Actividades culturais

German for English speakers

German for English speakersSabías que o alemán e o inglés amosan non poucas coincidencias estructurais e léxicas debido á súa orixe común? Queres saber canto alemán sabes tan só polo feito de falar inglés?

Aínda que hoxe en día as dúas linguas non permitan unha intercomprensión práctica entre elas, á hora de aprender alemán, os teus coñecementos de inglés poden ser de gran axuda para comprender fenómenos gramaticais e aforrar tempo en aprender vocabulario. Anímate a activar o alemán que xa hai en ti!

Luns 19 de setembro 2022 ás 19:30 no Salón de actos.

Lúa Mosquetera e Wilma Vieira, vencedoras do aRi[t]mar na categoría de poesía

O público de aRi[t]mar aposta por dúas voces femininas, novas e modernas

Compromiso, renovación e ruptura son tres palabras que califican con precisión a obra de Lúa Mosquetera. A autora, orixinaria da coruñesa vila de Miño, abandona os tropos máis recurrentes da poesía por unha, a súa, sempre recitada sobre música (se pode ser en directo), e coa defensa dunha lírica separada do elitismo. “Anorak de pel de caribú”, a poesía gañadora do premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, formou parte da antoloxía “15 voces da nova poesía galega” e será publicada nun poemario da autora, neste 2022, pola Editorial Galaxia.

Día das Letras Galegas

17 de maio: festexemos a lingua e cultura que nos unen! #DiaDasLetrasGalegas

#Entrevistas20AnosEOI

Matilde é a actual xefa da sección de Ordes, onde tamén é profe de inglés.  Hoxe protagoniza o primeiro #Entrevistas20AnosEOI da semana! #20AniversarioEOISantiago

#20Anos7linguas

GALEGO

E, por fin, chegamos á última das linguas ás que lles quixemos dar un recoñecemento nestes #20Anos7Idiomas. Non podía ser doutro xeito, hoxe toca falar da nosa lingua, o #galego.
 
Como sabedes, o galego ten o seu predecesor no galego-portugués, motivo polo cal o noso idioma e o dos nosos veciños lusos teñen fitos en común. Un deles é o Pacto de Irmãos. Datado entre 1173 e 1175, é o texto coñecido máis antigo escrito en galego-portugués.
 
Para atopar un documento parello en Galicia, témonos que ir ao Foro do Burgo de Castro Caldelas, que data de 1228. Nesta Idade Media, o galego tivo grande importancia no terreo da lírica. No século XIII destacaron as figuras dos trobadores Mendinho e Martín Codax.
 

Exposición 20 aniversario

 

Nos corredores do 1º e do 2º andar podes visitar a exposición que fai un percorrido, en 20 paneis, polos 20 anos de existencia do noso centro. Neles destácanse as principais novidades da organización académica que foron incorporándose ano tras ano, así como os proxectos europeos e as actividades culturais e de dinamización lingüística organizados ao longo de todo este período. A exposición permanecerá pendurada até o día 30 de xuño deste ano.

III Concorso di microracconti

MicroraccontiDopo la tempesta. In occasione della Settimana del Libro a Scuola, vi invitiamo a partecipare al III CONCORSO DI MICRORACCONTI organizzato dal nostro dipartimento.

Inviate i vostri racconti su actividades.italiano@eoisantiago.org entro il 13 maggio e prima della fine dell'anno accademico ne conoscerete i risultati.

Grazie di cuore da tutto il dipartimento e buon fine anno!!

O ciclo da auga

O ciclo da augaPaseo guiado pola historiadora Encarna Otero arredor do traballo das mulleres nos lavadoiros e nas fontes de Compostela.

Unha maneira fantástica de coñecer os oficios tradicionais, lugares con historia e o noso patrimonio!

Xoves, 5 de maio de 2022, ás 16.30 h. Punto de encontro: a entrada da Escola Oficial de Idiomas.

Para apuntarse hai que cubrir este formulario: https://forms.gle/QUTT87SzzPJVjnto6

Concurso de fotografía e texto “Retratando o espazo público”

Estes son os traballos gañadores do concurso. Parabéns ao alumnado gañador e a todos os participantes!  

Preme na imaxe para acceder aos traballos de todos os idiomas.

Ganadores concurso

Distribuir contido