS COMA AREA ( IES AGRA DE RAÍCES)

 

 

O pasado xoves día 9 de maio o alumnado do Club de Lectura Nautilus do noso centro xunto ao alumnado do Club de Lectura Libros coma area do IES Agra de Raíces tiveron a ocasión de desfrutar dunha marabillosa xornada na cidade de A Coruña onde realizaron un roterio literario.

 

 

 

 

 


 

CLUB DE CIENCIA. CHARLA  ANTÍA SAR RAÑÓ ( Dra. en Química) 

Esta semana o alumnado participante no Club de Ciencia desfrutou dos coñecementos da Doutora en Química pola UDC Antía Sar Rañó, e ex-alumna do IES Fernando Blanco sobre o mundo da investigación en xeral e da súa propia en particular, concretamente sobre a introducción de vanadio en certas moléculas para despois insertalas en células con vistas a posibles aplicacións farmacolóxicas.

 

Moitas grazas Antía pola túa colaboración co noso Club de Ciencia

.

 

 


 

OBRADOIRO SOBRE NUTRICIÓN. 2º ESO. 

 

O pasado martes 30 e abril, o noso alumnado de 2º da ESO participou nun obradoiro sobre nutrición impartido pola especialista Candela Martínez Castro fundadora e directora de Sabe que Alimenta

Neste obradoiro o alumnado, a maiores de coñecer de primeira man os beneficios de levar unha dieta saudable, tiveron a oportunidade de realizar diferentes elaboracións ben nutritivas.

 


 

FP INNOVA 2024

 

 

Unha edición máis o noso centro participa no FP INNOVA cun proxecto de innovación educativa desenvolvido polo alumnado e profesorado de Formación Profesional do noso centro educativo. Nesta ocasión a iniciativa nace da Familia Profesional de Electrónica e Electricidade  co proxecto seleccionado para a mostra no FP INNOVA 2024 que se levou a cabo os pasados días 24, 25 e 26 de abril,  titulado " Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas".

O proxecto de innovación presentado consiste no desenvolvemento dun sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como sudokus, explorando novas aplicacións da IA no ámbito da automatización.

 

 

Por outra banda o noso alumnado dos Ciclos Formativos das diferentes familias profesionais impartidas no noso centro tiveron a ocasión de visitar o pasado día 25 as mostras de tódolos centros participantes da nosa comunidade no FP INNOVA 2024.

 

 

 


 

Visita ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes. CiTIUS. 1º BACH

 

O pasado luns 22 de abril o noso alumnado de 1º de Bacharelato do ámbito científico visitou as instalacións do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes,  CiTIUS  ubicado no Campus Vida da USC en Santiago de Compostela dentro do "Programa de visitas ao CiTIUS"

Foi unha xornada que despertou gran interés e satisfación no noso alumnado no que se desenvolveron unha serie de visitas guiadas con desmostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS por parte dos investigadores desta institución, adaptadas ás idades do alumnado visitante.

Grazas ao persoal do CiTIUS pola iniciativa e a atención prestada.

 

 

 

 


 

ROTEIRO GUIADO NAS FRAGAS DO EUME. 1º BACH BIOLOXÍA

 

O pasado xoves 4 de abril, alumnado de 1º de Bacharelato do ámito científico desfrutou dunha marabillosa xornada nun entorno incomparable como é o das Fragas do Eume. Nesta actividade programada polo Dpto. de Ciencias Naturais realizaron un roteiro guiado así como a visita ao Mosteiro de Monfero.

 


 

VISITA BANCO DE ESPAÑA. 1º BACH- ECONOMÍA

 

O noso alumnado de 1º BACH que cursa Economía, o pasado xoves día 4 de abril, tivo a oportunidade de coñecer as instalacións que o Banco de España ten na cidade de A Coruña, así como as funcións que desempeña esta institución dentro das actividades complementarias organizadas polo Dpto. de Economía. 

 


 

FEIRA DAS UNIVERSIDADES E CENTROS SUPERIORES 2024

  

O pasado 21 de marzo tivo lugar a I Feira das Universidades e Centros Superiores organizada pola Universidad Intercontinental de la Empresa en colaboración co noso centro IES Fernando Blanco e o Concello de Cee, e a que a maiores do alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores do noso centro, estiveron convidados o IES Agra de Raíces, o IES Terra de Soneira e o IES Maximino Romero de Lema

Durante esta xornada celebrada nas instalacións deportivas do IES Ara de Raíces e que tivo unha gran acollida entre o publico asistente,  o alumnado tivo a oportunidade de contar con asesoramento e orientación entre unha variedade de oferta formativa á súa disposición nos stands das diferentes universidades galegas así como de outras institucións educativas.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

 

 

 

      

 

 

 


 

LIMPEZA DE PRAIAS

 

 

 

 

Un ano máis o noso alumnado de diferentes cursos da ESO articipou nunha xornada de conciencianción e compromiso co noso mar. Despois de limpar os areais dunha praia en Camelle participaron nun obradoiro da man da Asociación Mar de Fábula onde co material de refugallo atopado na praia construiron verdadeiras obras de arte.

Parabéns!

 

 


 

 MAÑÁ DE XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NAUTILUS E LIBROS COMA AREA

 

A mañá do martes 19 de marzo os clubs de lectura do IES Agra de Raíces, Libros coma area, e o do IES Fernando Blanco, Nautilus pasaron a mañá xuntos disfrutando dunha visita ao Museo Fernando Blanco, aos xardíns e as principais estancias do centro como foron a capela, a sala do reloxo, os laboratorios e finalmente a biblioteca. Unha vez rematada a visita no Fernando Blanco subiron ao IES Agra de Raíces onde foron recibidos na biblioteca. 

Dende aquí queremos agradecer ás persoas coordinadoras dos clubs de lectura e biblioteca dos dous centros o seu traballo diario e sobre todo mostrar a nosa felicitación por esta actividade conxunta.

 


 

 Filoloxías con futuro. Tradicionais e dixitais

 

                                                

 

No marco das charlas temáticas que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece aos centros de ensino secundario a través do programa A Ponte, o profesor Víctor Millet, cunha ponencia baixo o título Filoloxías con futuro-tradicionais e dixitais, difundiu a oferta de estudos filolóxicos coa que conta a USC. Alumnado de Humanidades e doutras modalidades de bacharelato con interese nos estudos de Filoloxía inglesa puideron conversar con Víctor Millet sobre o valor dos estudos humanísticos, a importancia que actualmente teñen neles os medios dixitais e as distintas saídas laborais que ofrecen.


Esta actividade foi organizada polo Departamento de Inglés e polo Departamento de Latín e Grego.  

 

 


 

8M

Co gallo do 8M e ao amparo dos diferentes programas e proxectos que o IES Fernando Blanco está a desenvolver este curso 23-24 a prol da igualdade, estos días estanse a levar a cabo diferentes actividades

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR. 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" PLAN PROXECTA 365 DIAS DE IGUALDADE E REPECTO

 

 

 

 

 

 

 

 

PASAMÁNS DA IGUALDADE. MULLERES ( Dpto. Inglés)

 

 

 

EXPOSICIÓN 8M NA BIBLIOTECA

 

 

 

 

 

CARTEL 8M. ANTÍA 1ºBACH

 

 

 

 

 

 

XÉNERO EDUCA. FP BÁSICA

 

 

 

 


 

 EXCURSIÓN MADRID 23-24

 

Un ano máis o Dpto de Latín viaxa a Madrid con alumnado de 2º de Bacharelato de Humanidades. A capital conta con numerosos lugares onde se plasma a mitoloxía clásica ademáis de museos que albergan importantes obras con temática grecorromana.

 

 


 

BLACK HISTORY MONTH

Our Language Assistant, Fernanda Alexander, gave several talks about Black History Month, celebrated in February.  

It is a time to honour the contributions and legacies of African-Americans across United States history and society as well as all over the world.

 

 A nosa auxiliar de conversa, Fernanda Alexander, estivo impartindo varias charlas sobre o Black History Month, celebrado en febreiro.

É un tempo no que se honra as contribucións e os legados das persoas afroamericanas a través da historia e sociedade dos Estados Unidos así como por todo o mundo.

 

 


 

EXCURSIÓN ANDORRA

 

Hai uns días alumnado de 3º e 4º ESO regresou de pasar unha marabillosa semana en Andorra desfrutando dos deportes de neve grazas ao Dpto de Educación Física e Pedagoxía Terapéutica.                                                                                                       

 

 

    

 


 

ALÉN DO FERNANDO BLANCO. D. JOSÉ ANTONIO RIVEIRO ( Director da ONCE Santiago de Compostela e ex-alumno)

 

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Fernando Blanco. Trátase de José Antonio Riveiro, ex-alumno do noso instituto e actualmente Director da ONCE en Santiago de Compostela dentro das charlas Alén do Fernando que se están a desenvolver no noso centro dende hai xa varios cursos académicos.

Nesta ocasión José Antonio charlou co noso alumnado de Bacharelato de Ciencias Sociais e dos Ciclos da Familia Profesional de Administración e Xestión dado que foi nestas etapas nas que Jose Antonio formou parte da nosa comunidade educativa,  compartindo con eles/as a súa experiencia tanto académica e profesional antes e despois do seu paso polo noso centro.

Moitas grazas pola túa atención José Antonio.

 

 


 

FORMACIÓN TRABALLOS EN ALTURA

 

O pasado xoves 22 de febreiro, alumnado de 2º de FP Básica e Ciclo Medio da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica recibiron unha formación en traballos en altura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

CHARLA " A responsabilidade penal nos menores de idade". Poñente. D. Alberto Nodar. Xuíz e avogado especialista de menores e violencia de xénero.

O vindeiro xoves día 22 de febreiro no noso centro tivo lugar unha charla que despertou gran interés tanto no noso alumnado de 4º da ESO e 1º Bacharelato como de ciclos de FP Básica e 1º dos ciclos Medio das nosas familias profesionais, " A responsabilidade Penal nos menores de ideade" que correou a cargo do xuíz D. Alberto Nodar, especialista en violencia de xénero e menores de idade.

O alumnado obtivo información e formación de primeira man sobre as conductas que son susceptibles de responsabilidade penal nos menores de idade e poideron despexar dúbidas que xurden no tocante a esta materia.

Agradecer inmensamente a labor feita por D. Alberto Nodar e ao docente Manuel Magariños impulsor de dita actividade.

 


 

ENTROIDO 2024

 

 

Esta semana o centro estivo cheo de colorido, argalladas, falcatruadas, risas e moita ledicia coa chegada do Entroido, cas ordes do Meco de luns a xoves e coa celebración do desfile/festival do venres cuxa temática xiraba sobre o universo, onde se pretendía recoñecer o traballo en equipo e a sostenibilidade.

 

Os equipos recoñcidos neste Entroido 2024 foron “Órbita Diversa” de 2º da ESO, “Pupurri Espacial” de 3º da ESO, “ Universo Alternativo, Universo Disney” de 1º de Bacharelato C e “ Galicialiens” de 1º CS de Administración e Finanzas.

 

Nos festexos tivemos o pracer de desfrutar do ritmo da percusión do alumnado de Música cunha animada batucada que fixo mover das súas butacas a todo o público asistente.

 

Parabéns a todas/os polas vosas creacións e ao resto do alumnado e profesorado que quixeron unirse a esta festa.

 

O Meco xa anda argallando a ver que manda para o vindeiro 2025

 

 

 

 

 

 


 

 VISITA AO MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO

 

O pasado mércores día 7 de febreiro o noso alumnado de 1º de CS de Administración Finanzas e 2º do CM de Xestión Administrativa visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco. 

Moitas grazas a Darío Areas pola marabillosa acollida que sempre fai ao noso alumnado


 

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO AOS NOSOS CORRESPONDENTES XUVENÍS.

Nova | Política Social (xunta.gal)

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe de primeira man as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís da Xunta de Galicia. Unha vintena de estudantes de Formación Profesional Básica deste centro participan nesta iniciativa, que tamén conta co apoio de profesorado.

A proposta que os correspondentes deste instituto están a levar a cabo denomínase Acadix (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Ademais, este alumnado encárgase de informar aos seus compañeiros de programas, axudas e iniciativas no ámbito da xuventude que son do seu interese.

 

Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. A xente moza que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

 


 

CHARLA: " A violencia machista nas relacións de parella na mocidade"

 

O pasado luns 5 de febreiro o noso alumnado de 4º ESO  e de 1º e 2º de FP Básica asistiron a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, no marco do Plan Proxecta+ 2023-2024 "Programa Por 365 días de respecto e igualdade" da Secretaría Xeral da Igualdade, impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade, que leva varios anos colaborando coa Secretaria Xeral de Igualdade en varias accións dirixidas a loita contra a violencia  de xénero.

 

 

 


 

O MECO MANDA

Esta semana arranca o entroido no noso centro e o Meco do Fernando estará a dar ordes que compre non desobedecer.

O venres pasado xa mandou recado " Se feliz queres estar, no ENTROIDO DO FERNANDO BLANCO tes que participar. O luns, os ollos e as uñas terás que pintar"

 

Parabéns ao alumnado de FP Básica de Electricidade e Electrónica pola elaboración dun Meco moi interactivo.

 


 SAÍDA EXTRAESCOLAR A SIERRA NEVADA. GRANADA. 1º BACH

O noso alumnado de 1º de BACH ven de desfrutar dunha semana en Sierra Nevada (Granada). Nesta viaxe como en anteriores campañas, o noso alumnado puido desfrutar dos deportes na neve e realizaron  visitas culturais como á Alhambra de Granada.

O noso agradecemento ao profesorado acompañante nesta viaxe.

 

 


 

CORRESPONDENTES XUVENÍS. VISITA INSTITUCIONAL  CONCELLO DE CEE

 

O pasado venres 2 de febreiro, o noso alumnado de Formación Profesional Básica dos ciclos de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, dentro do programa do Plan Proxecta, Correspondes Xuvenís foron recibidos por Dona Margarita Lamela, Alcaldesa de Cee e Dona Emilia Trillo, Concelleira Delegada de Servizos Sociais, Benestar Social, Sanidade e Igualdade, no Salón de Plenos do Concello de Cee onde tiveron a oportunidade de coñecer como se organiza e funciona o concello de primeira man. Pola súa parte o alumnado compartiu as súas inquedanzas e todas as actividades que están a desenvolver dende o Proxecto Acadix e Correspondentes Xuvenís.

Moitas grazas pola acollida.


 

EDUCACIÓN PARA ADULTOS 

O pasado martes 30 de xaneiro,  Luzbitt e Nisar, do módulo 1 do Ámbito Social de Educación para adultos, presentaron a súa "palabra improvisada", unha actividade ben atractiva e dinámica para presentar os novos contidos a través dunha palabra, co obxectivo de estimular e axudar  ao alumnado na súa aprendizaxe.

Parabéns polo respecto amosado, por ter superado os medos e obstáculos, pola vosa perseverancia e polo esforzo en desenvolver novas habilidades comunicativas.

“Comeza facendo o necesario,despois o posible, e de repente atoparaste facendo o imposible”. Francisco de Asís.

 

 


 

OBRADOIRO DE MURAL DE AZULEXOS-SUMINISTROS LAR

 

O pasado venres 26 de xaneiro o noso alumnado de 3º da ESO dentro das actividades complementarias programadas polo Departamento de Debuxo na asignatura de Plástica, acudiu ás instalacións de Suministros Lar onde participou nun obradoiro sobre cortado e pegado de azulexos que resultou ben interesante.

Grazas a Suministros Lar pola acollida.

 


 

PROGRAMA XOGADE NO FERNANDO BLANCO

 

O pasado mércores 24 de xaneiro, alumnado da ESO asignado ao programa Xogade desprazouse á Serra de Outes para participar nunha xornada de Bádminton.


 

OBRA DE TEATRO-"MOZAS NAS REDES" Compañía aAntena.

 

"Pasa máis do que pensamos" foi a conclusión a que chegou un alumno de FPB do noso centro educativo o pasado martes 23 de xaneiro no coloquio que se abriu no Salón de Actos do noso centro trala representación do espectáculo unipersoal con Estíbaliz Veiga sobre o groomin e cyberacoso “MOZAS NAS REDES”, da man da compañía de Teatro aAntena.

MOZAS NAS REDES é un espectáculo teatral didáctico enfocado cara os mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que acontecen no entorno das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.  MOZAS NAS REDES afonda na realidade que agochan detrás o uso das novas tecnoloxías para capacitar á rapazada de ferramentas de detección dos posibles conflitos. 

ABRAHAM CUPEIRO

 

Tal como xa viñemos de anunciar, o pasado martes 23 de xaneiro o alumnado e profesorado da ESO do noso centro e do IES Lamas de Castelo de Carnota, tiveron o pracer de contar co marabilloso multiinstrumentista Abraham Cupeiro nunha actividade-concerto conxunta na casa da cultura de Cee.

Grazas Abraham pola túa xenerosidade.


 

 CORRESPONDENTES XUVENÍS E PUNTO DE INFORMACIÓN XUVENIL (CARNÉ XOVE)

Dentro do Plan Proxecta, concretamente na liña de Correspondentes Xuvenís 3.0  o pasado venres 19 de xaneiro tivemos a visita de Fernando Rodríguez, dinamizador da Rede Galega da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,  na cal se fixo unha presentación aos nosos Correspondentes Xuvenís sobre os programas e servizos de Xuventude.

Posteriormente, preparouse e organizouse un PIX (Punto de Información Xuvenil) para a activación do Carné Xove do alumnado interesado, actividade que resultou ser todo un éxito.

 

 

 

 

 

 


 

INNOVATECH FP 

Dentro do programa InnovaTech FP,  no que o IES Fernando Blanco está a participar nesta primeira edición, estanse a desenvolver direferentes actividades formativas baseadas na metodoloxía " Design Thinking" 

Unha delas tivo lugar no CIFP Compostela o pasado venres 19 na cal o noso alumnado participante acadou ferramentas para poder poñer en práctica na resolución do seu reto.


 

CLUB DE CIENCIA

INNOVATECH FP.

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional como complemento ao programa das Aulas de Emprendemento

O Fernando Blanco participa nos 10 retos que lanzan empresas punteiras tendo que achegar solucións tecnolóxicas viables ao reto que lles correponda.

O equipo participante está formado por dúas alumnas do CS de Administración e Finanzas e por dous alumnos do CS de Automatización e Robótica Industrial capitaneados pola profesora e vicedirectora do centro.

Hoxe mesmo, venres 1 de decembro, acudiron á presentación do programa no CIFP Universidade Laboral en Culleredo (A Coruña).

 


 

OBRADOIRO "A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO". AULA DE EMPRENDEMENTO 

 O pasado luns 27 de novembro, o noso alumando de 1º curso dos Ciclos de Formación Profesional, dentro do programa de Aulas de Empredemento, participaron nun obradoiro titulado “ A Torre máis alta do mundo ” impartido por Píldoras Digitales. O obxectivo desta actividade é o fomento do espírito empredendor, o traballo en equipo,  o traballo cooperativo, a empatía, definición de obxectivos e necesidades, priorización de criterios, capacidade de reacción, mellora... Durante o proceso, o facilitador anotou  os feitos máis decisivos do proceso, que posteriormente foron  motivo de reflexión, para chegar á conclusión de que é importante ter en conta o emprendemento como una boa saída profesional.


 

 25N. "DÍA  INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Ao longo o mes de novembro co gallo do “25N. Día Internacional contra a violencia de xénero”, no noso centro estivéronse a desenvolver diferentes actividades na prevención desta lacra social. Podes ampliar a info premendo aquí. 

 


 

VISITA AO GRUPO JIM SPORTS. AULA DE EMPREDEMENTO

 

O pasado martes 21 de novembro o a alumnado de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do noso centro, dentro do Programa Aula de Emprendemento, viaxou até Palas de Rei ( Lugo) onde visitou as instalacións do Grupo Jim Sports, propiedade Jesús Manuel Graña “Jim” , que en numerosas ocasións foi recoñecido con diferentes premios ao emprendemento e cuxa actividade empresarial principal é a importación, exportación e venta nacional de todo tipo de material deportivo no rural galego.

Moitas grazas a todo o persoal de Jim Sports pola marabillosa acollida.


 

FESTILINGUA DO MAGOSTO. PLAN PROXECTA

O pasado venres 17 de novembro festexamos o "Festilingua do Magosto" un proxecto do IES Fernando Blanco dentro do "Plan Proxecta "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional". Nunha fermosa xornada lúdica o noso alumnado desfrutou da música da terra, xogos tradicionais, chocolate e por suposto castañas asadas. Dentro deste proxecto o alumnado tivo a oportunidade de investigar e coñecer diferentes xeitos de celebrar o magosto, de chamarlle ás castañas ou que dependendo da zona ou parroquia, ás castañas antes de ser asadas teñen que ser "amordicadas", "adentadas", "amosegadas", "picadas"...


 

CHARLA " DO ASOCIACIONISMO AO EMPREDEMENTO SOCIAL". CARLOTA CORZO -LAZZARO.

 

Dende o programa de Aulas de Emprendemento, este venres 17 de novembro no IES Fernando Blanco tivemos a inmesa fortuna de contar ca presenza de todo un exemplo de empredemento na comunicade galega e que con menos de 30 anos de idade xa forma parte da lista Forbes, Carlota Corzo da empresa Lazzaro quen compartiu co noso alumnado de ciclos a súa experiencia como emprendedora social. Moitas grazas Carlota pola túa xenerosidade. 

 


 

CHARLA " QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES"

Dentro do Programa " Que non te líen, ti elixes" o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, asistiu o pasado martes 14 de novembro a unha charla cuxo obxectivo é favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.


 

VISITA AULA DE EMPRENDEMENTO. EMPRESA TECSOLED, S.L.

Dentro do programa Aulas de Emprendemento o noso alumnando de 1º e 2º do  Ciclo de Electricidade e Electrónica acompañados polos seus titores visitaron as instalacións da empresa Tecsoled, S.L. en Culleredo ( A Coruña) o pasado venres día 10. Poideron ver in situ todo  un exemplo de emprendemento no sector da súa especialidade. Moitas grazas ao persoal de Tecsoled pola acollida.


 

CHARLA A CARGO DE  MARTÍN COSTA RIAL, SUBDIRECTOR DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE NÁUTICA E MÁQUINAS (UDC).

O subdirector da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade de A Coruña, D. Martín Costa, visitou o IES Fernando Blanco o pasado 9 de novembro para amosar ao noso alumnado de Bacharelato de ciencias e de Ciclos de Formación Profesional as oportunidades que ofrece as titulacións impartidas nese centro. Moitas grazas Martín por a túa visita.

 


 

CIBERVIOLENCIAS. PREVENCIÓN DE RISCOS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Dentro das actividades a desenvolver dentro do Programa Proxecta + " Por 365 días de respecto e igualdade" no que o noso centro participa co proxecto "Pasamáns para a desescalada", o alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro sobre ciberviolencias e prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías o pasado 8 de novembro. A actividade foi organizada en colaboración co CIM do Concello de Cee.

 

 

 


 

CHARLA "BACK TO SCHOOL"

 

O pasado venres 3 de novembro o noso alumnado de 4º da ESO, Bacharelatos e Ciclos tivo a ocasión de desfrutar dunha animada charla da man de Iria Echebarría, funcionaria da Comisión Europea, sobre as insititucións da UE e as posibles vías tanto formativas como profesionais dentro delas.

 

 


 

 

SAMAÍN!!!!!!

Un ano máis, o grupo de teatro Tuéjele, o equipo de normalización e dinamización da lingua galega e o equipo da biblioteca conseguiron que tivéramos unha mañá terrorífica na biblioteca. 

As lecturas, as interpretacións e o decorado da biblioteca estiveron fantásticos. 

A biblioteca permanecerá decorado toda a semana para que a visite todo o alumnado e profesorado e se sigan programando alí actividades ata o luns que volverá a normalidade.

Parabéns a todas e a todos polo traballo!!

 

 


 CHARLA "INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS"

Dentro do Programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, o noso alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de carácter práctico onde abordaron a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os/as menores. A impartición da dinámica correu a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).


 

XII edición dos Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2022-2023

A mañá do 20 de outubro celebrouse o Acto de recoñecemento aos mellores expedientes do curso pasado elixidos según as bases do proxecto Premios académicos Fernando Blanco que organizan a Fundación Fernando Blanco en colaboración co centro educativo. Esta foi a XII edición destes premios. A xornada tivo un grande carácter emotivo debido a recente caída da nosa árbore centenaria. De feito, os agasallos entregados polo centro ás empresas colaboradoras e ao grupo musical levaban consigo unha pequena homenaxe ao abeto grego.

O alumnado premiado nesta ocasión foron:

  • Manuel Orazio Ozón Alamio, 3º ESO
  • Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, 1º Bacharelato
  • Bárbara Iglesias Pérez, 1º CM Xestión Administrativa
  • Paula Quintáns Prieto, 1º CS Administración e Finanzas
  • Sonia Beatriz Ramos Mouzo, Módulo II de Educación para as persoas adultas.

O alumnado estivo acompañado en todo momento das súas titoras do curso pasado, Sofía Crespo, Vanesa Vázquez, Cheché Pampín, Sofía Martínez e Chicha Martínez.

Parabéns aos premiados e premiadas, ao seu profesorado e ás súas familias!!

 

 

 

 

 

 


 

CADEA HUMANA A PROL DA VISIBILIDADE DA SAÚDE MENTAL

O pasado día 10 Outubro co gallo do Día Mundial da Sensibilización da Saúde Mental o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco xunto ao dos outros centros educativos do Concello de Cee e diferentes institucións da vila, participaron nunha cadea humana na Praia da Concha. O acto cargado de emoción, foi convocado pola asociación APEM.

Fotografías de Rafa Quintáns.

 

 

 

 

 


 

SUBIDA AO MONTE PINDO 

 O luns 9 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato desfrutou dunha marabillosa xornada de convivencia, lecer e xogos.

 

 

 

 


 

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL NAS PRAIAS LANGOSTEIRA E SARDIÑEIRO.

O alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica e integrantes no curso 22-23 do Club de Ciencia desfrutaron o pasado 5 de outubro, dunha xornada de sensibilización ambiental.

A xornada deu comenzo nos xardíns do Hotel Bela Fisterra onde con xogos e paneis informativos coñeceron sobre as prantas invasoras, para a continuación recibir unha charla/paseo polo sistema dunar, co experto Manuel Pose Carracedo sobre as prantas autóctonas características dos sistemas dunares. A xornada rematou ca extracción dunha mancha de carpobrotus edulis nas praias da Langosteira e de Sardiñeiro.

 


 


 

 

1º TALLER DE EMPRENDEMENTO. PROGRAMA AULAS DE EMPRENDEMENTO.

Convidado: ROBERTO PÉREZ MARIJUÁN de SUMA IMPORTANCIA.

O pasado día 3 de outubro celebrouse o 1º Taller de Emprendemento dentro do Programa Aulas de Empredemento  no Salón de actos do noso centro IES Fernando Blanco, dirixido ao noso alumnado de ciclos formativos de Formación Profesional de todas as familias profesionais que se imparten no noso dentro educativo.

Neste Taller, grazas á colaboración do experto Roberto Pérez Marijuán de Suma Importancia,  o alumnado tivo a ocasión de aproximarse á idea do emprendemento, coñecer de primeira man o desenvolvemento dalgúns proxectos de empredemento ben curiosos, as dificultades polas que tiveron que atravesar pero tamén tiveron a ocasión de comprobar que emprender non é tan difícil como parece. 

Finalmente recibiron asesoramento para ideas emprendedoras que en concreto tiña o noso alumnado.

 


 

 

 

 

PREMIO EXTRAORDINARIO DE FP DE GRAO SUPERIOR

Tamara Martíns, na cerimonia de entrega das Becas-Premio da Fundación Fernando Blanco de Lema, xunto co resto de gañadores dese ano

Tamara Martíns Lago, exalumna do IES Fernando Blanco concretamente do CS de Administración e Finanzas foi galardoada co Premio extraordinario de formación profesional de grao superior.

Este premio recoñece os méritos baseados no esforzo e no traballo das persoas que remataron os seus estudos de FP de grao superior.

En nome da comunidade educativa do Fernando Blanco dámosche os parabéns e que desexámosche que teñas moitos éxitos no futuro.


 

LIBRO DE CONTOS METÁLICOS DO ALUMNADO DE 2º DA ESO

O alumnado de 2º da ESO do Fernando Blanco coa acolaboración das súas profesoras de Tecnoloxía Verónica de Ana e de Lingua galega Belén Puñal, fixeron un libro con contos que tratan sobre un metal diferente. Este proxecto chamado Tecnolingua permitiu ao alumnado integrar e aplicar os coñecementos de dúas áreas que, en principio, parecen moi diferentes.

Velaquí tedes o resultado final, por certo, as infografías do libro tamén foron feitas polo alumnado.

Xa tedes lectura para o verán, esperamos que vos guste!!

LIBRO DE CONTOS METÁLICOS

 

 


 

MELLORES EXPEDIENTES ACADÉMICOS DE ABAU 2023

Entrega de premios aos mellores expedientes na ABAU 22/06/2023

 

O pasado xoves 22 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar de Santiago, realizouse a entrega dos Premios aos mellores expedientes académicos da ABAU.

No IES Fernando Blanco tivemos 4 alumnas que resutaron distinguidas cos devanditos premios: Sarai Baldomar Carballo, Ana Lian Blanco Cerviño, Adriana Castiñeira Iglesias e Ariadna Mar Castro Arasme.

Parabéns polo premio!!

 


 

REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO VIVE COMO QUEIRAS

Fai clic sobre a imaxe para acceder ás fotos

 

Fai clic na imaxe para acceder ás fotos da representación

 

O día 21 de xuño no salón de actos do Fernando Blanco tivemos a ocasión de asistir á representación teatral da obra Vive como queiras feita polo grupo de teatro do noso centro Tuéjele, dirixidos por Marina Gómez e Fernando Castro.

A obra foi unha adaptación da obra orixinal You can´t take it with you de George Kaufman.

O público pasouno moi ben coas situacións cómicas e disparatadas que se suceden con axilidade.

Parabéns polo traballo a todos e todas os/as integrantes de Tuéjele!! 

 


 

PROXECTO BESTIARIO DE 1º DA ESO

O alumnado de 1º da ESO coas súas profesoras de Plástica (Sofía Crespo) e de Lingua galega (Belén Puñal) deseñaron un bestiario con animais imaxinarios e logo elaboraron este vídeo que agora podemos ver en estrea exclusiva mundial.

Parabéns polo traballo!!

 


 

CONCERTO DIDÁCTICO DE FIN DE CURSO

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Concerto didáctico de fin de curso 19/06/2023

Na tarde do luns 19 de xuño no Salón de Actos do Fernando Blanco o alumnado da ESO tivo a oportunidade de asistir ao concerto de fin de curso, no que tamén participou a maioría do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, así como unha alumna de 1º de bacharelato, polo que case todos foron espectadores e intérpretes.

Dirixidos pola súa profesora de música Raquel Escobar, puideron demostrar o que aprenderon durante o curso cun programa moi variado no que houbo espazo para música de jazz, salsa, hip-hop, rap, música de películas, canción tradicional, etc. Ademais houbo espazo para o grupo de canto, o grupo de percusión corporal e o grupo de baile.

Foi unha tarde moi entretida. Parabéns ao alumnado e á súa profesora!! 

 


 

ALMORZO SAUDABLE 2023

Este xoves 15 de xuño realizouse un almorzo saudable nos xardíns do Fernando Blanco, retomamos esta tradición que quedara interrompida por causa da pandemia e nesta ocasión foi a cuarta edición.

Con este almorzo compartido polo alumnado, profesorado e persoal non docente, prétendese fomentar a idea da importancia que ten unha alimentación sa e equilibrada. 

O alumnado que cursa a materia de Economía preparou unha presentación sobre o comercio xusto que mostraron ao resto do alumnado durante a celebración do almorzo.

Tamén o alumnado que cursa Bioloxía preparou uns experimentos onde se podía ver a gran cantidade de amidón que teñen algúns alimentos procesados ou como a maioría dos refrescos teñen moitos azucres.

Houbo tamén unha ginkana na que o alumnado tiña que atopar pistas que os levaban a outras pistas ata dar co "tesouro".

Temos que salientar que para poder organizar este almorzo tivemos a colaboración de Granxa Moreira que doou o leite e os iogures que se consumiron e o pan tróuxoo a Panadería das Travesas de Cee que tamén nolo doou. Reiteramos o agradecemento a todos eles polas súas aportacións.

Fai clic na imaxe para abrir o carrusel de fotos

Fai clic para abrir o carrusel de imaxes

 


 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Día da Ciencia na rúa

Fai clic para abrir o carrusel de fotos

 

O Fernando Blanco organiza o Día da Ciencia na Rúa luns 12 de xuño. Este é un proxecto levado a cabo coa colaboración de diversos departamentos do centro, que busca sacar o coñecemento adquirido polo alumnado á rúa, e facer partícipes do seu traballo á poboación en xeral, así coma mellorar a súa competencia comunicativa, científica e divulgativa, entre outras.

Tras un arduo traballo por parte do alumnado, nesta primeira edición conseguiuse preparar 12 postos, con retos e experimentos enmarcados en todas as ramas da ciencia, sempre buscando un obxectivo divulgativo e entretido. Esta xornada está orientada cara o alumnado dos centros educativos da contorna, aínda que pode participar calquera persoa que decida achegarse.

A resposta dos centros á actividade foi moi positiva, estando prevista a asistencia de máis de 450 alumnos dos seguintes centros educativos: IES Agra de Raíces, IES Lamas de Castelo, CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial e o alumnado da ESO do IES Fernando Blanco.

Aínda que inicialmente estaba previsto realizar a xornada na Alameda de Cee, debido ao mal tempo con previsión de chuvias para este luns, faise no Pavillón polideportivo municipal.

Esta xornada conta coa colaboración do Concello de Cee.

 

 


 

GRAN FINAL DA XII OLIMPÍADA CULTURAL O SABER TEN PREMIO

Foto de grupo ao remate da gran final 9/6/2023

 

Este venres 9 de xuño tivo lugar a Gran final da XII edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio, no salón de actos do IES Fernando Blanco onde estaba presente o alumnado, as súas familias, o profesorado e os patrocinadores que a fan posible. Tamén nos acompañou a Directora Xeral de Formación Profesional dona Eugenia Pérez Fernández, así como a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco. 

Esta Gran final estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida. A ela chegaron 3 equipos que se clasificaron despois das semifinais previas, estes equipos foron: Os Colegas, Os Fenómenos e Os Malagueños.

A Gran final tivo dúas partes:

Na primeira parte, os 3 equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático. Nesta primeira parte resultaron clasificados Os Colegas e Os Fenómenos. 

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema Influencer: Realmente é unha profesión?, na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas, Os Colegas a favor de que influencer é unha profesión e debe ser regulada e Os Fenómenos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

O primeiro premio de 600 €, correspondeulle ao equipo Os Colegas  integrado por Daniela Alves Estévez de 2º bacharelato, Camilo Rodríguez Espasandín de 1º bacharelato, Elián Estévez Moure de 1º CS de Administración e Finanzas, Mateo Buschmann Bella de 4º da ESO e Mateo Alves Estévez de 4º da ESO. Este premio foi entregado por don Justo Trillo Lado representante de XEAL que é a empresa que patrocina o primeiro premio.

O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os Fenómenos que estaba formado por Candela Vázquez Martínez de 2º bacharelato, Uxío Nemiña Formoso de 1º bacharelato, Brais Canosa Lestón de 2º da ESO, Claudia Manchado Valín de 2º da ESO e Jonathan West Haya de la Torre de 1º CM  de Xestión administrativa. O premio foi entregado por dona Mélani Lois Barcia que representaba a GERCA, que era a empresa que patrocinou este 2º premio.

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os Malagueños composto por Marta Vérez Pequeño de 2º bacharelato, Adriana Castiñeira Iglesias de 2º bacharelato, Rubén Trillo Piñeiro de 1º CM de Matemento Electromecánico, David Santabaya Paz de 4º da ESO, Lucía Canosa Lestón de 2º da ESO. Fixo entrega do premio don Severo Roget Romero, en representación de Ferretería Roget, que é a empresa que patrocinou este 3º premio.

Durante o desenvolvemento da gala tivemos a oportunidade de ver o vídeo elaborado por 1º CM Xestión administrativa que obtivo o 1º premio no concurso do 25 N contra a violencia contra a muller, así como vídeos sobre as actividades realizadas durante o curso. Tamén se fixo entrega dos premios do XVI Concurso de microrrelatos.

 

Para rematar a gala a Directora xeral de Formación Profesional, dona Eugenia Pérez, fixo unha intervención na que salientou a implicación de toda a comunidade educativa do Fernando Blanco na Olimpíada Cultural e felicitou a todo o alumnado polo seu interese en ampliar coñecementos e facelo traballando en equipo e atrevéndose a facer unha exposición pública deses coñecementos.

 


 

SURF EN RAZO II

Surf en Razo 08/06/2023

 

Un grupo de alumnado de 1º de bacharelato e de 4º da ESO acompañados por Sergio Carballo e por Silvia Santamaría tiveron a oportunidade de practicar o surf na praia de Razo.

 


 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 

Día da Ciencia na rúa

 


 

VIAXE ÁS ILLAS CÍES

Viaxe ás Illas Cíes

Viaxe ás Illas Cíes

Un grupo de alumnado de 2º da ESO acompañados por Silvia Santamaría, Macarena Capelo e Sergio Carballo viaxaron ás Illas Cíes o 1 de xuño onde estarán ata o sábado 3 e terán a oportunidade de compartir uns días de convivencia, practicar deporte e pasalo ben na praia e facendo senderismo. 

 


 

VISITA DE MULLERES EMPRENDEDORAS: THE BREAK

Visita de mulleres emprendedoras: The break

Visita de mulleres emprendedoras: The break

Visita de mulleres emprendedoras: The break

Este xoves 1 de xuño tivemos a oportunidade de recibir no IES Fernando Blanco de Cee a 10 mulleres emprendedoras de diferentes nacionalidades que están visitando España co proxecto The Break, un proxecto no que están a participar 350 emprendedoras en toda España. O obxectivo é que mediante actividades e mentorizacións o alumnado descubra as posibilidades de emprender un negocio e lograr fixar poboación no ámbito rural.

No IES Fernando Blanco estiveron Adriana Bestea (romanesa) que ten en Viena un negocio de coaching e psicoloxía especializado en emigrantes, Iulia Stanescu (romanesa) que se dedica á consultoría e marketing dixital en Bucarest,  Margarida Afonso (portuguesa) que vive en Lisboa e desenvolveu unha app para organizar eventos non profesionais, Veera Semi (finesa) que se dedica en Espoo á comunicación estratéxica, Marinara Marcato (brasileira/portuguesa) que vive en Cork e fai cursos online STEM para a mocidade, Anca Balas (romanesa) que vive en Cluj-Napoca e desenvolveu unha app para consultar nos supermercados os produtos máis saudables, Fabiola de Amorim (española) vive en Stuttgart e comercializa produtos naturais e biodegradables para usar durante a práctica do deporte, Leoni Freigi (libanesa) residente en París onde ten unha xoiaría de artesanía local, Liwah Wong (malaia) que creou en Berlín unha base de datos de literatura gris e Chiara Malizia (italiana) quen desenvolveu en Castelfranco unha app de realidade aumentada para tendas físicas.

 As actividades desenvolvidas no centro comezaron cunha presentación das emprendedoras e continuaron coa formación de pequenos grupos de ata 10 alumnos e alumnas que foron os que interactuaron coas poñentes e realizaron as 3 actividades propostas que se desenvolveron en lingua inglesa:

Descubrindo con M&Ms onde cada cor do M&M representaba un aspecto que máis valoraba cada un da súa rexión ou localidade (vermello: comida, amarelo: actividades culturais, azul: medio natural,…).

Soñando con post-its preguntábase que cambiaría cada persoa de cada grupo se fose alcalde ou alcaldesa do seu concello e tiñan que escribilo nun post-it, despois pegalo nun taboleiro e unha vez completado ver que cousas a cambiar se repetían en cada un dos grupos

Deseño e solución de problemas léronse todos os post-its en voz alta para todos os grupos e comprobouse se había algún cambio que era necesario e/ou urxente por tratarse de algo que propoñían a maioría en caso de ser alcaldes ou alcaldesas.

A xornada rematou cunha quenda de preguntas ás emprendedoras e un pequeno coloquio. Cómpre salientar que os grupos participantes estiveron preparando os días previos esta actividade cos seus profesores e profesoras de Administrativo, Inglés e Economía.   

 


 

VISITA Á CORUÑA: MUSEO DE BELAS ARTES E CASA MUSEO PICASSO

Na entrada do Museo de Belas Artes da Coruña 31/05/2023 

 

O alumnado de 3º ESO e o alumnado que cursa latín en 4º ESO fixo unha viaxe á Coruña o 31 de maio, para visitar a Casa Museo Picasso e o Museo de Belas Artes. Ademais fixeron na cidade unha ruta polos lugares ligados á figura do pintor malagueño.

Nesta actividade foron acompañados polas profesoras Sofía Crespo e Ana López. 

 


 

CLUB DE CIENCIA. RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NA PRAIA DA CONCHA (CEE)

Despois da limpeza da praia

Recollendo plásticos

 

Este pasado venres, 26 de maio, un grupo de alumnado de 1º e 2º da ESO foron limpar a praia da Concha en Cee con profesorado en rotación durante o tempo que durou a actividade.

Esta actividade foi realizada coa colaboración de Mar de fábula

 


 

PREMIOS DO XVII CERTAME DE MICRORRELATOS

Un ano máis, e xa van 17, o xurado do XVII Certame de Microrrelatos designou cales foron os microrrelatos premiados.

Este ano foron:

Categoría A

1º Premio: Isaac Vicario Piñeiro, 1º da ESO, por O meu nome é Ender 

2º Premio: Irene Rojo Meijide, 2º da ESO, por Catorce primaveras

Categoría B

1º Premio: Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, 1º de bacharelato, por Ven

2º Premio: Lucía Domínguez Castiñeira, 1º bacharelato, por Un paso máis

Parabéns a todos/as os/as premiados/as!!

 

Relatos premiados

 


 

VISITA DE REBECCA

Visita de Rebecca Blessing 23/05/2023

 

O día 23 de maio, tivemos a grata sorpresa de recibir a vista de Rebecca Blessing que estivo traballando o curso pasado como language assistant no noso centro e que tan bos recordos deixou na nosa comunidade polo seu bo traballo, dedicación, colaboración e polas súas iniciativas (como o Field day).

Aproveitando que está de vacacións do seu traballo en Washington DC decidiu visitar o Fernando Blanco e saudar aos seus compañeiros, compañeiras e alumnado. 

 


 

ENTREGA DE DIPLOMAS DE TRINITY

Entrega de diplomas de Trinity

O alumnado do Fernando Blanco que superou as probas de certificación de Trinity de lingua inglesa, recibiu os seus diplomas que acreditan os seu nivel de inglés. Houbo alumnado que certificou B1, B2 ou C1.    

 


 

CLUB DE CIENCIA. VISITA DE ROCÍO LEIRA

Rocío Leira asinando un exemplar de Trescatorcedezaseis

Rocío Leira na actividade do Club de Ciencia

 

Ao mediodia do 15 de maio o Club de Ciencia tivo a honra de contar coa visita da matemática e escritora ceense Rocío Leira Castro.

Alumnado e profesorado do Club de Ciencia levan tempo preparando esta visita lendo con anterioridade a novela Trescatorcedezaseis. Obra coa que a autora chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules Verne de Literatura Xuvenil.

A novela é un xogo de intriga na que se van resolvendo unha serie de enigmas para poder chegar ao final da investigación duns asasinatos que ocorren en escenarios ou están totalmente relacionados coa Facultade de Matemáticas da Universidade de Compostela. Eses enigmas que hai que resolver serán os que agochan as pistas que nos levan a resolución do caso.

 A visita de Rocío Leira foi moi ben acollida por todo o profesorado e alumnado do Club de Ciencia que pasaron o mediodía deste luns coa escritora mostrándose moi agradecidos pola súa visita.

 


 

ACTIVIDADE DE INGLÉS DE BURLINGTON

Damien Sheehy durante a actividade

Actividade de inglés de Burlington

O luns 15 de maio no IES Fernando Blanco de Cee tivemos dúas visitas culturais.

Pola mañá tivemos a sorte de contar co profesor irlandés Damien Sheehy que é formador da editorial Burlington, quen deu unha charla cultural en inglés na que o alumnado disfrutou moito aprendendo e contestando a preguntas ben curiosas. Todo isto complementado cun xogo de Quiz questions, tipo concurso televisivo incluso con comodíns.

Esta actividade recordounos que se pode aprender de forma divertida.

 


 VISITA AO RÍO NEGRO

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

 A saída ó Río Negro (Muxía) enmárcase dentro da educación ambiental, e nesta saída o alumnado participa nun programa de voluntariado ambiental. Neste programa, o Proxecto Ríos, cada grupo de voluntarios adopta un tramo duns 500 metros de río para facer unha avaliación do estado de saúde do mesmo, baixo a coordinación da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Tras o traballo de campo os resultados obtidos pasan a formar parte dunha base de datos que servirá para a publicación dos informes anuais do estado de conservación dos ríos galegos. 

O grupo de voluntarios do IES Fernando Blanco estivo constituído polo alumnado de 2º de ESO de Paisaxe e Sustentabilidade, o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica, os cales adoptaron un tramo de 430 metros do Río Negro próximos á sua desembocadura, na zona de Os Muíños, no Concello de Muxía.

Para a inspección do río os voluntarios fixeron o traballo de campo o día 11 de maio, cumprimentando unha ficha de inspección na que se estudou tanto a calidade hidromorfolóxica do tramo adoptado, como a calidade físico-química e biolóxica. Cabe destacar neste último apartado o uso de bioindicadores do leito do río. A identificación de macroinvertebrados foi unha das tarefas que ocupou a maior parte da saída, e que lle permitiu ao alumnado tomar conciencia da importancia da conservación dos ecosistemas para preservar a biodiversidade.

 


 

CHARLA DE NAVEGA CON RUMBO

Navega con rumbo Navega con rumbo

O día de 10 de maio no Salón de Actos do Fernando Blanco o alumnado de 1º da ESO e de 1º dos Ciclos Básicos puideron asistir a unha charla do Programa de Navega con Rumbo.

A charla estivo a cargo de Roberto Vieito Raña, enxeñeiro informático, quen tratou de diversos temas en relación coa navegación por internet: empezou por explicar que é internet e que nos permite facer, o bo ou mal uso da rede, perigos en internet (a nomofobia, hoax, estafas, apps falsas, phishing, wifis abertas, grooming, ciberbullying...) Despois deu unha serie de consellos útiles para unha navegación segura e responsable, tanto nas redes sociais coma consellos para o uso do móbil.

Ao longo de toda a charla foi interactuando con todo o alumnado, aclarando as súas dúbidas e respostando as súas preguntas e, indicándolles como debían proceder ante calquera ameaza ou acoso... tamén empregou diversos vídeos que exemplificaban algunhas das situacións explicadas. Deste xeito a charla, ademais de interesante e formativa, resultou moi amena e entretida.  

 


 

O MOUCHO VOA. FILOSOFÍA EN 25 CONVERSAS

Miguel Vázquez Freire durante a súa disertación sobre o libro O moucho voa

Miguel Vázquez Freire durante a súa disertación sobre o libro O moucho voa

O día 8 de maio tivemos a oportunidade de charlar có profesor e escritor Miguel Vázquez Freire, quen o  ano pasado publicou o libro O moucho voa. Filosofía en 25 conversas. Con este libro o autor introdúcenos de xeito ameno e desenfadado nas principais cuestións que definen algunhas das grandes ramas da Filosofía: a ontoloxía, a epistemoloxia, a ética e a política.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Filosofía e dirixida a todo o alumnado de 1º de Bacharelato.  É importante reseñar que o alumnado asistente amosou un grande interese polas cuestións alí tratadas e participou do diálogo.

 


 

CHARLA SOBRE A CAZA DE BALEAS EN CEE

Antiga baleeira de Caneliñas

Antiga baleeira de Caneliñas

Antiga baleeira de Caneliñas

Antiga baleeira de Caneliñas

O 8 de maio o alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla a cargo de Francisco Xosé Fernández Naval que falou sobre a Caza de baleas e máis concretamente en Cee, onde ata o ano 1985 funcionou unha factoría baleeira en Caneliñas.

Unha vez rematada a charla acudiron a Caneliñas onde visitaron os restos das instalacións baleeiras.

 


 

ENTREGA DE PREMIOS FEBREIRO (MARZO, ABRIL,...) MES DO AMOR NO FERNANDO BLANCO

De esquerda a dereita Margarida Maceira, Víctor Hugo Barrientos, Ariadna Castro e Paulo Calvo

 

O venres 5 de maio realizouse a entrega dos premios correspondentes ao Concurso Febreiro (marzo, abril,...) mes do amor no Fernando Blanco, ao que o alumnado puido presentar cartas de amor, relatos, imaxes,... en dúas categorías.

Na categoría da ESO de cartas de amor resultou gañador Víctor Hugo Barrientos García de 2º da ESO.

Na categoría de bacharelato e ciclos formativos de imaxe con relato a gañadora foi Ariadna Mar Castro Aresmes de 2º de bacharelato.

Os premiados leron as súas obras e recibiron un agasallo consistente en dúas entradas, para cada un, para os Cines Xunqueira de Cee.

Parabéns Víctor e Ariadna!!

 


 

IX CONGRESO DE FPEMPRESA

9º congreso de FPEmpresa

 

Os días 4 e 5 de maio estase a realizar o 9º congreso de FPEmpresa coa participación de empresas e centros educativos de toda España.

O IES Fernando Blanco como centro asociado e gañador do Premio Dualiza nas edicións de 2018 e 2020,  está representado polas súas profesoras Bibiana Bértoa e Alba Baró.

 


 

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE DOMINGO FONTÁN

Retrato de Domingo Fontán, na Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

 

O pasado martes 2 de maio alumnado do Fernando Blanco puideron asistir na Casa da Cultura de Cee á proxección dun documental sobre a figura de Domingo Fontán.

Ademais da proxección do documental houbo un pequeno xogo participativo co alumnado onde puideron ver dous teodolitos (un de máis de 100 anos e outro actual), así como ver a reprodución dun mapa de Fontán a escala real e así comprobar que a súa vila ou aldea xa estaban reflectidos nesta magnifica ferramenta que nos deixou Fontán hai máis de 200 anos.

 


 

PROXECCIÓN DA PELÍCULA MATRIA

Cartel da película Matria

O martes 2 de maio o alumnado de 3º, 4º da ESO e de 1º de Bacharelato asistiu á proxección da premiada película Matria nos Cines Xunqueira de Cee. Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Lingua Galega e de Filosofía.

 


 

1º PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA

ACTO DE RECEPCIÓN DO PREMIO 25/04/2023

 ACTO DE RECEPCIÓN DO PREMIO 25/04/2023

 ACTO DE RECEPCIÓN DO PREMIO 25/04/2023

 

Martes 25 de abril tivo lugar na Cidade da Cultura o acto de entrega dos Premios de boas prácticas de educación inclusiva no que o Fernando Blanco recibiu o 1º premio, tal e como anunciamos no seu momento.

Así mesmo tamén se recibiu o accésit obtido na edición do ano 2021 correspondente ao proxecto O saber ten premio no IES Fernando Blanco, que non se puidera entregar no seu momento debido ás restricións da pandemia. 

Os premios foron entregados polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez quen fixo mención á figura de Fernando Blanco de Lema e ao seu legado educativo. En representación do Fernando Blanco acudiron a recibir o premio a directora Chelo Trillo e o coordinador do proxecto premiado Fernando Castro Paredes.

Chelo Trillo foi a elixida en representación dos centros de secundaria galardoados para agradecer os premios e tamén fixo unha semblanza de Fernando Blanco de Lema e de como o Fernando Blanco foi desde a súa fundación, no ano 1886, un exemplo de educación inclusiva porque permitiu a moitos nenos e nenas de Cee e a súa contorna estudar de forma totalmente gratuíta e acceder a unha formación que doutra forma non poderían ter. 

 


 

SURF EN RAZO

Surf en Razo 24/04/2023

Surf en Razo 24/04/2023

Surf en Razo 24/04/2023

Surf en Razo 24/04/2023

Un grupo de alumnado de 3º da ESO acompañados polos seus docentes Silvia Santamaría e Sergio Carballo tiveron a ocasión de participar nun "bautismo" de surf na praia de Razo en Carballo, ademais de ter unha xornada de convivencia na natureza.

 


 

ACTIVIDADE DO CLUB DE CIENCIA: OBRADOIRO DE ROBOTS (II)

Obradoiro de robots 24/04/2023

Obradoiro de robots 24/04/2023

Obradoiro de robots 24/04/2023

O luns 24 de abril, os membros do Club de Ciencia do Fernando Blanco tiveron a segunda sesión do obradoiro de robots, coa presenza de Antón Díaz.

 


 

SPRING WEEK 2023

Spring week 2023

 

Desde o domingo 16 e ata o sábado 22 de abril, un grupo de 11 alumnos de 4º da ESO do Fernando Blanco, acompañados pola súa profesora de inglés Vanesa Vázquez Novo, están participando na Spring week 2023 que se realiza nun campamento de inmersión lingüística en inglés nos Peares

 


 

ACTIVIDADE DO CLUB DE CIENCIA: OBRADOIRO DE ROBOTS (I)

CLUB DE CIENCIA: OBRADOIRO DE ROBOTS

CLUB DE CIENCIA: OBRADOIRO DE ROBOTS

CLUB DE CIENCIA: OBRADOIRO DE ROBOTS

O luns 17 de abril o Club de Ciencia do Fernando Blanco contou coa presenza de Anton Díaz Blanco, profesor de Tecnoloxía do IES Lamas de Castelo de Carnota e que foi tamén profesor do Fernando Blanco, quen nos ensinou a montar unha serie de robots que hai no Fernando Blanco.

Este obradoiro terá continuidade a semana que vén, o próximo luns 24.

 

 


 

FEIRA MATEMÁTICA 2023

Feira matemática 15/04/2023

Feira matemática 15/04/2023

Feira matemática 15/04/2023

Feira matemática 15/04/2023

Feira matemática 15/04/2023

A pesar de que era sábado e de que houbo que madrugar, porque o bus saíu de Cee ás 8:30, un grupo de alumnado do Fernando Blanco acompañados por Sofía Cendán, Sonia López e Carlos López estiveron presentes na Feira Matemática 2023, que se celebrou sábado 15 de abril na Coruña, concretamente en Palexco.

 


 

ACTIVIDADE DE EDUCAR EN XUSTIZA

O grupo de alumnado na entrada dos Xulgados de Fontiñas

O 13 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato da materia Ética e Filosofía do Dereito, acompañado pola súa profesora Celeste Cancela, asistiu a un xuízo no Xulgado do Penal n.º 2 de Santiago de Compostela. 

Esta actividade permitiulles presenciar un xuízo sobre un delito de insolvencia punible. A xuíza e a fiscal do xuízo explicáronlles algunhas cuestións relacionadas co funcionamento do noso sistema xudicial. Esta actividade forma parte do programa “Educar en Xustiza” promovido pola Oficina de Comunicación del Consejo General del Poder Judicial.

O obxectivo deste programa é que os estudantes adquiran un coñecemento suficiente sobre o funcionamento do sistema de xustiza en España.

 


 

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E SAÚDE MENTAL

Obradoiro de alimentación e saúde mental

 

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a un obradoiro sobre alimentación e saúde mental impartido no centro pola nutricionista Candela Martínez Castro.

 


 

OBRA DE TEATRO: CRÓNICAS CLÁSICAS

Obra de teatro: Crónicas clásicas

O alumnado de Linguas Clásicas e de Filosofía do noso centro tivo a oportunidade de asistir ao espectáculo teatral Crónicas Clásicas de Vicus Teatro.

Os actores Lois Blanco e Pablo Carreira trasladáronnos á Antiga Grecia para amosarnos os inicios do teatro grego e das comedias de Aristófanes. Este dúo, desde o primeiro minuto, conseguiu que o público formara parte da representación como se fora unha personaxe máis.

 


 

AS SOPHIAS

Actividade As Sophias

 

Cantas pensadoras forman parte dos currículos oficiais da materia de Filosofía? Até o momento, ningunha. Non é que non existan, é que foron esquecidas. Para cubrir este oco nace a webserie Sophias, sobre mulleres e Filosofía, da que nos falou Carme Adán, que está á fronte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Adán, tamén ela profesora de Filosofía, estivo este mércores, 29 de marzo, no IES Fernando Blanco, para presentarlles o proxecto ao alumnado de primeiro e segundo curso de Bacharelato.

A través do pensamento de autoras como Hanna Arendt, Judith Butler, Simone de Beavoir, Simone Weil ou a galega María Xosé Agra, Carme Adán falou de conceptos como liberdade, igualdade, poder, violencia ou xénero. Porque, como explicou, contar coas filósofas non é cuestión só de visibilizar senón tamén de repensar conceptos clave da historia do pensamento. O alumnado tivo oportunidade, ademais, de visionar algún dos capítulos da serie, que están á disposición do público nesta ligazón.

 


 

LIMPEZA DA PRAIA DE CAMELLE

Limpeza da praia de Camelle

 

O pasado martes 28 de marzo parte do alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu a limpar de plásticos e outros residuos a praia de Camelle. Unha vez limpa, acudiron ao local da entidade organizadora (Mar de fábula), onde recibiron dúas charlas informativas de carácter medioambiental, e a continuación participaron nun obradoiro de realización de artiluxios con materiais recollidos pola asociación ao longo dos últimos anos.en diversas praias galegas.

 


 

VISITA A SANTIAGO: I.G.E. E MUSEO DO POBO GALEGO

Na entrada do IGE

Escaleira helicoidal no Museo do pobo galego

Escaleira helicoidal no Museo do pobo galego

O alumnado de 2º de bacharelato acompañado polos seus profesores Sonia López, Paulo Calvo e Joseba Lebrancón, fixeron este xoves 23 de marzo unha excursión a Santiago para visitar o Instituto Galego de Estatística onde puideron ver as instalacións e recibir explicacións sobre o funcionamento das táboas input-output, estatística aplicada, anuncios con datos estatíticos erróneos, etc.

Tamén visitaron o Museo do pobo galego, onde puideron ver a triple escaleira helicoidal construída polo arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade.

 


 

O IES FERNANDO BLANCO EN FP INNOVA 2023

Stand do elevador co Presidente da Xunta, Conselleiro de Educación e Directora xeral de FP

No stand da maquinaria conserveira co Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación

No stand da maquinaria conserveira

O IES Fernando Blanco estará presente no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023) que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago. 

Esta presenza é a través do departamento de Instalación e mantemento que expoñerá en dous stands (os nº 20 e 21) dous dos proxectos que resultaron premiados en edicións de FP innova nos últimos anos.

Os proxectos expostos son, no stand 20 Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira e no stand 21 Adestrador de elevador operado por sistema periférico.

Os stands estarán atendidos polos docentes Bibiana Bértoa e Diego Carril e tamén polo alumnado de 2º do CM Mantemento electromecánico, quen farán demostracións do seu funcionamento e explicarán as características dos proxectos aos visitantes.

Cómpre salientar que o mércores 22 visitarán FP Innova 2023 alumnado doutros ciclos do IES Fernando Blanco.

 

 

ACTIVIDADE DO CLUB DE CIENCIA: ESPECTROFOTÓMETRO

Construíndo espectrofotómetros

Construíndo espectrofotómetros

Construíndo espectrofotómetros

Construíndo espectrofotómetros

O alumnado do Club de Ciencia dedicouse luns 20 a construír espectrofotómetros.

 


 

VISITA A VIGO: MUSEO DA CONSERVA, NATURNOVA E OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA

No museo de ANFACO

 

O alumnado de 4º da ESO e 5 alumnas/os de 2º de bacharelato, acompañados de Serxio Iglesias e Paulo Calvo, realizaron unha visita a Vigo para ver o Museo da ConservaNaturnova e o alumnado de 2º de bacharelato ademais participou na Olimpíada galega de economía, que se celebrou na Facultade de ciencias económicas e empresariais da Universidade de Vigo. 

 


 

CHARLA DE A PONTE CO ENSINO MEDIO DA USC

 

Miguel Vilar durante a charla

O martes 14 de marzo no IES Fernando Blanco o alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa Matemáticas ou Métodos estatísticos e numéricos, asistiu a unha charla do programa A Ponte, de título Modelos matemáticos: unha axuda para entender e explicar a realidade, a cargo de  Miguel Angel Vilar Rivas que é doutor pola USC e profesor titular da mesma no Departamento de Matemática Aplicada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no campus de Lugo. Desenvolve ademais un amplo labor de investigación matemática en modelización e simulación e as súas aplicacións á enxeñaría e o medioambiente.

Mostra disto foi esta charla, coa que nos presentou, a partir de exemplos ambientais, un par de modelos matemáticos sinxelos que poñen de manifesto a utilidade desta ferramenta sen esquecer as súas limitacións, que obrigan a un estudo e investigación permanente co fin de melloralos. 

 


 

I CONGRESO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

I CONGRESO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

I CONGRESO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

I CONGRESO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

I CONGRESO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

O 7 de marzo de 2023 celebrouse en Santiago o I Congreso de Convivencia e Benestar Emocional. Os obxectivos do congreso eran, entre outros:

- Impulsar unha formación específica no ámbito da convivencia e do benestar emocional. 

- Sensibilizar sobre a importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima de convivencia e o benestar emocional da comunidade educativa. 

- Potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias en materia de convivencia e benestar emocional. 

Os ponentes, da talla de Luis Rojas Marcos, entre outros, puxeron en valor a importancia da xestión emocional para unha convivencia nos centros máis serena e construtiva.

O Fernando Blanco estivo presente grazas a Sonia López Bugeiro, profesora de matemáticas e xefa de estudos, quen falou da experiencia do Fernando Blanco nese eido.

Programa do Congreso

 

 


 

ACTIVIDADE DO CLUB DE CIENCIA: CÚPULAS DE LEONARDO

Cúpulas de Leonardo

 

Cúpulas de Leonardo

Cúpulas de Leonardo

O luns 6 de marzo o alumnado pertencente ao Club de Ciencia do Fernando Blanco tiveron ocasión de montar cúpulas de Leonardo. 

O xenial inventor do Renacemento, Leonardo da Vinci (1452-1519) fixo numerosas investigacións sobre pontes e cúpulas que se poidesen levantar utilizando unicamente o apoio entre pezas. 

Non sabemos se, en tempos de Leonardo, construíronse realmente estas estruturas, pero hoxe, 500 anos despois, estes esquemas inspiraron ao escultor contemporáneo neerlandés Rinus Roelofs, quen realizou unha importante investigación sobre posibles patróns e sobre o tipo de pezas que permiten levantar as cúpulas imaxinadas por Leonardo da Vinci.

 


 

MASTERCLASS DE FÍSICA DE PARTÍCULAS

Masterclass de Física de partículas no IGFAE

Masterclass de Física de partículas no IGFAE

Masterclass de Física de partículas no IGFAE

O pasado venres 3 de marzo en Santiago de Compostela tivo lugar a tradicional Masterclass titulada Física de partículas coas mans.

Esta masterclass foi organizada polo IGFAE (Instituto galego de física de altas enerxías) e á mesma foron convidados 100 estudantes de bacharelato de toda Galicia, do IES Fernando Blanco ían acudir 3 estudantes de 2º  de bacharelato, pero finalmente, debido á coincidencia da data con exames, só foi unha alumna (Candela Vázquez Marttínez) acompañada polo seu profesor de Física e química Pablo Mira.  

 


 

VISITA A MADRID

Un grupo de alumnas de 2º de bacharelato que cursan as materias de Historia da arte e Latín II fixeron unha viaxe de carácter cultural a Madrid, acompañadas polas súas profesoras Pilar Varela e Ana López. Tiveron a ocasión de visitar varios museos (como o Museo Thyssen, Museo del Prado, Museo Reina Sofía,...) Tamén tiveron a oportunidade de visitar ARCO, porque coincidiu que se estaba a celbrar neses días.  

 


 

ENTROIDO 2023

Entroido 2023 no Fernando Blanco

 

Entroido 2023 no Fernando Blanco

 

Fai clic sobre as imaxes para amplialas

Este curso puidemos celebrar o entroido no Fernando Blanco sen as rstricións causadas pola pandemia de COVID-19 dos anos anteriores, e, quizais por que había ganas de celebralo, este curso houbo máis disfraces que nunca.

 


 

ALÉN DO FERNANDO BLANCO

Laura Suárez

Laura Suárez

Laura Suárez

Despois de máis de 2 anos sen poder realizar as charlas de Alén do Fernando Blanco por culpa das restricións impostas pola pandemia de COVID-19, xoves 16 de febreiro retomámolas coa presenza da nosa exalumna Laura Suárez, que é ilustradora e que lle contou ao alumnado do centro que asistiu a charla en que consiste o seu traballo, o que estudou e recordos do seu paso polo Fernando Blanco.

 


 

OBRADOIRO DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Juan Carlos Permuy

 

Juan Carlos Permuy

O mércores 15 de febreiro o psicólogo Juan Carlos Permuy impartiu uns obradoiro dirixidos ao alumando sobre regulación emocional.

Coa colaboración do CFR da Coruña no seu programa Espazo EDUCAR, ofertamos un curso de regulación emocional titulado Claves para o autocoidado, a serenidade e a mellora nas relacións


Este curso está dirixido a todos os proxenitores que estean interesados e será impartido polo psicólogo Juan Carlos Permuy que ofrecerá ferramentas para a xestión emocional do noso día a día.

O curso será os días 8 e 15 de febreiro e 1 e 15 de marzo de 17:30 a 19:00 horas, no IES Fernando Blanco

 


 

CONCURSO ROSA, ROSAE

V CERTAME ROSA, ROSAE

 

Bases do certame

 


 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado venres día 10 de febreiro, as alumnas Irene Ramón e Paula Lema de 1º de bacharelato acudiron á Masterclass de Física de Partículas, no IGFAE, organizada con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia do pasado 11 de febreiro.

Nesta xornada aprenderon un pouco sobre as partículas elementais que nos compoñen, e incluso descubriron varios candidatos a Bosón de Higgs!!

Ao final da xornada, participaron nunha videoconferencia co CERN para discutir os resultados obtidos na práctica, que se desenvolvou integramente en inglés.

Deste xeito pasaron unha xornada coma brillantes investigadoras, demostrando que tamén as mulleres poden facer ciencia!

Día da muller e a nena na ciencia 

 


 

Actividade sobre o cubo de Rubik - Club de Ciencia

Actividade sobre o cubo de Rubik - Club de Ciencia

Actividade sobre o cubo de Rubik - Club de Ciencia

O luns 6 de febreiro os membros que forman parte do clube de ciencia puideron disfrutar dun obradoiro sobre o coñecido cubo de Rubik impartido por Alejandro Lamas Pérez, que foi membro da selección española e mesmo levou a medalla de bronce no campionato de España Rubik  no ano 2006.

Na sesión explicou a historia do cubo, diversos modelos que se atopan no mercado, as matemáticas que hai en relación co cubo e mesmo indicou os algoritmos necesarios para resolvelo.

 


 

Diante de La Alhambra

 FAI CLIC NA IMAXE PARA VELA EN GRANDE

O sábado 28 de xaneiro pola noite saíron de Cee con destino a Granada un grupo de 50 alumnos/as do IES Fernando Blanco acompañados de catro profesores e profesoras, para disfrutar duns días practicando o esquí en Sierra Nevada e poder realizar visitas de carácter cultural a La Alhambra, Generalife, Albaicín e outros lugares da fermosa cidade nazarí.

Cómpre salientar que están sendo uns días nos que poden practicar o esquí, pois as baixas temperaturas acompañadas de días despexados permiten que a neve na estación de Sierra Nevada estea en óptimas condicións.

Así mesmo nos comentan que o bo comportamento do alumnado mereceu a felicitación por parte dos responsables dos lugares que están visitando.

 


 ¡Salvemos al huevo!

Este luns 30 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO puxo a proba o seu prototipo do proxecto de Tecnoloxía Dixital denominado “Salvemos al huevo”

Este proxecto consistía en salvar un ovo fresco se o deixásemos caer dunha altura libre de 8 metros. Para isto tiñan que deseñar e construír un dispositivo que albergase o ovo e permitise amortecer o impacto contra o chan.

Finalmente, de seis dispositivos probados só dous acabaron co ovo roto.

Aínda que antes de saír a probar o dispositivo, os ovos sufriron outras dúas baixas, con razón tiñan medo de poñerse nas mans dos de 1º 

Agora toca reflexionar sobre o deseño do prototipo e facer as melloras oportunas para a proba do dispositivo final que será, se todo vai ben, a semana que vén. 

Confiemos en que non haxa máis ovos rotos!

Pobres! saben o que lles espera

 

 

 


 

Exposición de Enrique Labarta Pose Exposición de Enrique Labarta Pose

A directora xeral Judith Fernández

Desde luns 30 de xaneiro temos no noso centro a exposición sobre Enrique Labarta Pose.


Esta exposición é itinerante e é unha iniciativa do Concello de Zas que vai percorrendo distintos centros escolares.

A mostra está composta por oito paneis con fotografías históricas e con textos explicativos sobre a vida e obra do escritor baiés. Para a súa realización contouse coa colaboración de moitas persoas e institucións relacionadas dalgunha forma con Labarta Pose.

Para a súa presentación estiveron no IES Fernando Blanco a alcaldesa de Cee, dona Margarita Lamela, o alcalde de Zas, don Manuel Muíño e a directora xeral de ordenación e innovación educativa, dona Judith Fernández. tiveron a ocasión de visitar o centro e coñecer as súas instalacións así como de asinar no libro de visitas.

 


 

Alumnado do Fernando Blanco

Reparto de dorsais 1

Reparto de dorsais 2

Este mércores 25 de xaneiro, tivo lugar a Carreira campo a través da comarca Costa-Fisterra no circuíto do Refoxo (Cee) coas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta carreira está incluída no programa Xogade.

Na mesma participou alumnado do IES Fernando Blanco dos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.

 


 

 

Exposición AI: More than human

O alumnado de 1º de bacharelato que cursa Economía, acompañado dos seus docentes Sofía Cendán e Paulo Calvo visitaron o 20 de xaneiro na sede de Afundación da Coruña a exposición AI: More than human.

 


 

Observación do ADN dos amorodos

Observación do ADN dos amorodos

 Observación do ADN dos amorodos

Observación do ADN dos amorodos

Observación do ADN dos amorodos

O Club de Ciencia realizou o 16 de xaneiro de 2023 unha actividade para poder observar o ADN dos amorodos.

 


 

 

 

Concerto de Nadal 2022

Concerto de Nadal 2022

Concerto de Nadal 2022

O 22 de decembro como colofón do trimestre celebrouse o Concerto de Nadal a cargo do alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO dirixidos Raquel, a súa profesora de Música. Interpretaron panxoliñas e cancións de temas de Nadal.

Parabéns polas vosas interpretacións e a Raquel polo seu traballo para preparar este fermoso concerto.

 


 

 

Plantando bulbos co Club de Ciencia

Plantando bulbos co Club de Ciencia

Martes 20 de decembro foi o día escollido polo Club de Ciencia para facer a plantación de bulbos de tulipáns que veremos florecer na primavera.

 


 

Charla de 1º auxilios 19-12-2022

Charla de 1º auxilios 19-12-2022  

O alumnado de ciclos formativos do Fernando Blanco puido asistir a unha charla sobre primeiros auxilios con práctica incluída en maniquí de reanimación. Esta formación estivo a cargo de Carlos que é enfermeiro no Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee.

 


 

 

 

Bo Nadal e feliz 2023
 
 
Xa é Nadal no Fernando Blanco, iremos publicando fotos dos adornos e actividades do Nadal.
 

Fernando Castro no acto de entrega dos premios

 

Fernando Castro Paredes, profesor de Lingua castelá e literatura no Fernando Blanco, resultou galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na súa 26ª edición pola súa obra O traxe.

Salón Teatro de Santiago foi o lugar onde se desenvolveu o acto de comunicación e entrega destes galardóns o 30 de novembro de 2022, no acto interviñeron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a presidenta do xurado, Cristina Domínguez Dapena.

Parabéns Fernando en nome de toda a comunidade educativa do Fernando Blanco!!

 


 

Visita ao TSXG 1 Visita ao TSXG 2 Visita ao TSXG 3

 

Parte do alumnado de 2º do CM de Xestión administrativa e de 2º do CS de Administración e finanzas, acompañados polas súas profesoras Adriana Castelo e Yolanda Trillo visitaron as instalacións de MALASA en Cerceda e posteriormente a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, onde foron recibidos polo presidente do mesmo don José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Facendo click sobre as imaxes podes amplialas.

 


 

Diante da ETS de Náutica e máquinas Na exposición AI: More than human 

Nas cabinas de soldadura da ETS de Náutica e máquinas  Simulador de navegación dun petroleiro

 

Un grupo de alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato acompañados polos seus docentes Cristina Ledo e Pablo Mira realizaron unha visita de carácter cultural á Coruña para ver a exposición AI: More than human na sede de Afundación.

Posteriormente visitaron a ETS de Náutica e máquinas.

 


 

Fai clic para ampliar a imaxe

O alumnado de 3º da ESO e 6 alumnas e alumnos de 2º da ESO participaron no Náboj Junior

Un dos equipos, o formado por Manuel Orazio Ozón Alaimo (3º E.S.O.), Abel Marcote Abelleira (3º E.S.O.), Adrián Trasmonte Baña (3º E.S.O.) e Loaira Santos Fábregas (3º E.S.O.), quedou nun meritorio 24º posto (a só 7 puntos do 1º clasificado). Clasificación Provisional

Parabéns a todas/os as/os participantes!!

 


 

 O alumnado premiado e Cheché coa conselleira

O alumnado de 1º do CM de Xestión administrativa do Fernando Blanco, acompañados pola súa profesora Cheché e pola directora Chelo, acodiron á Cidade da Cultura en Santiago de compostela, para recoller o 1º Premio 25N na categoría de audiovisuais. Para ver a fotos en grande facede clic sobre a imaxe.

 


 

Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar

Actividade de esferificación do Club de Ciencia.  Para ver as fotos en grande facede clic sobre a imaxe

 


 

Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar Fai clic para ampliar

En FOL estamos co tema de Primeiros auxilios, e estamos realizando as medidas de Soporte Vital Básico, así como tamén outras técnicas de actuación ante outras emerxencias. Para ver as fotos en grande facede clic sobre a imaxe.

 


 

Michael Whittingham e alumnado de 1º de bacharelato

Venres 18 de novembro, visitou o Fernando Blanco Michael S. Whittingham, Premio Nobel de Química no ano 2019 polo desenvolvemento das baterías de ion-litio que usamos en tantos dispositivos a diario, foi o primeiro científico en describir o concepto das reaccións de intercalación en baterías recargables. Veu acompañado por Jorge Mira

 


 

 

Saúdos en diversos idiomas

Saúdos

O alumnado de EPA do Fernando Blanco saúdannos en varias linguas.



page | by Dr. Radut