Skip to Content

AULA DE EMPRENDEMENTO

O IES Fernando Blanco ven de ser seleccionado mediante a Resolución do 20 de xullo do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional para participar no programa de Aulas de Emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023 convocado pola Resolución do do 23 de maio de 2023.

Coñecedores da complexidade, do risco ou  incerteza que pode supoñer optar polo empredemento como unha das saídas profesionais do noso alumnado unha vez acadada a titulación dun Ciclo Formativo, dende o IES Fernando Blanco de Cee pretendemos ofrecer ao noso alumnado e docentes, diferentes ferramentas para promover esta alternativa profesional de mans de expertos na materia.

 Todo isto tradúcese nas nomeadas "Xornadas de Emprendemento” consistentes nunha serie de talleres formativos, obradoiros, charlas de expertos, saídas con visitas a empresas tanto da contorna do noso centro educativo como outras de referencia a nivel autonómico, onde o alumando e profesorado das diferentes  familias profesionais vencelladas ao noso centro educativo poderán obter de expertos dos diferentes sectores e ámbitos produtivos, froito das súas experiencias e coñecementos, diferentes ferramentas  para empredender ou sensibilizar oa alumnado do centro educativo no emprendemento en xeral e as súas versións sociais, sostibles e colaborativas.

 



story | by Dr. Radut