Skip to Content

SAMAÍN 2023

Un ano máis, o grupo de teatro Tuéjele, o equipo de normalización e dinamización da lingua galega e o equipo da biblioteca conseguiron que tivéramos unha mañá terrorífica na biblioteca. 

As lecturas, as interpretacións e o decorado da biblioteca estiveron fantásticos. 

A biblioteca permanecerá decorado toda a semana para que a visite todo o alumnado e profesorado e se sigan programando alí actividades ata o luns que volverá a normalidade.

Parabéns a todas e a todos polo traballo!!

Entrega de diplomas do Curso de capacitación dixital para as persoas adultas

Non podemos estar máis contentos pola boa acollida que tivo o Curso e capacitación dixital para persoas adultas que comezaba a primeira semana de outubro. Foron 30h de asistencia de 55 persoas distribuídas en catro cursos impartidos por profesorado de matemáticas e tecnoloxía. Foi un pracer contar no curso con persoas de toda a comarca que facilitaron o traballo colaborando e cooperando no seu desenvolvemento. Agradecemos tamén a ASPADEX e APEM que confiaran a aprendizaxe dixital dos seus usuarios no noso curso.

A dirección do centro quere agradecer a colaboración do profesorado que impartiu os cursos, sen o seu traballo non sería posible impartilos.

Parabéns a todos os diplomados e diplomadas, agardemos poder compartir máis momentos convosco!!

Donación por parte de Xeal de material de laboratorio aos centros educativos de secundaria de Cee

O pasado xoves 26 de outubro, as directoras e director do IES Agra de Raíces, CPR Manuela Rial e IES Fernando Blanco foron convidadas pola empresa Xeal a unha pequena recepción para facer entrega dunha mostra do material de laboratorio que van donar aos centros educativos de secundaria. A comunidade educativa do IES Fernando Blanco agradece a cesión dese material co que se poderá traballar nos laboratorios.

GaliciaSkills 2023

Alumnado e profesorado dos ciclos formativos de Electromecánica de vehículos e automóbiles, Mantemento de vehículos, Electricidade e electrónica, Automatización e Robótica Industrial, Instalacións Eléctricas e automaticas, Mantemento electromecánico e Soldadura e Caldeiraría acudiron hoxe a Silleda a visitar o pabellón onde se están desenvolvendo esta semana as Galicia Skills. 

Galiciaskills é un campeonato galego de formación profesional que consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas con especialidades de FP, nas que os participantes demostran a súa competencia profesional no desenvolvemento de probas.

Desexámoslle moita sorte aos centros participantes, sobre todo ao do IES Agra de Raíces, IES Eduardo Pondal e IES Maximino Romero de Lema, centros da comarca,  que participan na competición!!

XII edición dos Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2022-2023

A mañá do 20 de outubro celebrouse o Acto de recoñecemento aos mellores expedientes do curso pasado elixidos según as bases do proxecto Premios académicos Fernando Blanco que organizan a Fundación Fernando Blanco en colaboración co centro educativo. Esta foi a XII edición destes premios. A xornada tivo un grande carácter emotivo debido a recente caída da nosa árbore centenaria. De feito, os agasallos entregados polo centro ás empresas colaboradoras e ao grupo musical levaban consigo unha pequena homenaxe ao abeto grego.

O alumnado premiado nesta ocasión foron:

  • Manuel Orazio Ozón Alamio, 3º ESO
  • Camilo Pablo Rodríguez Espasandín, 1º Bacharelato
  • Bárbara Iglesias Pérez, 1º CM Xestión Administrativa
  • Paula Quintáns Prieto, 1º CS Administración e Finanzas
  • Sonia Beatriz Ramos Mouzo, Módulo II de Educación para as persoas adultas.

O alumnado estivo acompañado en todo momento das súas titoras do curso pasado, Sofía Crespo, Vanesa Vázquez, Cheché Pampín, Sofía Martínez e Chicha Martínez.

Parabéns aos premiados e premiadas, ao seu profesorado e ás súas familias!!

AULA DE EMPRENDEMENTO

ESCAPE ROOM DO EMPRENDEMENTO-PÍLDORAS DIGITALES

Demostrado está que a aprendizaxe e o xogo poden ir da man. Hoxe o noso alumnado e profesorado de 2º de Ciclos experimentaron unha actividade lúdica pero chea de coñecemento en base ao emprendemento participando nun Escape Room. Con esta metodoloxía habilidades como a planificación, procura de oportunidades, iniciativa curiosidade, autoconfianza, persistencia, perseverancia, fixación de obxectivos, orientación ao logro, riscos calculados, capacidade de adaptación, comunicación e traballo de equipo, grandes aliados do espírito emprendedor foron xunto ao noso alumnado e profesorado, verdadeiros protagonistas.

