Novas e actividades
Faladoiro e exposición do proxecto "Músicas galegas ilustradas", de Laura Romero
A ilustradora e música Laura Romero visitará a nosa EOI para explicar os obxectivos dos seus proxectos "Músicas galegas ilustradas" e #MÁISMULLERESNOSESCENARIOS!
Ademais, inaugurarase unha exposición de vinte láminas, mostra do seu traballo.
Convocatoria Celga 2023
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a segunda convocatoria de realización das probas dos certificados de coñecemento da lingua galega CELGA 1, 2, 3 e 4 para o ano 2023. Máis información aquí.
Obradoiro de regueifa con Alba María
A data do obradoiro de Alba María adíase ao martes 22 de novembro.
Incorporación de galego á oferta educativa
A Escola Oficial de Idiomas incorpora o galego na súa oferta educativa desde o próximo curso 2022-2023.
Cursos de linguaxe administrativa galega
Aconsellamos revisar a oferta educativa unha vez publicada.
