Ante a noticia publicada na prensa dun caso confirmado de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos, tanto para este caso como para calquer outro que xurda no futuro.
O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias que puideran estar afectadas para indicar o procedemento a seguir.
No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.
Indicar que os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade de posibles afectados e garantir o seu anonimato segundo establece a Lei de Protección de Datos.