Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Plan Navega con Rumbo

O "Plan Navega con Rumbo” e unha das iniciativas que se están a promover desde a Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar.

O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos. Do mesmo xeito búscamos xerar coñecemento entre os pais e titores destes mozos, de xeito que os poidan considerar unha referencia á hora de consultar dúbidas ou situacións comprometidas e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.

É indispensable facer partícipes das recomendacións dunha navegación responsable tanto o colectivo do profesorado como o de pais e nais. Coñecemento tan útil para eles coma para transmitirllo aos rapaces e rapazas.

Plan Navega con RumboPartindo precisamente destes colectivos, fundamentais para o éxito dunha navegación responsable, estase a deseñar un programa baseado en distintos soportes:

  • Por unha banda e orientados a estes colectivos elaboraranse guías de boas prácticas en Internet: serían 3 materiais distintos cara o colectivo ao que van dirixidos e que incluirían o Decálogo do Bo Navegante.
  • Por outra banda, crearase unha páxina web específica do programa. Nela introduciranse todos os materiais impresos e, ademais, incluirá xogos que, de xeito pedagóxico e ameno, ensinen os rapaces, pais, nais e profesorado como manexarse axeitadamente e con seguridade na Internet.
  • Por último, realizaranse unha serie de charlas impartidas por membros do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) nos centros de ensino para expoñer e divulgar a campaña. A duración destas charlas será aproximadamente dunha hora, e nelas os relatores, con medios técnicos propios e material divulgativo da campaña, exporán nos salóns de actos ou nas propias aulas escolares aquelas recomendacións e consellos necesarios para acadar o seu obxectivo, a navegación responsable.

Plan Navega con Rumbo

Volver ao Proxecto ABALAR  formación e fomento da cultura dixital
Plan Navega con Rumbo
Plan Navega con Rumbo