Skip to Content

FEIRA DAS UNIVERSIDADES E CENTROS SUPERIORES 2024

 

O pasado 21 de marzo tivo lugar a I Feira das Universidades e Centros Superiores organizada pola Universidad Intercontinental de la Empresa en colaboración co noso centro IES Fernando Blanco e o Concello de Cee, e a que a maiores do alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores do noso centro, estiveron convidados o IES Agra de Raíces, o IES Terra de Soneira e o IES Maximino Romero de Lema

Durante esta xornada celebrada nas instalacións deportivas do IES Ara de Raíces e que tivo unha gran acollida entre o publico asistente,  o alumnado tivo a oportunidade de contar con asesoramento e orientación entre unha variedade de oferta formativa á súa disposición nos stands das diferentes universidades galegas así como de outras institucións educativas.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

 

 

 

      

 

 

 

LIMPEZA DE PRAIAS

 

 

 

Un ano máis o noso alumnado de diferentes cursos da ESO articipou nunha xornada de conciencianción e compromiso co noso mar. Despois de limpar os areais dunha praia en Camelle participaron nun obradoiro da man da Asociación Mar de Fábula onde co material de refugallo atopado na praia construiron verdadeiras obras de arte.

Parabéns!

 

 

 

 

MAÑÁ DE XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NAUTILUS E LIBROS COMA AREA

A mañá do martes 19 de marzo os clubs de lectura do IES Agra de Raíces, Libros coma area, e o do IES Fernando Blanco, Nautilus pasaron a mañá xuntos disfrutando dunha visita ao Museo Fernando Blanco, aos xardíns e as principais estancias do centro como foron a capela, a sala do reloxo, os laboratorios e finalmente a biblioteca. Unha vez rematada a visita no Fernando Blanco subiron ao IES Agra de Raíces onde foron recibidos na biblioteca. 

Dende aquí queremos agradecer ás persoas coordinadoras dos clubs de lectura e biblioteca dos dous centros o seu traballo diario e sobre todo mostrar a nosa felicitación por esta actividade conxunta.

INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL

  PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

Fai clic na imaxe para acceder á información

Filoloxías con futuro. Tradicionais e dixitais

                                                 

 

No marco das charlas temáticas que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece aos centros de ensino secundario a través do programa A Ponte, o profesor Víctor Millet, cunha ponencia baixo o título Filoloxías con futuro-tradicionais e dixitais, difundiu a oferta de estudos filolóxicos coa que conta a USC. Alumnado de Humanidades e doutras modalidades de bacharelato con interese nos estudos de Filoloxía inglesa puideron conversar con Víctor Millet sobre o valor dos estudos humanísticos, a importancia que actualmente teñen neles os medios dixitais e as distintas saídas laborais que ofrecen.


Esta actividade foi organizada polo Departamento de Inglés e polo Departamento de Latín e Grego.  

FEIRA DAS UNIVERSIDADES

 

AVISO: A FEIRA DE UNIVERSIDADES CAMBIASE PARA O POLIDEPORTIVO DO IES AGRA DE RAÍCES

AS FAMILIAS E O ALUMNADO TAMÉN PODERÁ ACUDIR POLA TARDE DE XEITO INDIVIDUAL

GAÑADORA RIFA "CEA CON MARIDAXE"

A persoa gañadora da cea para dúas persoas con maridaxe no Restaurante La Marina é Susana González Santos.

Parabéns!

EXCURSIÓN MADRID 23-24

Un ano máis o Dpto de Latín viaxa a Madrid con alumnado de 2º de Bacharelato de Humanidades. A capital conta con numerosos lugares onde se plasma a mitoloxía clásica ademáis de museos que albergan importantes obras con temática grecorromana.

O Centro de Arte Reina Sofía, o Museo do Praso e o Museo Arqueolóxico Nacional foron algúns dos sitios visitados. Ademais acudiuse a unha exposición inmersiva sobre Pompeia onde alumando e profesorado, ademais de coñecer a visa desta cidade asolagada polo Vesubio, se converteron en avatares na famosa Vila dos Misterios e formaron parte dunha lolita de gladiadores nun anfiteatro.

 

8M

Co gallo do 8M e ao amparo dos diferentes programas e proxectos que o IES Fernando Blanco está a desenvolver este curso 23-24 a prol da igualdade, estos días estanse a levar a cabo diferentes actividades

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR. 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" PLAN PROXECTA 365 DIAS DE IGUALDADE E REPECTO

 

 

 

 

 

 

 

 

PASAMÁN DA IGUALDADE. MULLERES ( Dpto. Inglés)

 

 

 

EXPOSICIÓN 8M NA BIBLIOTECA

 

 

 

 

 

CARTEL 8M. ANTÍA 1ºBACH

 

 

 

 

 

 

XÉNERO EDUCA. FP BÁSICA

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN ANDORRA

 

Hai uns días alumnado de 3º e 4º ESO regresou de pasar unha marabillosa semana en Andorra desfrutando dos deportes de neve grazas ao Dpto de Educación Física e Pedagoxía Terapéutica.                                                                                                       

 

 

    

Distribuir contido


by Dr. Radut