Skip to Content

INNOVATECH FP

Dentro do programa InnovaTech FP,  no que o IES Fernando Blanco está a participar nesta primeira edición, estanse a desenvolver direferentes actividades formativas baseadas na metodoloxía " Design Thinking" 

Unha delas tivo lugar no CIFP Compostela o pasado venres 19 na cal o noso alumnado participante acadou ferramentas para poder poñer en práctica na resolución do seu reto.

ABRAHAM CUPEIRO

O vindeiro martes 23 de xaneiro temos o pracer de contar co marabilloso mutliinstrumentista Abraham Cupeiro. O alumnado da ESO do noso centro e do IES Lamas de Castelo de Carnota participarán nunha actividade-concerto conxunta na casa da cultura de Cee onde disfrutarán da música e da cultura galega.

OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA

Este venres 19 de xaneiro celebrábase na Facultade de Matemáticas de Santiago a Olimpíada Matemática Galega. Entre os 150 participantes estaban 12 alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato do noso centro que foron acompañadas das profesoras de matemáticas Sofía Cendán e Sonia López. A dificultosa proba consiste en desenvoler 6 problemas, 3 na quenda de mañá e 3 na quenda de tarde. Non pasamos a fase nacional pero o que si podemos afirmar é que alumnado e profesoras gozaron das matemáticas nun completo día en Santiago. 

Noticias: A Olimpíada Matemática Galega reúne 150 estudantes que compiten por acceder á fase estatal da competición.

              O correo galego

              Páxina da Olimpíada

Parabéns aos participantes e ao seu profesorado por animalos a acudir a estas actividades!!!

Post do usuario Olimpíada Matemática galega en X.

REPARTO DE FROITA E LEITE

A semana do 8 de xaneiro comezamos co reparto de froita a través do programa de axudas para a distribución de froita fresca e leite ao alumnado dos centros escolares. O noso centro solicitou a participación no programa a través do Fondo Galego de Garantía Agraria e foinos concedido este nadal.

Agardemos que o noso alumnado goce desta iniciativa!!

ECO NADAL NO FERNANDO BLANCO

Este ano o espírito do Nadal engalana o IES Fernando Blanco ca estela da ecosostibilidade. O noso alumnado e profesorado, reutilizando material de refugallo, ou restos doutras actividades, deseñaron os afeites que locen nas instalacións do centro. Tamén tivo un papel importante o noso ben querido Abeto Grego.

Parabéns a todos/as por esta labor ben fermosa a prol do medioambiente.

  

 

 

  

ESCAPE ROOM DO EMPRENDEMENTO-PÍLDORAS DIXITAIS

Desmotrado está que a aprendizaxe e o xogo poden ir da man. Hoxe o noso alumnado e profesorado de 2º de Ciclos dentro do programa Aula de Emprendemento, experimentaron unha actividade lúdica pero chea de coñecemento en base ao empredemento participando nun Escape Room. Con esta metodoloxía habiliades como a planificación, procura de oportundades, iniciativa curiosidade, autoconfianza, persistencia, perseverancia, fixación de obxectivos, orientación ao logro, riscos calculados, capacidade de adaptación, comunicación e traballo de equipo, grandes aliados do espírito emprendedor foron, xunto ao noso alumnado de FP e profesorado, verdadeiros protagonistas.

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS 1º AVALIACIÓN CURSO 2023-2024

O vindeiro xoves 21/12/2023 as 15:00pm por medio da plataforma Abalar publicaranse as cualificacións correspondentes á 1º Avaliación do curso 2023-2024.

As familias que precisen do boletín de cualificacións en formato físico dirixan solicitude do mesmo á dirección de correo electrónico do centro ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

 

OBRADOIRO " AULA DE EMPRENDEMENTO NO SECTOR DO METAL". CUME24

A pasada semana dentro do programa Aula de Emprendemento,  o noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría e 1º e 2º de de Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, xunto ao profesorado do Departamento de Fabricación Mecánica e o de Instalacións e Mantemento participaron nunha formación da man da empresa CUME 24 especialista no sector do elevación e o transporte vertical tanto de persoas como de mercadoría.

Nesta formación o alumnado e profesorado tivo a oportunidade de coñecer como desenvolver o emprendemento nun sector onde a cuota de merdado, tradicionalmente era dominado por grandes empresas multinacionais, e como na actualidade estase abrindo paso a outras de ámbito autonómico como é o caso de Cume24.

 

EXCURSIÓN Á NEVE 2024

Este curso 23-24 o alumnado de 1º BACH e de 3º e 4º ESO viaxarán á neve nos vindeiros meses.

Para financiar os custes destas viaxes o alumnado está a desenvolver diferentes actividades como a venda de rifas.

Unha delas é para desfrutar dunha marabillosa cea no establecemento La Marina para dúas persoas que consta de 3 pratos, postre e café con maridaxe incluida.

O prezo da rifa son tan só 2€, e o sorteo será celebrado o vindeiro 13 de marzo de 2024 no centro educativo. O número agraciado será publicado nesta mesma canle.

Animamos a todos e todas a participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut