![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber
Enviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 16:43![]() |
1.º PREMIO - Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de 1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas. As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto. A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda. Parabéns!!! |
![]() |
1.º ESO - A |
|
1.º ESO- B Análise campañas en instagram (Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...) |
|
|
Vive o momento...sen drogas polo medio
Enviado por admin o Mar, 11/06/2019 - 09:59
Campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas realizada polo alumnado de 4.º ESO e 2.º FPB realizada nas sesións de titoría. O traballo fíxose no marco dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mugardos e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Consistiu no deseño dunha serie de debuxos e mensaxes cos que se trata de concienciar á mocedade dos prexuízos do consumo de alcohol e drogas e, en xeral, da adopción doutras condutas aditivas.
A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.
Promoción Bacharelato 2017-2019
Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 20:04A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
"A volar, patitos" (Telmo dixit)
MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro
Enviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 20:45A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.
Suprime o control: encontro coas familias
Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 11:30O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control". O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.
Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.
A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.
DATA: Mércores, 8 de maio HORA: 18:30 horas LUGAR: Salón de Actos do instituto DESTINATARIOS: Familiares do alumnado |
Exposición Eu son imprescindible
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 16:53Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".
VOTA o teu PiTuit favorito
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/03/2019 - 13:24O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day.
Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas. Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :
https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn
¡¡¡ VOTA!!
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 20:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
Circular sobre o parón 15M "Friday for future"
Enviado por admin o Mér, 13/03/2019 - 21:02Preme na imaxe ou arquivo adxunto
Circular informativa sobre a folga de mulleres do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 28/02/2019 - 22:04Reunión do club de lectura (4.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 19/02/2019 - 18:19Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.
Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 22:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 10:20- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
