Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 21/22

Publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 21 de maio e remata o día 22 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo.
  • Alumnado que repita 4º de ESO: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.

Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de administración (mañás de 09:00 a 13:30 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlaces:

Día da ciencia da rúa ao teatro 2021

O pasado sábado 8 de maio de 2021 tivo lugar o Día da Ciencia na rúa que pasou ao teatro este ano 2021.

O noso alumnado participou cun impresionante proxecto "Leds a escena", traxes con luces led programadas con arduino, que brilaron nun baile con moita ciencia.

Noraboa polo gran traballo.

Olimpiada matemática 2021

O alumno Nicolás Iván Seoane Fraguío de 2º ESO B participou na fase local da Olimpiada matemática 2021 e clasificouse para a fase autonómica do vindeiro 20 de maio en Lugo.

Noraboa e moita sorte na seguinte fase.

Curso de mediación escolar en colaboración coa asociación Atalaia Social dentro do contrato programa Eduemociona

Os luns do mes de maio, un grupo de alumnos/as e o Departamento  de Orientación, de  14:30 a 16:30 traballamos e melloramos a nosa competencia socioemocional.

O propósito é formar ao alumnado interesado/a e comprometido/a coa boa convivencia escolar, nas habilidades necesarias para regular e conducir o proceso de comunicación e búsqueda pacífica de solucións entre as partes implicadas, empregando o diálogo como ferramenta esencial.

Para o desenvolvemento deste programa solicitamos a axuda da asociación Atalaia Social , subvencionada a través dun Contrato Programa “Eduemociona”, que se encargará da formación específica dos/as futuros/as mediadores/as escolares.

 

Procedemento de matrícula ABAU Xuño 2021

No seguinte enlace achégase un resumo das instrucións e documentación a entregar para a matrícula ordinaria nas ABAU 2021.

Achégase tamén as instrucións completas da CIUG para a matrícula das ABAU 2021.

Impreso de matrícula.

Taxas ABAU.

Resgardo taxas título bacharelato.

Instruccións aboamento taxas ABAU de forma telemática

Distribuir contido


by Dr. Radut