Skip to Content

INFORMACIÓN EDUCACIÓN DE ADULTOS

Lembramos que no IES Fernando Blanco se poden cursar na modalidade de Educación para as persoas adultas, en horario de tarde/noite, de luns a xoves. A matrícula realízase nos primeiros días de setembro, comezando as clases a partir do luns 11 de setembro. 

As ensinanzas que se imparten son:

 
A) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS
 
Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
 
B) EDUCACIÓN SECUNDARIA
 
Destinada a todas as persoas adultas que desexen obter o título de graduado en educación secundariaEstas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen. Así mesmo, se proceden do estranxeiro e teñen estudos sen homologar ou validar, pódese facer unha proba de nivel para asignalo ao curso axeitado.
 
C) CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES
 
Como novidade, xa dende o curso pasado se ofertan tamén ensinanzas para a aprendizaxe de castelán e galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o ano.
 
Non dubidedes en consultar calquera dúbida.



page | by Dr. Radut