Skip to Content

Actividades do Departamento de Educación Física: Rafting e Roteiro Camiño inglés

O martes 30 de novembro e o venres 03 de decembro tiveron lugar sendas actividade do departamento de Educación Física: Roteiro polo Camiño Inglés por Cambre co alumnado de 2º ESO e Rafting polo río Ulla para alumnado de 1º de Bacharelato. Pola gran participación e as expresións faciais, as actividades foron todo un éxito.

Visita arquitectónica á Cidade da Cultura e á exposición Galicia Futura.

O alumnado de 1º bacharelato de Debuxo Artístico, Debuxo Técnico, Tecnoloxía e Economía1 puido desfrutar esta mañá do 01 de decembro dunha xornada completa na Cidade da Cultura de Santiago, cunha visita arquitectónica e visita á exposición de Galicia Futura. Quedaron moi satisfeitos desta nova aprendizaxe.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Dende a nosa biblioteca sumámonos á importante data de hoxe, 25 de novembro, e achegamos unha presentación para invitarvos a ler libros que nos axuden a superar esta lacra.  Contra a violencia machista, lectura, educación, imnformación, cultura.

Estreno de Global Science Opera

O noso centro representará á delegación española no estreno da Ópera Global Science Opera @scienceoperaglobal #globalscienceopera    Retransmitirase en directo o 20 novembro de 2021 ás 2 pm hora CET en YouTube. Poderemos atopar o link en https://globalscienceopera.com/productions/thrive-2021/

Encontro literario: Antía Yáñez

 O próximo 18 de novembro visitará o noso centro a escritora Antía Yáñez para atoparse cos seus lectores, os alumnos de 2º da ESO que leron O misterio de PortomarínO misterio do torque de Burela

Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre...No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquistaBe Water foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

 

Procedemento da distribución de máscaras para o alumnado

A orde do 28 de outubro de 2021 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado  en centros docentes públicos dependentes da consellería no curso 2021/2022 (DOG nº 218 do 12/11/2021)

IMPORTANTE:  O alumando beneficiario de axuda de material escolar non ten que presentar solicitude. Para o resto de alumnado que cumpla os requisitos, o prazo remata o 26 de novembro.

Poden consultar a orde aquí: Orde que regula o reparto de máscaras entre o alumnado.

Adxuntamos un resumo da solicitude das máscaras. RESUMO

CLUB DE LECTURA AVELAÍÑA

Xa temos en marcha os clubs de lectura previstos ao comezo o curso, aínda que se poden formar máis.  Neste arquivo podedes ver os libros que estamos lendo en cada grupo de alumnado (organizados por cursos) e no grupo de profes.  Sempre estades a tempo de incorporarvos a algún deles.

Animádevos.

Feliz e proveitosa lectura!

Estrelas con chocolate o pasado luns 08 de novembro

O luns 8 de novembro o alumnado de 1º ESO participou da actividade Estrelas con chocolate. En primeiro lugar, desfrutamos da charla do eminente astrofísico Borja Tosar, que nos fixo unha predicción meteorolóxica de todo o Sistema Solar. A activa participación do alumnado, foi premiada cun quentiño chocolate con biscoito, da man de Aurora e Manolo da nosa cafetaría. Posteriormente, xa con noite pecha, saímos a observar o ceo de Cambre, acompañados da colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que aportaron os seus telescopios e o seu gran saber, e que lles estamos moi agradecidos. Foi unha tardiña moi proveitosa e gratificante.

O pasado venres 29 de outubro celebramos o Magosto

Un ano máis, o pasado venres 29 de outubro celebramos O Magosto.
O alumnado de 4º ESO fixo un grande traballo dirixindo os xogos tradicionais nos que participaron o resto dos alumnos. Colaborou a ANPA convidando a toda comunidade escolar a castañas e temos que agradecer tamén a colaboración do Concello e da asociación de Chave de Cambre.
Unha xornada de convivencia e celebración coordinada polo Departamento de Educación física e a vicedirección.
Distribuir contido


by Dr. Radut