Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Carreiras de orientación dixitais pola contorna

DESDE 2 DE NOVEMBRO EN ADIANTE

CARREIRAS DE ORIENTACIÓN DIXITAIS POLA CONTORNA. IES MUGARDOS

Seguimos coa iniciativa de rexistrar as carreiras de orientación que o alumnado, os seus amigos/as e familiares poden facer no seu tempo de lecer facendo un ranking cos mellores tempos ao longo dos anos.

Este é o segundo ano que se fai este proxecto e os rexistros deste curso xa van superando os de o primeiro curso. Nesta iniciativa créanse varias carreiras de orientación dixitais que o alumnado, amizades ou familiares poden percorrer coa aplicación de móbil gratuíta “GPS Orienteering Run”. Ao terminar o percorrido mándase o rexistro á base de datos creada polo profesor e rexístrase o tempo, colocándose de xeito ordenado cos demais rexistros feitos neste ano e no anterior.

A idea de este proxecto é crear unha motivación á familia educativa para intentar superar os tempos marcados en cada carreira de orientación da contorna. Ata o momento existen 10 carreiras permanentes que poden ser percorridas en calquera momento coa idea de ir aumentando a dificultade e as zonas.

Nas seguintes imaxes pódese ollar o código para facer cada carreira e os resultados ata o momento.

Torneo Nadal e panxoliña

22 DE DECEMBRO

TORNEO PROFESORADO VS ALUMNADO E A PANXOLIÑA. O BAILE DE MODA NO PROFESORADO

Unha vez o nadal estaba cerca o profesorado buscou actividades para motivar ao alumnado no derradeiro día lectivo do ano. Por unha parte e a petición do alumnado, creouse un equipo de fútbol de profesores para ir xogando contra o alumnado e por outra creouse un baile viral para representalo co alumnado.

O profesorado de diferentes departamentos propulsou a creación dun baile para expoñelo ao alumnado cun unha coreografía actual que puidera motivar ao alumnado e cun toque propio na letra.

Deste xeito e coa marabillosa creación da letra de Begoña Gómez do departamento de matemáticas comezou a crearse a Panxoliña. No referente ao baile, utilizouse o baile mais viral nas redes sociais que é o utilizado por Mércores Adams da serie de Netflix que tanta fama está a ter.

A combinación de letra, baile e disfraces foi moi orixinal, animando ao alumnado a seguir os pasos dos seus profesores/as. Esta actividade abriu o derradeiro día lectivo do curso.

LETRA DA PANXOLIÑA

  1. Xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(1) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(2) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(2) xa temos aquí o Nadal. (4 tempos)….seg18

(3)Marisquiño e champán, (4 tempos)

(3)vacacións e a troulear, (4 tempos)

(4)hai turróns e polvoróns, (4 tempos)

(4)días de festa + silencio del cantante (4 tempos)

(5)Pasou Samaín + alargar la palabra (4 tempos)

(5)e tamén o Black Friday, (4 tempos)

(5)pasou o mundial… (4 tempos)

(6)xa está, xa está, xa está….aquí o nadal) (10 tempos)

  1. Xa temos aquí o Nadal,

(1) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal.

(3)Tempo para disfrutar… (4 tempos)

(3)algo haberá que estudar. (4 tempos)

(4)Non quero que chegue o día 9 (4 tempos)

(4)Deixádeme sempre en Nadal !!! (4 tempos)

  1. Xa temos aquí o Nadal,

(1) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal.

Para finalizar a mañá, o equipo de profesores comezou xogando contra o equipo de 1º ESO e foi cambiando o enfrontamento contra os demais equipos dos diferentes cursos ata o final da mañá. Non quedou ningún grupo sen poder xogar contra os profes e estes aguantaron todos os partidos grazas a boa participación de todos eles para dar cambios.

Magnífico ambiente no derradeiro día de clase antes do nadal!!

Xornadas de iniciación ao remoergómetro

27 E 28 OUTUBRO MAIS 3 E 4 DE NOVEMBRO

XORNADAS INICIACIÓN AO REMOERGÓMETRO

Durante o 27 e 28 de outubro e 3 e 4 de novembro o Club do Mar de Mugardos veu ao instituto a impartir as xornadas de iniciación ao remoergómetro. O obxectivo desta proposta é acercar o remoergómetro ao alumnado para despois facer un torneo entre centros da zona, espertando no alumnado o gusto polo remo e propoñéndoos participar no club do mar tanto en verán como durante todo o ano.

Despois dunha explicación sobre o remo o alumnado comezo a practicar nas máquinas, tratando de mellorar os seus rexistros e facendo pequenas competicións entre os integrantes da clase. Deste xeito tratouse de traballar a técnica de remada e os relevos.

A participación do alumnado foi magnífica e a mellora no traballo en equipo foi evidente.

Torneos deportivos

EN NOVEMBRO, XANEIRO, MARZO E MAIO

TORNEOS DEPORTIVOS NO TEMPO DE LECER

Dende 1º bacharelato créanse torneos deportivos no tempo de lecer para ofrecelos a todo o alumnado. En grupos elixen o deporte, deseñan o torneo, arbitran e fan a publicidade do mesmo para buscar un aumento da práctica de actividade física do alumnado do IES Mugardos.

Os deportes elixidos neste curso foron bádminton, voleibol, brilé e tenis.

Ao longo do curso os torneos foron celebrándose deixando un mes entre medias para implementar as demais actividades propostas para os recreos (xogos olímpicos, o deporte feminino, novos deportes alternativos, etc).

Destacar a elevada participación do alumnado e do profesorado, creando equipos na maioría de deportes logrando un aumento da motivación do alumnado por ver e xogar contra os seus profesores/as.

BRILÉ

 

VOLEIBOL

TENIS

Xogos Olímpicos no IES. Atletismo mugardés

NOVEMBRO E MARZO

XOGOS OLÍMPICOS NO IES MUGARDOS. O ATLETISMO MUGARDES

Durante este curso 2022/2023 foron creándose torneos baseados no atletismo e buscando atopar un espírito olímpico nas diferentes disciplinas do atletismo.

O alumnado de 4º ESO foi o encargado de deseñar, fomentar, publicitar e dirixir as probas olímpicas durante o curso.

No primeiro trimestre creáronse as probas olímpicas de salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de jabalina, lanzamento de peso e carreira. As marcas de cada alumno/a do centro foron rexistradas pudendo melloralas ao lonxe da semana na que se celebraba a proba. Os gañadores/as recibiron os seus diplomas.

No segundo trimestre a ambientación cambiou, o olimpismo retou a todo o alumnado a superar unhas marcas creadas en diferentes probas de habilidade. Deste xeito, o alumnado tiña que participar en probas de precisión onde os organizadores recollían as marcas dos participantes. As probas feitas foron lanzamentos a canastra, lanzamentos a portería e retos de coordinación.

Destacar a boa participación do alumnado, incluíndo aos centros de primaria da contorna que viñeron as xornadas de remoergómetro e participaron tamén nos xogos olímpicos durante o primeiro trimestre. Do mesmo xeito, agradecer ao profesorado a súa participación nas probas, fundíndose co alumnado nos diferentes retos e aumentando aínda mais a motivación destes.

 

Rutas de senderismo pola contorna

 

  DURANTE TODO O CURSO

 

RUTAS DE SENDEIRISMO POLA CONTORNA

 

Durante este ano e aproveitando os proxectos do Camiño de Santiago e Camiño Inglés buscamos fomentar os estilos de vida saudables utilizando a contorna.

 

Nos diferentes cursos foron realizándose rutas de sendeirismo no exterior intentando dar a coñecer ao alumnado zonas alternativas para camiñar no seu tempo de lecer e aumentar así o seu tempo activo.

 

As rutas utilizadas durante este curso foron:

 

  • A ruta do río do Baño. Consiste en un percorrido con bastante desnivel na zona da urbanización e despois un paseo xunto ao río pola sombra dos árbores. A ruta urbana de Mugardos

  • A ruta urbana de Mugardos. Utilizada co alumnado de 1º bacharelato para facer interval training con momentos de carreira a diferentes intensidades e outros camiñando. Esta ruta foi utilizada con xogos de persecución nos tramos finais para aumentar a motivación do alumnado

  • A ruta ata Chanteiro. Dita ruta utilizouse no derradeiro día de clase para facer unha percorrido co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Comezamos no IES e fomos bordeando a costa ata a praia de Chanteiro. Unha vez alí, o alumnado aproveitou as 2 horas e media para bañarse, xogar ao voleibol, brilé ou fútbol praia. Para volver ao instituto fixemos o mesmo percorrido facendo un total de 14km.

    

 

Recreo activos

DESDE 8 DE SETEMBRO ATA 21 DE XUÑO

RECREOS ACTIVOS E GARDAS ACTIVAS

Durante este curso 2022/2023 aplicouse a estratexia de dotar tanto ao pavillón coma as pistas dianteiras de material deportivo para que o alumnado puidera practicar actividade física no seu tempo de lecer.

Deste xeito, nos recreos o alumnado tiña o pavillón sempre aberto para coller o material deportivo que quixera e poder practicar. Nas pistas dianteiras, o material estaba en conserxería e tiñan que devolvelo ao final dos recreos.

Para aumentar aínda mais a práctica e o acceso a ela, falouse co profesorado para que nos gardas onde o profesorado non puidera asistir a clase o alumnado puidera saír da aula, sempre co profesor/a de garda, e practicar actividade física nas pistas dianteiras e no pavillón.

   

Proxecto Camiño de Santiago

 

DESDE 12 DE SETEMBRO ATA 4 DE XUÑO

PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. 1º BACHARELATO

Neste curso búscase un cambio nos estilos de vida do alumnado de 1º bacharelato. Co cambio de lei e o aumento das horas de Educación Física neste curso trataremos de alcanzar un cambio nos estilos de vida do alumnado a través de un xogo de rol.

Este proxecto preséntase como un xogo onde cada alumno/a ten un avatar que se encontra en Roncesvalles e ten que levalo ata a catedral de Santiago. Para facer isto ten todo o curso, dividendo o camiño en 3 etapas xerais (cada trimestre 1 etapa).

Para mover o seu avatar ten que percorrer quilómetros no seu día a día e rexistralos coa aplicación gratuíta Strava. As actividades permitidas son camiñar, correr e montar en bicicleta (divide os quilómetros entre 2 esta modalidade).

As diferentes etapas reais do Camiño de Santiago aplícanse neste proxecto como obxectivos para ir alcanzando notas. O avatar do alumnado móvese polo camiño real e vai encontrándose cada etapa, so que, as distancias nas que se encontra cada etapa na realidade é alterado por un divisor xa que o camiño real son 750 quilómetros e nos imos percorrer 300. O desbloqueo de cada etapa proporciona ao alumno/a un aumento da nota ata que chega á etapa que limita a 1º etapa xeral (1/3 do camiño total) e consigue a máxima nota do trimestre.

Para comezar o seguinte trimestre o coche escoba recolle ao alumnado que non completou todas as etapas marcadas nese trimestre e colócalo na liña de saída do seguinte trimestre (obviamente non recibe a máxima nota no trimestre anterior, mantén a que logrou).

Existe a idea de mellorar o proxecto coa creación dunha páxina web co Camiño de Santiago marcado coas etapas e información de cada unha delas, movendo o avatar por cada unha cando o alumnado inclúa os quilómetros na súa conta, desbloqueando información dos diferentes lugares. A día de hoxe está estudándose a creación da web e os problemas de privacidade coa aplicación. 

Ciclos Básicos: Agroxardinería e composicións florais

Sabías que a FP ten máis grados que o medio e o superior? Pois si, temos ademáis os ciclos básicos, e os cursos de especialización (másters de FP).

 

Nesta ocasións imos centrarnos nos Ciclos da Formación Profesional FP Básica. Lonxe do que pensa moita xente,  non son unha medida de atención á diversidade, son un itinerario diferente á ESO que permite conseguir: o título da ESO, un título profesional básico, e o nivel básico de riscos laborais. Se as aulas da ESO non se axustan ás túas necesidades, esta pode ser a túa opción. Para cursala, iso si, precisas ser orientada/o polo equipo docente hacia este itinerario. 

Tes unha oferta variada na comarca que poderás atopar neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10228. No noso centro contamos cun ciclo vinculado coa natureza, con alta empregabilidade e con posibilidades de ampliar estudos: podes cursar un ciclo medio, un superior e incluso un grao univesitario (Paisaxismo). Se non queres continuar nesta familia profesional, non tes problema en solicitar praza noutra familias diferente. Como podes ver as ventaxas son moitas!

Déixovos este folletiño coa información mási destacada, espero que sexa do voso interese: 

Copia de FPB ACCESO A CURSO 22-23 de Piensosiento Soy

Presentación para as nosas herbiñas de FP Básica

Lembrade premer nos enlaces para ampliar información.

 

 

Feitos/as para brillar. Presentación 2º Bacharelato

Presentación de 2º Bacharelato incluída na vosa aula virtual xunto cunha chea de novas de orientación académico profesional. Buscade os enlaces que amplían información, hai unha morea deles en toda a presentación.

 

 

Presentación 1º Bacharelato

Ademáis de por aquí, lembra que tes esta presentación e máis información na aula virtual de Titoría de 1º Bacharelato.

As pantallas son interactivas, tes unha chea de información nos enlaces que aparecen en cada pantalla.

 

Presentación 2º ESO

Lembra que as pantallas son interactivas e teñen enlaces que amplían información.

 

 

 

Presentación 3º ESO

Ademáis de na aula virtual, queda na web a presentación de 3º ESO. Lembrade que nas presentacións genially cando aparece unha man na esquina dereita superior significa que hai enlaces que vos levan a máis información.  

 

Presentación 4º ESO

Déixovos por aquí a presentación que tendes dende hai tempo na aula virtual de 4º ESO. Lembrade que nas presentacións genially cando aparece unha man na esquina dereita superior significa que hai enlaces que vos levan a máis información.  

 

Colaboracións intercentros: CPI de Ares, Diego, un piano de pé, e unha rapazada de dez!

  

 E un bo día, Diego, excompañeiro de tecno, profe magnífico e comprometido coa educación e a rapazada, agora profe no CPI de Ares. propón a esta ori vir ao centro para que o alumnado de 4º dea a coñecer o seu piano de pé ao noso alumnado. Como? Música, presentación de alumnado de 4º no IES, dar protagonismo ao alumnado que no tempo libre realiza proxectos, colaborar cun excompi? Claro que tiñamos que dicir que siiiii!!. E así foi como a música chegou á aula de Tecnoloxía, e o alumnado de 1º ESO coñeceu o proxecto dos compis de Ares e puido desfrutar dun miniconcerto. 

Imaxinades como rematou a cousa, verdade? Con aplausos a moreas! 

Por máis colaboracións intercentros, contade con nós!

 

FPB + INFANTIL + PRIMARIA= UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA

 
A rolos, así acabou o noso alumnado do ciclo básico de Agroxardinería e composicións florais nas actividades co alumnado máis pequeniño do CEIP Unión Mugardesa e CEIP Santiago Apóstolo. Nestas sesións de convivencia e intercentros, o noso alumnado contou un conto sobre natureza aos/ás máis peques, e logo axudou a prantar aromáticas e sementes de cabaza e chícharos.
Os nosos alumnos e alumnas riron, abrazáronse, ataron zapatos, interviron nos pequenos conflitos, foron invitados ao parque polos pequenos, e acabaron a rolos xogando polo chan. Custounos marchar...pero reconfórtanos saber que o ano que ven as pequenas e pequenos escribiránnos para facernos peticións ou resolver dúbidas dos seus xardíns.
Grazas a Miguel e a Eva, oris que argallaron esta actividade xunto con esta que escribe, a Mario, supertitor do CFPB e a tódalas marabillosas profas de infantil e primaria que tan ben nos recibiron. GRAZAS!

QUE PASA? PASA ALGO? CONDUTAS ADITIVAS

Pasa algo
 En maio contamos nas aulas de 4° ESO e FPB con Raquel de ASFEDRO. Con ela rompimos tópicos e mitos sobre consumos, coñecimos como funciona o noso cerebro así como o sistema de recompensas cando temos unha adición. Tamén coñecimos curiosidades sobre o funcionamento do noso corpo cando consume, e que consecuencias trae o consumo dalgunhas sustancias.
Lembrade o número máxico dos 20 anos. Consumir antes dos 20 anos traerá consecuencias moitísimo máis graves que facelo despois. Por que? Porque o noso cerebro e os nosos órganos estan acabando de formarse. Por favor, coidádevos de sustancias que facilmente profucen adición, tamén do café (non mais de tres tacitas pequenas), do azucre e dos excitantes das bebidas. Máis de tres horas diarias do móbil trae consecuencias nas relacións, no rendemento, na vida. Os videoxogos deixan de ser un xogo se nos afastan de rutinas saudables, da familia, dos amigos, dos estudos. Se precisas axuda, estamos para axudarte.
Grazas ao Concello de Fene e Mugardos e a ASFEDRO por estas sesións!

FP Dual Xardinaría e Floraría

 

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2022-2023)

 

 

Sobres de matrícula

                                             

 

Oferta FP curso 23-24

 

Por fin temos a oferta do próximo curso. Lembra seleccionar cinco opcións. O luns  26 de xuño comeza o prazo de inscrición. Se precisas axuda, confirma por correo a túa asistencia para que poidas ter un ordenador dispoñible.Teremos dous turnos: 10 e 12 da mañá. 

Documentación que precisas traer escaneada:

-DOI 

-certificado académico escaneado

-certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendemento, se é o caso.

https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Circular Fin de curso, 2023

       

Buscas aloxamento?

Nesta entrada atoparás información útil sobre aloxamentos  tanto se inicias estudos universitarios como se cursas estudos de FP ou ensinanzas artísticas. 

Admisión en Ciclos de FP de Réxime ordinario

 

LEMBRA:

-Consulta a oferta de Ciclos (a Consellería está a piques de actualízala): http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp. 

-Escolle 5 opcións por preferencia, podes incluir un ciclo en diferentes lugares ou ciclos diferentes,  combina como queiras pero de forma ordenada.

-Ten preparada a documentación. Debes ter escaneado: DNI, certificado de estudos, certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendimento se é o caso.

-Imprime a folla de solicitude, e o xustificante de ter feito a inscrición. Fíxate ben se a inscrición confirma que xa estás inscrito/a ou indica que tes que entregar documentación. No caso de que se solicite entregar documentación, debes facelo no centro que indicaches na aplicación (pode ser o noso centro) antes de que remate o prazo. Se non o fas, non terías a inscrición completada.

-Crea alarmas no teu móbil das datas importantes: comprobación de que apareces nos listados de solicitude de praza, reclamación, as tres adxudicacións (dúas en Xulio é unha en setembro), matrícula de cada adxudicación.

-Na matrícula terás que pagar seguro escolar. Se fas a matrícula online terás que entregar o resgardo bancario do pago e a copia de matrícula xunto con fotos na primeira semana de clase no teu centro. Podes facelo online.

-Despois de cada adxudicación, ábrese prazo de matrícula directa (sen necesidade de inscrición) nos ciclos nos que non hai lista de espera. Se tes poucas posibilidades de conseguir praza, aquí tes nova oportunidade.

-Se a adxudicación do ciclo non che convence tes a posibilidade de renunciar. A renuncia implica renunciar ao ciclo adxudicado e aos que che adxudicaron en postos inferiores.Renunciar te permite optar á posibilidade de conseguir praza nun ciclo de maior preferencia ao que che adxudicaron, pero ollo, ninguén te asegura praza. Poderás consultar a orde na que te encontras nas listas de agarda e o que pediron as persoas que están diante de ti.

 -Para asegurar os teus datos persoais, non se publicarán nomes, a consulta será por códigos persoais. Debes conseguir o teu seguindo as Instrucións que che puxen máis arriba.

 

SE PRECISAS AXUDA, o luns 26 axudarei a facer a inscrición a quen o solicite. Iniciamos unha sesión grupal ás 10.0 na aula de informática, e outra ás 12.00. Debes reservar o teu posto por correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal.

Reclamación ABAU

  • Prazo: Do 16 ao 20 de xuño (ata as 14:00 h.)

  •  Solicitude de revisión en Nerta.

  •  Lembrade que a revisión pode levar a baixada de nota se se detecta erro.

Actividade no Club do Mar

Este xoves 8 e venres 9 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO baixou ao peirao de Mugardos para realizar a última fase de achegamento ao remo co Club do Mar. Durante varias horas o alumnado foi realizando actividades de preparación de barcos e percorridos remando pola ría. Ao finalizar estas actividades non faltou o baño conxunto para ir preparándose para o verán.

Un pracer poder colaborar co Club do Mar de Mugardos e moi agradecidos pola súa axuda

Inscrición e matrícula no Sistema Universitario Galego (SUG)

Por aquí vos deixo as instrucións da CIUG para realizar a inscrición nos Graos Universitarios Galegos e as prazas dispoñibles. Lembrade que a inscrición se realiza no NERTA e a matrícula nas webs de cada universidade galega. Pegade un repaso á presentación de 2º Bach.

  1. UDC: https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/Login.asp
  2. USC: https://www.usc.gal/es/admision/grados/matricula
  3. UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=portalAcademico
  • Calendario de matrícula (se che adxudicaron praza)

.C

 

Parámetros ponderación 23-24

A CIUG publicou os novos parámetros 23-24 no mes de maio. Lembrade que tamén os tendes na aula virtual.

https://www.ciug.gal/PDF/ACCESO2023/ponderacions_2023_24.pdf

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido