Skip to Content

25N. "Día Internacional contra a violencia de xénero"

No marco de programas educativos como o Plan Proxecta + “365 día de respecto e igualdade”, CPInclúe, “Que non te líes, ti elixes”, “ Pegada Dixital”... no que o IES Fernando Blanco está a contribuír con diferentes proxectos, o  noso alumnado ao longo do curso 23-24 participa en actividades ofrecidas por diferentes institucións públicas tanto autonómicas, provinciais ou locais de diversa índole a prol da igualdade, a inclusión e a convivencia como ferramentas para eliminar as violencias.

 

  

25N. “ Día Internacional contra a violencia de xénero”

 

Ao longo o mes de novembro co gallo do “25N. Día Internacional contra a violencia de xénero”, no noso centro estivéronse a desenvolver diferentes actividades na prevención desta lacra social

 

 


 

XI Andaina contra a violencia de xénero- Proxecto Acadix .

 

 

O vindeiro venres o noso alumnado de 1º e 2º dos ciclos de Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, participarán na XI Andaina contra a violencia de xénero. 


 

24N. Lectura de manifesto e acto institucional do Concello de Cee

O pasado venres na Praza do 8 Marzo, o noso alumnado de 1º e 2º dos ciclos de Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, acompañaron aos compañeriros/as de outros centros educativos como o Manuela Rial e o IES Agra de Raíces xunto a institucións como Apem e Aspadex, e o grupo Peta Forte,  na lectura do manifesto e acto institucional organizado polo Concello de Cee. O noso alumnado colaborou lendo e queimando lemas como símbolo de rexeitamento contra esta lacra social.

Moitas grazas ao Concello de Cee por convidarnos.

   

 

 

23N. Campaña #DeFronte. Obradoiro Stop Motion.

Dentro das actividades que a Deputación de A Coruña está a desenvolver dentro do programa #DeFronte, impulsada dende a área de igualdade e en colaboración do Concello de Corcubión, o pasado xoves o noso alumnado de 4º da ESO participou no interesante Obradoiro Stop Motion, enfocado especialmente a abordar a complexidade das violencias sexuais en contextos nocturnos e de festa. Coa guía da psicóloga especializada en igualdade Paula Tubío no obradoiro traballouse a problemática e realizaron micro vídeos en formato stop motion que sirvan para axudar a abordala e concienciármonos de xeito sinxelo e moi visual axudados por pezas de Lego.

 Grazas ao Concello de Corcubión e a Deputación da Coruña por facernos participes desta interesante actividade.

 

 

 

 

 

20N. Espectáculo " Aldaolado"

Na mañá do pasado luns, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato en compañía do alumnado do IES Agra de Raíces, desfrutaron do proxecto de música e poesía escénica das veciñas de Aldaolado na Casa de Cultura do Concello de Cee.

Grazas ao Concello de Cee por convidarnos.

 

 

 

Participación no Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais do 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero da Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa do IES Fernando Blanco participou na modalidade de imaxe gráfica co lema “ Construamos un muro de igualdade fronte á violencia machista”.

A IGUALDADE que tal como se pode observar na imaxe gráfica estampada no muro, está elaborada con imaxes dos corpos do alumnado participante e representa a unión de todos e todas observando as normas básicas de convivencia e respecto entre iguais como as mellores ferramentas para levantar un muro que free a violencia machista. Pero non só queremos quedar ca idea do rexeitamento desta lacra social, senón que tamén queremos transmitir unha mensaxe que teña como punto de partida a prevención precisamente dende a perspectiva da Educación en Igualdade, Convivencia e Respecto.

O cartaz formará parte da exposición do Proxecto “ Pasamáns da Desescalada” dentro do Plan Proxecta+

 

 

 

 

 .

 

8N.Civerviolencias. Prevención de Riscos no uso das Novas Tecnoloxías.

 

 

Dentro das actividades a desenvolver dentro do Programa Proxecta + " Por 365 días de respecto e igualdade" no que o noso centro participa co proxecto "Pasamáns para a desescalada", o alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro sobre ciberviolencias e prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías o pasado 8 de novembro. A actividade foi organizada en colaboración co CIM do Concello de Cee

Participación no Concurso Busca dun Lema. Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra a través do Grupo de Traballo contra a Violencia de Xénero.

 

A proposta do alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa presentou o seu lema “ “Elimina a violencia ca tecla da Igualdade e a Convivencia”

 

O cartel formará parte da exposición do Proxecto “ Pasamáns da Desescalada” dentro do Plan Proxecta+

 

 

 

 

Pasamáns da Desescalada. Pasamáns da Igualdade.

 

O IES Fernando Blanco participa co Proxecto “ Pasamáns da Desescalada. Pasamáns da Igualdade” que foi presentado ao claustro participante dentro do programa educativo Proxecta+ “ Por 365 día de respecto e igualdade” .

 

 

 

 

Tanto o "Pasamáns da Desescalada" como o da "Igualdade"  contará dentro do centro educativo de espazos físicos, tanto os propios pasamáns que conducen aos  corredores  onde atopamos as aulas dos diferentes niveis educativos, así como no exterior,  nas dependencias dos xardíns do centro.  Deste xeito, garantimos a visibilidade do proxecto para toda a comunidade educativa e a súa evolución.

 

Intentaremos montar unha exposición final onde se recollan todos os avances do proxecto para darllos a coñecer a toda a comunidade educativa e tamén a toda a xente da comarca, e ao mesmo tempo elaboraremos  "O dicionario da Igualdade", un glosario que recolla os diferentes termos e conceptos abordados ao longo do proxecto e que foran expostos nos pasamáns.

 

Apoiarémonos en todo momento nas administracións públicas, especialmente no Secretaria Xeral de Igualdade e a súa Asesoría dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, na Deputación de A Coruña e no Concello de Cee, así como noutras institucións especialistas en materia de igualdade.

Estamos ante un proxecto dinámico e moi inclusivo, xa que intenta involucrar non só a todo o alumando do centro educativo e á comunidade educativa,  senón tamén ás administracións públicas, e persoas tanto da cultura como a toda a xente da comarca.

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut