Quico Cadaval na Escola

O programa de actividades da ENDL da EOI de Vilagarcía terá un dos seus momentos altos (até agora non tivo ningún baixo) na próxima quinta, 3 de decembro, ás 20h00 na sala de actos.

Será coa visita de Quico Cadaval. Sendo un nome fundamental na historia do teatro contemporáneo galego, poderíamoslle pedir que viñese falar desa experiencia, ou da súa faceta máis pop como profesor de interpretación na Operação Triunfo, mais queremos somente que durante unha hora e tal faga outra cousa que fai como ninguén: contar historias.

(A organización do evento solicita do público que desculpe o pormenor, completamente casual, de o convidado ser natural de Ribeira.)