Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os CELGA

A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuito, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA.

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
  • Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.
  • O prazo de presentación de solicitudes, o procedemnto e demáis detalles, inclúense na resolución da convocatoria.

Pode consultar, a modo de orientación, a convocatoria do curso pasado na seguinte ligazón (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0598-030821-0001_gl.pdf)