Skip to Content

CLUB DE CIENCIA. CHARLA DRA. ANTÍA SAR RAÑÓ

Esta semana o alumnado participante do Club de Ciencia desfrutou dos coñecementos da Doutora en Química pola UDC e ex-alumna do IES Fernando Blanco, Antía Sar Rañó,  sobre o mundo da investigación en xeral e da súa propia en particular, concretamente sobre a introducción de vanadio en certas moléculas para despois insertalas en células con vistas a posibles aplicacións farmacolóxicas.

 

Moitas grazas Antía pola túa colaboración co noso Club de Ciencia

.

 

OBRADOIRO SOBRE NUTRICIÓN. 2º ESO

O pasado martes 30 e abril, o noso alumnado de 2º da ESO participou nun obradoiro sobre nutrición impartido pola especialista Candela Martínez Castro fundadora e directora de Sabe que Alimenta

Neste obradoiro o alumnado, a maiores de coñecer de primeira man os beneficios de levar unha dieta saudable, tiveron a oportunidade de realizar diferentes elaboracións ben nutritivas.

 

FP INNOVA 2024

 

 

Unha edición máis o noso centro participa no FP INNOVA cun proxecto de innovación educativa desenvolvido polo alumnado e profesorado de Formación Profesional do noso centro educativo. Nesta ocasión a iniciativa nace da Familia Profesional de Electrónica e Electricidade  co proxecto seleccionado para a mostra no FP INNOVA 2024 que se levou a cabo os pasados días 24, 25 e 26 de abril,  titulado " Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas".

O proxecto de innovación presentado consiste no desenvolvemento dun sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como sudokus, explorando novas aplicacións da IA no ámbito da automatización.

 

 

Por outra banda o noso alumnado dos Ciclos Formativos das diferentes familias profesionais impartidas no noso centro tiveron a ocasión de visitar o pasado día 25 as mostras de tódolos centros participantes da nosa comunidade no FP INNOVA 2024.

 

Visita ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes. CiTIUS. 1º BACH

O pasado luns 22 de abril o noso alumnado de 1º de Bacharelato do ámbito científico visitou as instalacións do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes,  CiTIUS  ubicado no Campus Vida da USC en Santiago de Compostela dentro do "Programa de visitas ao CiTIUS"

Foi unha xornada que despertou gran interés e satisfación no noso alumnado no que se desenvolveron unha serie de visitas guiadas con desmostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS por parte dos investigadores desta institución, adaptadas ás idades do alumnado visitante.

Grazas ao persoal do CiTIUS pola iniciativa e a atención prestada.

 

 

NAVEGA CON RUMBO

O vindeiro luns 15 de abril terá lugar no noso centro educativo unha actividade encamiñada a favorecer o uso responsable de internet e as RRSS, dirixida tanto para o alumnado como para as familias dentro do programa NAVEGA CON RUMBO froito do convenio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia  (CPEIG), iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia navegue con seguridade pola rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

ROTEIRO GUIADO NAS FRAGAS DO EUME. 1º BACH BIOLOXÍA

O pasado xoves 4 de abril, alumnado de 1º de Bacharelato do ámito científico desfrutou dunha marabillosa xornada nun entorno incomparable como é o das Fragas do Eume. Nesta actividade programada polo Dpto. de Ciencias Naturais realizaron un roteiro guiado así como a visita ao Mosteiro de Monfero.

 

VISITA BANCO DE ESPAÑA. 1º BACH- ECONOMÍA

O noso alumnado de 1º BACH que cursa Economía, o pasado xoves día 4 de abril, tivo a oportunidade de coñecer as instalacións que o Banco de España ten na cidade de A Coruña, así como as funcións que desempeña esta institución dentro das actividades complementarias organizadas polo Dpto. de Economía. 

Probas de certificación CUALE 2023/24

O alumnado matriculado en CUALE ten no documento adxunto toda a información para realizar a matrícula das probas de certificación da EOI da Coruña, entre os días 8 e 12 de abril.

INSTRUCIÓNS PROBAS DE CERTIFICACIÓN CUALE 2023/24

I curso capacitación dixital para persoas adultas 2024

Unha vez confirmado que o IES Fernando Blanco segue formando parte da Rede de Capacitación Dixital para persoas adultas, zoas rurais e colectivos vulnerables damos comezo a un novo curso.

O martes 2 de abril ás 16:00h dará comezo o primeiro curso de Capacitación dixital do 2024.

Agardemos que aprendan moito e sobre todo disfruten da súa estancia no centro.

Admisión alumnado ESO e Bacharelato curso 2024/2025

Informamos que todas as solicitudes presentadas dentro do prazo para 1º da ESO e 1º de Bacharelato, para o curso 2024/2025, resultaron admitidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut