Polivox, un vídeo do ENDL da EOI de Vilagarcía

Durante os meses de marzo e abril de 2016, foron organizados na escola 6 grupos de discusión gravados en vídeo nas cinco linguas que se estudan no centro. O tema e punto de partida foi sempre o mesmo, a relación que temos coas linguas oficiais do país. Despois a conversa fluíu para varias outras cuestións asociadas a elas. Finalmente, organizamos os temas fundamentais de que se falou, tentando incluír todos os puntos de vista. O resultado é Polivox e para velo non necesitas entender as cinco linguas, só saber ler en galego.