Fin de curso 2019-2020

Actualizado 10/06/2020

Lembre:

  • Vexa as Instrucións fin de curso 2019-2020.
  • Consulte as preguntas e respostas máis frecuentes neste documento. (actualizado 01/06/2020)
  • Os novos calendarios de probas de certificación estableceranse para cando as circunstancias sanitarias permitan a súa celebración. Non se realizarán probas en ningún caso antes do mes de setembro.
  • A renuncia á matrícula para o alumnado oficial ten características especiais este curso. Poderá presentala no rexistro do centro ata o 30 de xuño. Descargar impreso modelo de renuncia.
  • Avisaremos das novidades nesta web e mediante CentrosNet. Se aínda non o fixo, considere instalar a app de CentrosNet.
  • Atendemos:
    • de luns a venres, de 9:00 a 14:00 no teléfono habitual: 986 566 440.
    • no correo electrónico eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal
    • solicite cita previa se precisa acudir ao centro.

Consulte a información actualizada na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cursos de promoción:

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou as Instrucións do 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019-2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nas que se recollen as medidas que se han de aplicar tamén nas EOI de cara á fin do curso 2019-2020.

Esta instrucción dispón a adaptación das programacións didácticas dos departamentos. Pode consultalas a continuación:

As cualificacións publicaranse o 25 de xuño en CentrosNet.

O alumnado que sexa cualificado como apto e non desexe promocionar poderá formular renuncia á promoción ata o 30 de xuño. Descargue o modelo de renuncia á promoción. Deberá envialo ao enderezo eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal, entregalo na secretaría do centro ou remitilo por correo certificado

Cursos de niveis de certificación A2, B1, B2, C1, C2.

As Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se adoptan medidas para a finalización do curso 2019-2020 nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, do 22 de maio, recolle una serie de modificacións aplicables tanto a cursos de promoción como de certificación. Vexa os detalles neste documento.

  • Os novos calendarios de probas de certificación estableceranse para cando as circunstancias sanitarias permitan a súa celebración. Non se realizarán probas en ningún caso antes do mes de setembro.
  • O alumnado que non poida realizar as probas nas novas datas que se establezan poderá renunciar á matrícula, se así o desexa, e solicitar a devolución das taxas aboadas. Esta renuncia poderase formalizar ata quince días antes da data que se estableza para o inicio das probas.