Skip to Content

XIII OLIMPIADA CULTURAL "O SABER TEN PREMIO NO IES FERNANDO BLANCO"

 

 

O pasado venres día 14 de xuño tivo lugar ás 12 da mañá, no salón de actos do noso centro, a gala dan Gran final da XIII Olimpíada Cultural " O saber ten premio no Fernando Blanco".

O equipo gañador do 1º premio, cunha dotación de 600€, cortesía de XEAL, foi para "Espazo en branco". O 2º premio recaeu en " AFE" con valor de 400€ patrocinado por GERCA , e o 3º posto foi para "Os Aldeáns" cun valor de 300€ cortesía de ROGET, tras enfrontarse a un dobre reto; por unha banda, nunha primeira fase, tiveron que dar resposta a un total de vinte preguntas ao igual que xa fixeran nas anteriores eliminatorias, pasando a unha segunda fase os dous equipos con maior puntuación, a cal consistía nun debate que versaba sobre a AI no ámito educativo, onde sería valorada entre outros aspectos a capacidade de argumentación, a coherencia, oratoria...por parte dun xurado formado por tres docentes do centro educativo.

A gala, que foi amenizada musicalmente polos grupos de música do IES Fernando Blanco, así como diversos videos sobre diferentes actividades desenvoltas durante este curso, foi maxistralmente presentada polo periodista Fran Hermida e contou coa presenza da nosa Inspectora de educación, Dona Magdalena Duarte.

Parabéns aos equipos participantes e aos seus docentes,  e moitas grazas aos patrocinadores, (XEAL, GERCA e ROGET) así como aos membros da comisión organizadora e a Fran Hermida pola súa colaboración.

CALENDARIOS EXAMES FINAIS CICLOS

 

FINANZAS PARA MORTAIS. EDUEMPRENDE

 

 

O pasado venres día 7 o noso alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato con Economía xunto ao alumnado da familia profesional de Administración e Xestión, tiveron a o pracer de participar nun maxistral obradoiro impartido noemadamente por Dna. Rocío Pazos Toba, Xefa Territorial en Galicia do Grupo Santander, así como persoal desta entidade na vila de Cee, dentro do programa EDUEMPREDE, denominado FINANZAS PARA MORTAIS.

O obxectivo deste programa é fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. 

 

Moitas grazas Rocío por acompañarnos.

 

 

Mención 4º ESO, Matemáticas Aplicadas. XIV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos na Facultade de Matemáticas da USC

 

O noso alumnado de 4º ESO de matemáticas aplicadas acaba de ser recoñecida cunha mención no XIV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos na Facultade de Matemáticas da USC, por un proxecto desenvolvido nesta materia e capitaneado pola docente Sofía Cendán.

 

Moitos parabéns.

1º PREMIO CONCURSO MURAIS DE LAR

A Comunidade Educativa do IES Fernando Blanco non pode estar máis contenta. O noso mural gañou o 1º premio do concurso do Lar!!!!

 

En prensa:

https://www.diariodebergantinos.com/articulo/cee/ies-fernando-blanco-gan... https://galego.elcorreogallego.es/concellos/2024/06/07/conserveira-ies-f... https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2024/06/08/conservera-...

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/lar-entregou-seus-tranversai...

Recomendamos botarlle un ollo á fermosa memoria de Puri e Monchiño sobre este marabilloso traballo desenvolvido polo grupo de 3º ESO e capitaneado pola docente do Dpto. de debuxo, Sofía Crespo.

Memoria

 

 

 

 

 

 

FESTA DE GRADUACIÓN CURSO 2023-2024

Este venres día 7 de xuño o noso centro vestiuse de gala para festexar a festa de graduación do noso alumnado de 2º de Bacharelato do curso 23-24

GALERÍA DE IMAXES DE LA VOZ DE GALICIA

O acto estivo presentado por Samira Pose, Uxía Outes e Ángel Suárez. Tamén interviron a directora do noso centro, Sonia López e o xefe de estudos Paulo Calvo xunto aos titores Celtia Sar e Fernando Castro. Pola banda do alumnado tomou a palabra Camilo Pablo Espasandín e Lucas Sanmartín, Lume Fernández e Lucía Domínguez, e Ángel Suárez con Laila López.

Ademáis, o alumnado escolleu á raiña e ao rei da graduación.

Para finalizar serviron uns pinchos no xardin, para remataron cunha cea onde asistiron alumnado e docentes.

EXCURSIÓN ILLAS CÍES.

O noso alumando de 2º e 4º da ESO parcipiu esta semana pasada nunhas xornadas de convivencia e deporte nun marco incomparable como é o das Íllas Cíes.

LIMPEZA DA PRAIA DA CONCHA. CONCELLO DE CEE

O compromiso do IES Fernando Blanco coa limpeza dos areais da contorna non ven de novo. En colaboración coa asociación Mar de Fábula, nesta ocasión, a recollida de plásticos e demáis materiais de refugallo que están a contaminar a nosa contorna, levouse a cabo na praia da Concha, no Concello de Cee.

 

O noso alumnado de 1º da ESO ademáis de levar a cabo labores de limpeza tivo a ocasión de reflexionar sobre o impacto que se está a producir nesta praia ao comprobar o aumento de de desperdicios acumulados nestas mesmas datas en comparación con edicións pasadas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut