Skip to Content

Encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC coa asociación Aspace.

Hoxe, na clase de Cultura científica, tivo lugar un encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC.  

O proxecto trata de fomentar vocacións TIC entre o alumnado e as dificultades das persoas con discapacidade.

Casos Covid. Información para as familias

Ante a aparición de novos casos confirmados de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos dos casos rexistrados.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias afectadas e as consideradas contacto estreito, para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Novo aviso sobre o reparto de máscaras

Entre hoxe, martes 19 de xaneiro, e mañá, mércores 20, repartiranse ao alumnado beneficiario as máscaras lavables e reutilizables correspondentes ao programa de Axuda da Consellería de Educación. Corresponden 4 máscaras de 50 lavados para cada alumno beneficiario.

Horarios das liñas de transporte público do concello, co horario adaptado para uso do alumnado do centro.

Nos arquivos adxuntos, figuran os horarios das liñas de transporte público que poden ser utilizadas polo alumnado do IES David Buján tanto para ir ao instituto como para regresar aos seus domicilios. Aparece resaltado en cores o horario do bus (ida e regreso) que mellor se axusta ao horario lectivo do centro.

Liña Entrexardíns (A Coruña) - Os Campóns (Cambre)

Liña Universidade Laboral - Os Campóns - Carral - Tabeaio

Representando o IES David Buján na nova edición virtual de Galiciencia

O pasado venres 11, o alumnado do Proxecto europeo "Being a biomaker", de 1º de bacharelato, presentando o seu proxecto "Biomakers en la escuela" nesta nova edición virtual de Galiciencia. Con este proxecto obtiveron o premio da categoría especial "La innovación del futuro". NORABOA CHIC@S!!

O alumnado do StemBac (2º bacharelato) na Maker Faire Galicia.

O alumnado do StemBac participando de forma virtual na Maker Faire Galica co seu proxecto "Estación para o control de augas de ríos".
O seu proxecto, ten como obxetivo principal, a creación dunha sonda de baixo coste con diferentes sensores que permitan realizar investigacións relacionadas coa calidade das augas dos ríos, e foi galardonado co 3º PREMIO na modalidade de divulgación científica.

Noraboa por ese gran traballo, e o esforzo e ilusión entregada!

Distribuir contido


by Dr. Radut