Actividades e novas

Historias do 25N: A violencia de xénero non é conto ningún!

Para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, xunto coa actividade de centro de Exposición de carteis, o Equipo de Dinamización Lingüística convídate participar no concurso: Historias do 25N.

25N

Consulta as bases premendo aquí.

Autoras na biblioteca da EOI: Montse Fajardo

Co gallo da celebración do Día da Muller, a biblioteca da EOI de Vilagarcía de Arousa acollerá á escritora e xornalista galega Montse Fajardo o día 13 de marzo ás 19.00h nun encontro, Homenaxe ás Mulleres, que pretende conmemorar o labor de todas as mulleres. A través da obra da xornalista o público coñécerá testemuñas e historias de mulleres diferentes e tamén está convidado a participar nesta charla-coloquio.

Contos de medo na E.O.I.!

Aquí podedes ler os contos ganadores de Samaween, o concurso de contos de medo. Moitísimas grazas por participar e parabéns a todas e todos, os contos foron moi ben redactados e moi entretidos!!

Hecho con Padlet

 

Concurso fotográfico

Anmádevos a participar no concurso fotográfico!! Atopades as bases no ficheiro adxunto.

 

Mes das escritoras

Suxerímosvos a lectura dunha das maiores poetisas galegas actuais, Chus Pato, dunha apaixoante novela de Teresa Moure, e da inesquecible Rosalía de Castro

 

 

 

 

 

 POLIVOX

Polivox, un vídeo do ENDL da EOI de Vilagarcía

Durante os meses de marzo e abril de 2016, foron organizados na escola 6 grupos de discusión gravados en vídeo nas cinco linguas que se estudan no centro. O tema e punto de partida foi sempre o mesmo, a relación que temos coas linguas oficiais do país. Despois a conversa fluíu para varias outras cuestións asociadas a elas. Finalmente, organizamos os temas fundamentais de que se falou, tentando incluír todos os puntos de vista. O resultado é Polivox e para velo non necesitas entender as cinco linguas, só saber ler en galego.

 

Apresentación do libro Adiado

Hai persoas que escriben. Escriben por necesidade, por vontade, por diversión, por perversión... Os motivos son moi variados. Esas persoas son xente como nós, viven connosco, estudan connosco. E a maioría de nós temos o hábito de ler (por necesidade, vontade, diversión e/ou perversión).

Porque non hai escrita sen leitores, a ENDL da EOI de Vilagarcía quere promover un encontro entre que escribe e quen le. Será a sexta/venres 22 de xaneiro ás 20h30 na Biblioteca da Escola, e o obxectivo é apresentar o libro Adiado, de Susana Antón Mandayo (Ed. El Taller del Poeta). A autora estuda portugués nesta escola e, ademais dela, parcipará no acto Elena Rivas Cao, tamén alumna do centro. Contaremos co acompañamento musical da clarinetista Alba Ermida Area.

 

Os Cantos Tradicionais de Nadal, Ano Novo e Reis

As festas de nadal, que chegan até os reis, están tradicionalmente asociadas á música e, en especial, á música cantada. As rúas de cidades e vilas, os centros comerciais e as tendas, os nosos encontros con familia e amigos, teñen banda sonora nestas datas. Á forza de as ouvirmos constantemente, acabamos por pensar que cancións como Jingle Bells ou Carol of the Drum (nas súas versións inglesa ou en español) son cancións tradicionais, aínda que a súa difusión masiva se deba á expansión da TV e da radio a partir de 1960. É curioso tamén que as versións galegas desas cancións ou non existan ou non sexan coñecidas.

Máis curioso aínda é que a maior parte d@s galeg@s teñamos bastante dificuldade en cantar algunha canción de nadal no noso idioma, e non por causa da nosa falta de habilidade. A próxima quinta 17, a partir das 18h30 vamos coñecer algúns dos cantos que compoñen a tradición musical anterior a 1960. Será na sala de actos coa axuda de Ramón Pinheiro, de aCentral Folque, e Guillerme Ignacio, do grupo Quempallou. A sesión terá unha introdución a estas músicas tradicionais e, por descontado, unha parte musical.

Quico Cadaval na Escola

O programa de actividades da ENDL da EOI de Vilagarcía terá un dos seus momentos altos (até agora non tivo ningún baixo) na próxima quinta, 3 de decembro, ás 20h00 na sala de actos.

Será coa visita de Quico Cadaval. Sendo un nome fundamental na historia do teatro contemporáneo galego, poderíamoslle pedir que viñese falar desa experiencia, ou da súa faceta máis pop como profesor de interpretación na Operação Triunfo, mais queremos somente que durante unha hora e tal faga outra cousa que fai como ninguén: contar historias.

(A organización do evento solicita do público que desculpe o pormenor, completamente casual, de o convidado ser natural de Ribeira.)

Distribuir contido