Curso 2023-2024: Preinscrición

Importante: a matrícula con preinscrición consta de catro pasos:

Asegúrese de completar todos os pasos para que a súa matrícula sexa válida.

  • Prazo de preinscrición: do 26 de xuño ao 09 de xullo.
  • Prazo de matrícula: do 11 ao 21 de xullo ás 12:00 do mediodía.

Teñen que preinscribirse as persoas que:

  • realizan unha proba de clasificación, se desexan matricularse.
  • contan con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver accesos directos).
  • desexan incorporarse ao réxime presencial despois de superar as probas libres.
  • proceden de traslado de matrícula doutra EOI.
  • son antigo alumnado que non estivo matriculado no curso 2022-2023.
  • renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2022-2023.

NON teñen que facer preinscrición:

  • O alumnado oficial matriculado no curso 2022-2023, aínda que se presentara ás probas libres do mesmo idioma.
  • O alumnado de That's English! que desexe pasar a ensino presencial: debe contactar coa secretaría do centro para poder facilitarlle acceso á aplicación.
Tamén pode consultar a normativa: Procedemento de preinscrición en liña.

Para acceder á aplicación de preinscrición unificada para todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia prema na seguinte ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta Estará dispoñible unha vez abra o prazo.

A obtención de número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 10 de xullo ás 10.00 horas, na EOI de Ferrol. O día 11 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Unha vez publicadas as listaxes de admitidos o alumnado preinscrito deberá confirmar a matrícula en liña.