Skip to Content

Educación para Adultos

Onte martes 12, as nosas alumnas e alumnos Victoria, María, Esmeralda, Sonia, Irene, Lino e Víctor do módulo 3 de Ámbito Social de Educación para Adultos fixeron as súas presentacións por grupos na aula temáticas tales como “Avances tecnolóxicos e científicos no século XIX” ou “A Guerra de Independencia nos Estados Unidos”

Parabéns polo respecto, pola vosa capacidade emocional, pola perseverancia e por saber traballar en equipo.

“O éxito é unha viaxe, non un destino”. Arthur Ashe.

 

 

Digitalweek

Dende o 28 de novembro ao 3 de decembro, o alumnado de 4º ESO acompañado da xefa do departamento de lingua estranxeira inglés, estivo participando no programa Digitalweek nos Peares. 

Digital Week é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais. O alumnado pasou unha estancia dunha semana nos Peares desenvolvendo actividades relacionadas coas tecnoloxías, robótica, programación, etc en lingua inglesa. Ademais coñeceron alumnado doutros centros que tamén participaron no programa, feito quee promove a convivencia e a mellora das relacións sociais. 

Moitos parabéns ao alumnado polo seu comportamento durante a viaxe!!

O IES Fernando Blanco participa nos retos de Innovatech

 

 

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional como complemento ao programa das Aulas de Emprendemento.

O Fernando Blanco participa nos 10 retos que lanzan empresas punteiras tendo que achegar solucións tecnolóxicas viables ao reto que lles correponda.

O equipo participante está formado por dúas alumnas do CS de Administración e Finanzas e por dous alumnos do CS de Automatización e Robótica Industrial capitaneados pola profesora e vicedirectora do centro.

Hoxe mesmo, venres 1 de decembro, acudiron á presentación do programa no CIFP Universidade Laboral en Culleredo (A Coruña).

Noticia de prensa.

 

Foto web edu.xunta

Foto web edu.xunta.gal

XI Andaina contra a Violencia de Xénero “Camiño ao Respecto"

Hoxe, 1 de decembro o alumnado de 1º e 2º dos ciclos básicos de mantemento de vehículos e electricidade e electrónica, acompañados polo profesorado participaron na XI Andaina contra a Violencia de Xénero “Camiño ao Respecto” que organiza a Secretaría Xeral de Igualdade.

Deron un paseo polo pobo cos seus dorsais camiñando a prol da igualdade.

Parabéns ao alumnado, profesorado e equipo de convivencia por estas iniciativas!!.

 

25N. "Día Internacional contra a violencia de xénero"

No marco de programas educativos como o Plan Proxecta + “365 día de respecto e igualdade”, CPInclúe, “Que non te líes, ti elixes”, “ Pegada Dixital”... no que o IES Fernando Blanco está a contribuír con diferentes proxectos, o  noso alumnado ao longo do curso 23-24 participa en actividades ofrecidas por diferentes institucións públicas tanto autonómicas, provinciais ou locais de diversa índole a prol da igualdade, a inclusión e a convivencia como ferramentas para eliminar as violencias.

 

  

25N. “ Día Internacional contra a violencia de xénero”

 

Ao longo o mes de novembro co gallo do “25N. Día Internacional contra a violencia de xénero”, no noso centro estivéronse a desenvolver diferentes actividades na prevención desta lacra social

 

 


 

XI Andaina contra a violencia de xénero- Proxecto Acadix .

 

 

O vindeiro venres o noso alumnado de 1º e 2º dos ciclos de Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, participarán na XI Andaina contra a violencia de xénero. 


 

24N. Lectura de manifesto e acto institucional do Concello de Cee

O pasado venres na Praza do 8 Marzo, o noso alumnado de 1º e 2º dos ciclos de Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, acompañaron aos compañeriros/as de outros centros educativos como o Manuela Rial e o IES Agra de Raíces xunto a institucións como Apem e Aspadex, e o grupo Peta Forte,  na lectura do manifesto e acto institucional organizado polo Concello de Cee. O noso alumnado colaborou lendo e queimando lemas como símbolo de rexeitamento contra esta lacra social.

Moitas grazas ao Concello de Cee por convidarnos.

   

 

 

23N. Campaña #DeFronte. Obradoiro Stop Motion.

Dentro das actividades que a Deputación de A Coruña está a desenvolver dentro do programa #DeFronte, impulsada dende a área de igualdade e en colaboración do Concello de Corcubión, o pasado xoves o noso alumnado de 4º da ESO participou no interesante Obradoiro Stop Motion, enfocado especialmente a abordar a complexidade das violencias sexuais en contextos nocturnos e de festa. Coa guía da psicóloga especializada en igualdade Paula Tubío no obradoiro traballouse a problemática e realizaron micro vídeos en formato stop motion que sirvan para axudar a abordala e concienciármonos de xeito sinxelo e moi visual axudados por pezas de Lego.

 Grazas ao Concello de Corcubión e a Deputación da Coruña por facernos participes desta interesante actividade.

 

 

 

 

 

20N. Espectáculo " Aldaolado"

Na mañá do pasado luns, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato en compañía do alumnado do IES Agra de Raíces, desfrutaron do proxecto de música e poesía escénica das veciñas de Aldaolado na Casa de Cultura do Concello de Cee.

Grazas ao Concello de Cee por convidarnos.

 

 

 

Participación no Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais do 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero da Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa do IES Fernando Blanco participou na modalidade de imaxe gráfica co lema “ Construamos un muro de igualdade fronte á violencia machista”.

A IGUALDADE que tal como se pode observar na imaxe gráfica estampada no muro, está elaborada con imaxes dos corpos do alumnado participante e representa a unión de todos e todas observando as normas básicas de convivencia e respecto entre iguais como as mellores ferramentas para levantar un muro que free a violencia machista. Pero non só queremos quedar ca idea do rexeitamento desta lacra social, senón que tamén queremos transmitir unha mensaxe que teña como punto de partida a prevención precisamente dende a perspectiva da Educación en Igualdade, Convivencia e Respecto.

O cartaz formará parte da exposición do Proxecto “ Pasamáns da Desescalada” dentro do Plan Proxecta+

 

 

 

 

 .

 

8N.Civerviolencias. Prevención de Riscos no uso das Novas Tecnoloxías.

 

 

Dentro das actividades a desenvolver dentro do Programa Proxecta + " Por 365 días de respecto e igualdade" no que o noso centro participa co proxecto "Pasamáns para a desescalada", o alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro sobre ciberviolencias e prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías o pasado 8 de novembro. A actividade foi organizada en colaboración co CIM do Concello de Cee

Participación no Concurso Busca dun Lema. Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra a través do Grupo de Traballo contra a Violencia de Xénero.

 

A proposta do alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa presentou o seu lema “ “Elimina a violencia ca tecla da Igualdade e a Convivencia”

 

O cartel formará parte da exposición do Proxecto “ Pasamáns da Desescalada” dentro do Plan Proxecta+

 

 

 

 

Pasamáns da Desescalada. Pasamáns da Igualdade.

 

O IES Fernando Blanco participa co Proxecto “ Pasamáns da Desescalada. Pasamáns da Igualdade” que foi presentado ao claustro participante dentro do programa educativo Proxecta+ “ Por 365 día de respecto e igualdade” .

 

 

 

 

Tanto o "Pasamáns da Desescalada" como o da "Igualdade"  contará dentro do centro educativo de espazos físicos, tanto os propios pasamáns que conducen aos  corredores  onde atopamos as aulas dos diferentes niveis educativos, así como no exterior,  nas dependencias dos xardíns do centro.  Deste xeito, garantimos a visibilidade do proxecto para toda a comunidade educativa e a súa evolución.

 

Intentaremos montar unha exposición final onde se recollan todos os avances do proxecto para darllos a coñecer a toda a comunidade educativa e tamén a toda a xente da comarca, e ao mesmo tempo elaboraremos  "O dicionario da Igualdade", un glosario que recolla os diferentes termos e conceptos abordados ao longo do proxecto e que foran expostos nos pasamáns.

 

Apoiarémonos en todo momento nas administracións públicas, especialmente no Secretaria Xeral de Igualdade e a súa Asesoría dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, na Deputación de A Coruña e no Concello de Cee, así como noutras institucións especialistas en materia de igualdade.

Estamos ante un proxecto dinámico e moi inclusivo, xa que intenta involucrar non só a todo o alumando do centro educativo e á comunidade educativa,  senón tamén ás administracións públicas, e persoas tanto da cultura como a toda a xente da comarca.

 

 

 

 

 

Correspondentes xuvenís

Na web de xuventude.net da Consellería de Política Social e Xuventude publicaron unha entrada presentando ao noso equipo de Correspondentes Xuvenís. 

Parabéns ao alumnado, profesorado de FP básica e do equipo de convivencia polo gran traballo que están facendo!!

Este é un pequeno texto que publican na web.

Equipazo formado por alumnado dos ciclos formativos básicos en Electricidade e Electrónica e Mantemento de Vehículos que veñen de preparar e organizar o 20 de Novembro, o Día internacional dos Dereitos da Infancia para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. 

Magosto

A mañá do venres 17 de novembro foi moi completa, nas primeiras horas acompañounos Carlota Corzo con unha marabillosa charla sobre emprendemento para os ciclos formativos, pronto colgaremos aquí información. E a partires das 11 tivemos a festa do magosto, con castañas, chocalate, xogos tradicionais e música galega.

Sempre é bonito xogar co alumnado.

 

Volve o club de ciencia!!

Un curso máis está xa en marcha o club de ciencia do IES Fernando Blanco. Capitaneados polo coordinador Pablo Mira, profesor do dpto de física e química empezamos as nosas quedadas dos luns coa finalidade de dinamizar a ciencia e desfrutar xuntas e xuntos. Esta semana contamos coa impagable colaboración do profesor Juan Alvarellos que nos explicou e axudou a facer inxertos. Continuaremos o luns no recreo con isto.

Grazas Juan por colaborar connosco!!

SAMAÍN 2023

Un ano máis, o grupo de teatro Tuéjele, o equipo de normalización e dinamización da lingua galega e o equipo da biblioteca conseguiron que tivéramos unha mañá terrorífica na biblioteca. 

As lecturas, as interpretacións e o decorado da biblioteca estiveron fantásticos. 

A biblioteca permanecerá decorado toda a semana para que a visite todo o alumnado e profesorado e se sigan programando alí actividades ata o luns que volverá a normalidade.

Parabéns a todas e a todos polo traballo!!

 

Entrega de diplomas do Curso de capacitación dixital para as persoas adultas

Non podemos estar máis contentos pola boa acollida que tivo o Curso e capacitación dixital para persoas adultas que comezaba a primeira semana de outubro. Foron 30h de asistencia de 55 persoas distribuídas en catro cursos impartidos por profesorado de matemáticas e tecnoloxía. Foi un pracer contar no curso con persoas de toda a comarca que facilitaron o traballo colaborando e cooperando no seu desenvolvemento. Agradecemos tamén a ASPADEX e APEM que confiaran a aprendizaxe dixital dos seus usuarios no noso curso.

A dirección do centro quere agradecer a colaboración do profesorado que impartiu os cursos, sen o seu traballo non sería posible impartilos.

Parabéns a todos os diplomados e diplomadas, agardemos poder compartir máis momentos convosco!!

Distribuir contido


by Dr. Radut