SADG01
SADG01 - Administración e finanzas
Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.
Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0651 | Comunicación e atención á clientela | 160 | 6 | |
| 1º | MP0658 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 | |
| 1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | 240 | 9 | |
| 1º | MP0650 | Proceso integral da actividade comercial | 133 | 5 | |
| 1º | MP0648 | Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 80 | 3 | |
| 1º | MP0647 | Xestión da documentación xurídica e empresarial | 80 | 3 | |
| 2º | MP0660 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0657 | Proxecto de administración e finanzas | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).