DIFUSIÓN AULA DE EMPRENDEMENTO

Dentro das diferentes actividades para dar difusón a importante labor que se está a desenvolver no programa de Aulas de Emprendemento, deseñouse diferente material entre a comunidade educativa, tal como cartaces, alfombrillas, carpetas, pegatinas e axendas.

OBRADOIRO " AULA DE EMPRENDEMENTO NO SECTOR DO METAL". CUME24

A pasada semana o noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría e 1º e 2º de de Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, xunto ao profesorado do Departamento de Fabricación Mecánica e o de Instalacións e Mantemento participaron nunha formación da man da empresa CUME 24 especialista no sector do elevación e o transporte vertical tanto de persoas como de mercadoría.

Nesta formación o alumnado e profesorado tivo a oportunidade de coñecer como desenvolver o emprendemento nun sector onde a cuota de merdado, tradicionalmente era dominado por grandes empresas multinacionais, e como na actualidade estase abrindo paso a outras de ámbito autonómico como é o caso de Cume24.

PROGRAMA InnovaTech FP

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional como complemento ao programa das Aulas de Emprendemento

O Fernando Blanco participa nos 10 retos que lanzan empresas punteiras tendo que achegar solucións tecnolóxicas viables ao reto que lles correponda.

O equipo participante está formado por dúas alumnas do CS de Administración e Finanzas e por dous alumnos do CS de Automatización e Robótica Industrial capitaneados pola profesora e vicedirectora do centro.

Hoxe mesmo, venres 1 de decembro, acudiron á presentación do programa no CIFP Universidade Laboral en Culleredo (A Coruña).

OBRADOIRO "A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO". PÍDORAS DIGITALES. AULA DE EMPRENDEMENTO

O pasado luns 27 de novembro, o noso alumando de 1º curso dos Ciclos de Formación Profesional, dentro do programa de Aulas de Empredemento, participaron nun obradoiro titulado “ A Torre máis alta do mundo ” impartido por Píldoras Digitales. O obxectivo desta actividade é o fomento do espírito empredendor, o traballo en equipo,  o traballo cooperativo, a empatía, definición de obxectivos e necesidades, priorización de criterios, capacidade de reacción, mellora... Durante o proceso, o facilitador anotou  os feitos máis decisivos do proceso, que posteriormente foron  motivo de reflexión, para chegar á conclusión de que é importante ter en conta o emprendemento como una boa saída profesional

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO GRUPO JIM SPORTS 

O pasado martes 21 de novembro o a alumnado de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do noso centro, dentro do Programa Aula de Emprendemento, viaxou até Palas de Rei (Lugo) onde visitou as instalacións do Grupo Jim Sports, propiedade Jesús Manuel Graña “Jim” , que en numerosas ocasións foi recoñecido con diferentes premios ao emprendemento e cuxa actividade empresarial principal é a importación, exportación e venta nacional de todo tipo de material deportivo dendo o rural galego.

Moitas grazas a todo o persoal de Jim Sports pola marabillosa acollida.

CHARLA " DO ASOCIACIONISMO AO EMPREDEMENTO SOCIAL". CARLOTA CORZO -LAZZARO.

Dende o programa de Aulas de Emprendemento, este venres 17 de novembro no IES Fernando Blanco tivemos a inmensa fortuna de contar ca presenza de todo un exemplo de empredemento na comunicade galega e que con menos de 30 anos de idade xa forma parte da lista Forbes, Carlota Corzo da empresa Lazzaro quen compartiu co noso alumnado de ciclos a súa experiencia como emprendedora social. Moitas grazas Carlota pola túa xenerosidade. 

VISITA A TECSOLED, S.L.

Dentro do programa Aulas de Emprendemento o noso alumnando de 1º e 2º do Ciclo de Electricidade e Electrónica acompañados polos seus titores visitaron as instalacións da empresa Tecsoled, S.L. en Culleredo ( A Coruña) o pasado venres día 10. Poideron ver in situ todo  un exemplo de emprendemento no sector da súa especialidade. Moitas grazas ao persoal de Tecsoled pola súa acollida.

1º TALLER DE EMPRENDEMENTO

Convidado: ROBERTO PÉREZ MARIJUÁN de SUMA IMPORTANCIA.

O pasado martes 03/10/2023 no Salón de Actos do noso centro IES Fernando Blanco tivo lugar o 1º Taller de Emprendemento dentro do programa de Aulas de Emprendemento dirixido ao noso alumnado de ciclos formativos de Formación Profesional de todas as familias profesionais que se imparten no noso dentro educativo.

Neste Taller, grazas á colaboración do experto Roberto Pérez Marijuán de Suma Importancia,  o alumnado tivo a ocasión de aproximarse á idea do emprendemento, coñecer de primeira man o desenvolvemento dalgúns proxectos de empredemento ben curiosos, as dificultades polas que tiveron que atravesar pero tamén tiveron a ocasión de comprobar que emprender non é tan difícil como parece. 

Finalmente recibiron asesoramento para ideas emprendedoras que en concreto tiña o noso alumnado. 

AULA DE EMPRENDEMENTO

O IES Fernando Blanco ven de ser seleccionado mediante a Resolución do 20 de xullo do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional para participar no programa de Aulas de Emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023 convocado pola Resolución do do 23 de maio de 2023.

(preme na ligazón para ampliar información)

Coñecedores da complexidade, do risco ou  incerteza que pode supoñer optar polo empredemento como unha das saídas profesionais do noso alumnado unha vez acadada a titulación dun Ciclo Formativo, dende o IES Fernando Blanco de Cee pretendemos ofrecer ao noso alumnado e docentes,  diferentes ferramentas para promover esta alternativa profesional de mans de expertos na materia.

Todo isto tradúcese nas nomeadas "Xornadas de Emprendemento” consistentes nunha serie de talleres formativos, obradoiros, charlas de expertos, saídas con visitas a empresas tanto da contorna do noso centro educativo como outras de referencia a nivel autonómico, onde o alumando e profesorado das diferentes  familias profesionais vencelladas ao noso centro educativo poderán obter de expertos dos diferentes sectores e ámbitos produtivos, froito das súas experiencias e coñecementos, diferentes ferramentas  para empredender ou sensibilizar oa alumnado do centro educativo no emprendemento en xeral e as súas versións sociais, sostibles e colaborativas.

Cursos de capacitación dixital no IES Fernando Blanco

Cartel cursos de capacitación dixital no IES Fernando Blanco

FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA AGRANDAR

O IES Fernando Blanco forma parte da Rede de Centros de Capacitación Dixital dependentes da Consellería de Educación. É por isto que ofrece durante o mes de outubro cursos de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos ou colectivos vulnerables. 

As persoas destinatarias non poden estar cursando ningunha outra ensinanza regrada, ESA, bacharelato de adultos, EOI. Si serán candidatas e candidatos as persoas que cursen ensinanzas non regradas ou ensinanzas básicas iniciais.

A duración dos cursos é de 30 horas, serán impartidos os martes, mércores e xoves do mes de outubro, tres horas ao día. Haberá quendas de 16:00 a 19:00h e de 18:30 a 21:30 e serán un máximo de 15 persoas. Os cursos comezarán o vindeiro 3 de outubro. Se hai moita demanda desenvolverase outra quenda que comezará o día 10. Xúntase calendario coa folla de inscrición.

Para máis información chamar ao centro ou consultar no correo electrónico ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Unha vez rematado o curso e cumpridos os obxectivos certificarase que asistiu con aproveitamento ao curso de capacitación dixital cunha duración de 30 horas asociada a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de cualificacións profesionais (IFC748_2).

PRAZO DE INSCRICIÓN OU MATRÍCULA DENDE O MÉRCORES 20 DE SETEMBRO ATA O 2 DE OUTUBRO PARA A  1ª QUENDA OS DOUS HORARIOS, POSIBLEMENTE SE PERMITA SEGUIR MATRICULÁNDOSE ATA O 9 DE OUTUBRO SE HAI DEMANDA.

FOLLETO INFORMATIVO

FOLLA DE INSCRICIÓN CON HORARIOS E QUENDAS

IMPRESO DE MATRÍCULA

Validacións módulos de Ciclos Formativos curso 2023/24

Requisitos e prazos para solicitar validacións

A persoa solicitante presentará a solicitude de validación e a documentación alegada para xustificar a validación daqueles módulos dos que estea matriculada perante a dirección do centro educativo.

1. Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clasesÉ dicir ata o día 6 de outubro

2. Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumnado deberá presentar o anexo V do Real decreto 1085/2020.

O prazo de presentación de solicitudes de validación que resolve o ministerio iníciase o día en que comeza o curso escolar e finaliza o derradeiro día do curso escolar. Só se poderá presentar unha única solicitude de validación por curso académico. Trataránse con preferencia os expedientes presentados dende o inicio do prazo para realizar a matrícula ata a finalización do mes de outubro de cada curso escolar.

Máis información.

Anexo XIV de solicitude

Códigos dos módulos que se solicita validar

A solicitude de validación xunto coa documentación xustificativa, podedes entregala debidamente cuberta na secretaría do centro ou podedes enviala por correo electrónico a: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal, indicando no asunto solicitude de validación.

AULAS DE CADA GRUPO DE ALUMNADO O DÍA 11 DE SETEMBRO

O luns 11 de setembro ás 8:30 o alumnado irá ás aulas indicadas no documento adxunto coas súas titoras ou titores.

GRUPOS-AULAS

Distribuir contido

by Dr. Radut