Skip to Content

Cursos de capacitación dixital no IES Fernando Blanco

 

Cartel cursos de capacitación dixital no IES Fernando Blanco

 

FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA AGRANDAR

O IES Fernando Blanco forma parte da Rede de Centros de Capacitación Dixital dependentes da Consellería de Educación. É por isto que ofrece durante o mes de outubro cursos de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos ou colectivos vulnerables. 

As persoas destinatarias non poden estar cursando ningunha outra ensinanza regrada, ESA, bacharelato de adultos, EOI. Si serán candidatas e candidatos as persoas que cursen ensinanzas non regradas ou ensinanzas básicas iniciais.

A duración dos cursos é de 30 horas, serán impartidos os martes, mércores e xoves do mes de outubro, tres horas ao día. Haberá quendas de 16:00 a 19:00h e de 18:30 a 21:30 e serán un máximo de 15 persoas. Os cursos comezarán o vindeiro 3 de outubro. Se hai moita demanda desenvolverase outra quenda que comezará o día 10. Xúntase calendario coa folla de inscrición.

Para máis información chamar ao centro ou consultar no correo electrónico ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Unha vez rematado o curso e cumpridos os obxectivos certificarase que asistiu con aproveitamento ao curso de capacitación dixital cunha duración de 30 horas asociada a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de cualificacións profesionais (IFC748_2).

PRAZO DE INSCRICIÓN OU MATRÍCULA DENDE O MÉRCORES 20 DE SETEMBRO ATA O 2 DE OUTUBRO PARA A  1ª QUENDA OS DOUS HORARIOS, POSIBLEMENTE SE PERMITA SEGUIR MATRICULÁNDOSE ATA O 9 DE OUTUBRO SE HAI DEMANDA.

FOLLETO INFORMATIVO

FOLLA DE INSCRICIÓN CON HORARIOS E QUENDAS

IMPRESO DE MATRÍCULA

Validacións módulos de Ciclos Formativos curso 2023/24

Requisitos e prazos para solicitar validacións

A persoa solicitante presentará a solicitude de validación e a documentación alegada para xustificar a validación daqueles módulos dos que estea matriculada perante a dirección do centro educativo.

1. Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clasesÉ dicir ata o día 6 de outubro

2. Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumnado deberá presentar o anexo V do Real decreto 1085/2020.

O prazo de presentación de solicitudes de validación que resolve o ministerio iníciase o día en que comeza o curso escolar e finaliza o derradeiro día do curso escolar. Só se poderá presentar unha única solicitude de validación por curso académico. Trataránse con preferencia os expedientes presentados dende o inicio do prazo para realizar a matrícula ata a finalización do mes de outubro de cada curso escolar.

Máis información.

Anexo XIV de solicitude

Códigos dos módulos que se solicita validar

A solicitude de validación xunto coa documentación xustificativa, podedes entregala debidamente cuberta na secretaría do centro ou podedes enviala por correo electrónico a: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal, indicando no asunto solicitude de validación.

AULAS DE CADA GRUPO DE ALUMNADO O DÍA 11 DE SETEMBRO

 

O luns 11 de setembro ás 8:30 o alumnado irá ás aulas indicadas no documento adxunto coas súas titoras ou titores.

GRUPOS-AULAS

Libros de texto para o curso 2023/2024

 

Os libros de texto para o curso 2023/24 están publicados na pestana CURSO 2023-2024 no menú despregable.

Tamén se pode acceder facendo clic AQUÍ

CUALE 2023/24

O alumnado que fixo a preinscrición para o Plan CUALE 2023/24 (inglés) fará a matrícula do 1 ata o 8 de setembro do seguinte xeito:

- ou ben presencialmente, na Secretaría do IES Fernando Blanco.

- ou ben enviando a documentación ao seguinte correo electrónico: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

 

Documentación para a realización da matrícula:

- Impreso de matrícula (está dispoñible no link de abaixo) cuberto e asinado.

- 1 copia do DNI do alumno/a (Non é necesaria se xa a entregaron na preinscrición)

- 1 copia do DNI dos país/titores legais.

- 2 fotografías tamaño carné. (Só 1 fotografía o alumnado que xa cursou CUALE no IES Fernando Blanco).

 

Ademais, no caso de alumnos/as que no curso 2023/24 vaian estudar ESO, bacharelato ou ciclos noutro centro distinto ao IES Fernando Blanco:

- Certificado de matrícula do curso 2023/24

- Certificado de estudos cursados no 2022/23. (Só no caso de alumnos/as de 4º ESO doutros centros que se vaian matricular en CUALE A2)

 

IMPRESO DE MATRÍCULA CUALE 2023/24

INFORMACIÓN EDUCACIÓN DE ADULTOS

Lembramos que no IES Fernando Blanco se poden cursar na modalidade de Educación para as persoas adultas, en horario de tarde/noite, de luns a xoves. A matrícula realízase nos primeiros días de setembro, comezando as clases a partir do luns 11 de setembro. 

As ensinanzas que se imparten son:

 
A) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS
 
Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
 
B) EDUCACIÓN SECUNDARIA
 
Destinada a todas as persoas adultas que desexen obter o título de graduado en educación secundariaEstas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen. Así mesmo, se proceden do estranxeiro e teñen estudos sen homologar ou validar, pódese facer unha proba de nivel para asignalo ao curso axeitado.
 
C) CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES
 
Como novidade, xa dende o curso pasado se ofertan tamén ensinanzas para a aprendizaxe de castelán e galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o ano.
 
Non dubidedes en consultar calquera dúbida.

Atención ao público durante o mes de agosto

A atención ao público durante o mes de agosto farase a través do seguinte enderezo electrónico:

ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Desculpen as molestias.

PRAZAS VACANTES NO CS DUAL AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

No IES Fernando Blanco hai prazas vacantes no CS Dual de Automatización e robótica industrial, as persoas interesadas e que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior, poden presentar a súa solicitude, xunto cunha copia do seu DNI polas dúas caras, certificado dos estudos que alega para o acceso e o seu curriculum vitae en formato Europass.

Poden presentar a documentación de forma presencial na oficina do IES Fernando Blanco.

MATRÍCULA EN 1º DE CM E CS (RÉXIME ORDINARIO OU RÉXIME DUAL) CURSO 2023/24

O alumnado que resultou admitido no IES Fernando Blanco, en 1º de ciclos medios e 1º de ciclo superior (no réxime ordinario), deberá formalizar a súa matrícula entre o día 19 de xullo de 2023 ás 9:00 horas e o 24 de xullo de 2023 ás 13:00 horas.

O alumnado de 1º CS Automatización e robótica industrial (Dual)deberá formalizar a súa matrícula entre o día 18 de xullo de 2023 ás 9:00 horas e o 26 de xullo de 2023 ás 13:00 horas.

A documentación necesaria e os impresos que deben cumprimentar, pódense descargar no seguinte link:

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CM E 1º CS RÉXIME ORDINARIO

 

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CS DUAL

 

A documentación pódese presentar de forma presencial previa petición de cita no 881880467

Distribuir contido


by Dr. Radut