Skip to Content

Admisión de ESO e Bacharelato para o curso 2024-2025

O prazo para presentar as solicitudes de admisión de alumnado procedente de centros non adscritos ao IES Fernando Blanco comprende desde o 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

O impreso é o ED550B, que se pode presentar presencialmente, tamén se pode empregar a aplicación de "admisión alumnado".

Unha vez fechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 23 de xuño ao 8 de xullo para ESO e Bacharelato. Máis información.

ED550B (en galego)

ED550B (en castelán)

Impreso de elección de materias 1º ESO

Impreso de elección de materias 2º ESO

Impreso de elección de materias 3º ESO

Impreso de elección de materias 4º ESO

Impreso de elección de materias 1º bacharelato

Impreso de elección de materias 2º bacharelato

FORMACIÓN TRABALLOS EN ALTURA

O pasado xoves 22 de febreiro, alumnado de 2º de FP Básica e Ciclo Medio da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica recibiron unha formación en traballos en altura.

 

ALÉN DO FERNANDO BLANCO. D. JOSÉ ANTONIO RIVEIRO ( Director da ONCE Santiago de Compostela e ex-alumno)

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Fernando Blanco. Trátase de José Antonio Riveiro, ex-alumno do noso instituto e actualmente Director da ONCE en Santiago de Compostela dentro das charlas Alén do Fernando que se están a desenvolver no noso centro dende hai xa varios cursos académicos.

Nesta ocasión José Antonio charlou co noso alumnado de Bacharelato de Ciencias Sociais e dos Ciclos da Familia Profesional de Administración e Xestión dado que foi nestas etapas nas que Jose Antonio formou parte da nosa comunidade educativa,  compartindo con eles/as a súa experiencia tanto académica e profesional antes e despois do seu paso polo noso centro.

Moitas grazas pola túa atención José Antonio.

CHARLA- " A responsabilidade penal dos menores de idade" Poñente. D. Alberto Nodar. (Xuíz de menores e Avogado especialista en menores e violencia de xénero.)

O vindeiro xoves día 22 de febreiro no noso centro tivo lugar unha charla que despertou gran interés tanto no noso alumnado de 4º da ESO e 1º Bacharelato como de ciclos de FP Básica e 1º dos ciclos Medio das nosas familias profesionais, " A responsabilidade Penal nos menores de ideade" que correou a cargo do xuíz D. Alberto Nodar, especialista en violencia de xénero e menores de idade.

O alumnado obtivo información e formación de primeira man sobre as conductas que son susceptibles de responsabilidade penal nos menores de idade e poideron despexar dúbidas que xurden no tocante a esta materia.

Agradecer inmensamente a labor feita por D. Alberto Nodar e ao docente Manuel Magariños impulsor de dita actividade.

 

ENTROIDO 2024

 

Esta semana o centro estivo cheo de colorido, argalladas, falcatruadas, risas e moita ledicia coa chegada do Entroido, cas ordes do Meco de luns a xoves e coa celebración do desfile/festival do venres cuxa temática xiraba sobre o universo, onde se pretendía recoñecer o traballo en equipo e a sostenibilidade.

 

Os equipos recoñcidos neste Entroido 2024 foron “Órbita Diversa” de 2º da ESO, “Pupurri Espacial” de 3º da ESO, “ Universo Alternativo, Universo Disney” de 1º de Bacharelato C e “ Galicialiens” de 1º CS de Administración e Finanzas.

 

Nos festexos tivemos o pracer de desfrutar do ritmo da percusión do alumnado de Música cunha animada batucada que fixo mover das súas butacas a todo o público asistente.

 

Parabéns a todas/os polas vosas creacións e ao resto do alumnado e profesorado que quixeron unirse a esta festa.

 

O Meco xa anda argallando a ver que manda para o vindeiro 2025

 

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO

O pasado mércores día 7 de febreiro o noso alumnado de 1º de CS de Administración Finanzas e 2º do CM de Xestión Administrativa visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco. 

Moitas grazas a Darío Areas pola marabillosa acollida que sempre fai ao noso alumnado

Visita da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel aos nosos Correspondentes Xuvenís

Fonte Xunta de Galicia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe de primeira man as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís da Xunta de Galicia. Unha vintena de estudantes de Formación Profesional Básica deste centro participan nesta iniciativa, que tamén conta co apoio de profesorado.

A proposta que os correspondentes deste instituto están a levar a cabo denomínase Acadix (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Ademais, este alumnado encárgase de informar aos seus compañeiros de programas, axudas e iniciativas no ámbito da xuventude que son do seu interese.

Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. A xente moza que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut