A musicóloga e doutora en cinema, Celia Martínez García reside en Berlín e é membro do programa educativo da ,,Deutsche Kinemathek". Desenvolve actividades culturais, formativas e pedagóxicas, así como visitas guiadas no Museo para o Cinema e a TV de Berlín.
Nesta videoconferencia falaranos da Alemaña do século XX a través do cinema alemán, presentando e analizando diferentes películas. A videoconferencia darase en castelán e todo o alumnado e profesorado do centro é benvido.
Para participar, reserva a túa praza no Salón de actos ou pide a ligazón para conectarte dende a casa no enderezo de correo electrónico iwuenschmann@eoisantiago.org.
Juli Zehs Roman „Corpus Delicti”
Am Mittowch, den 17. Februar 2021
AB 18:00 Online-Treffen unter Webex.
Por que moitos alemáns orientais aínda se senten como cidadáns de segunda clase hoxe en día? Por que cren que a reunificación alemá non foi exitosa? Gustaríanos falar destas e outras cuestións nunha conferencia. Convidamos cordialmente a todos os estudantes e profesores. A conferencia darase en galego e alemán.
Relatores: Ina Wünschmann, Fran Pose e David Álvarez, profesores do centro.
Data e lugar: Xoves, 28 de novembro de 2019, ás 18.30h no Salón de Actos (Vite).
Hai 30 anos, o 9 de novembro de 1989, caeu o Muro de Berlín.
O Departamento de Alemán ten o pracer de convidar todo o alumnado a visitar a nosa exposición sobre esas décadas emocionantes e dramáticas da división e a reunificación de Alemaña na EOI de Santiago (Ver tríptico).
A exposición consta de dúas partes na planta baixa e no primeiro andar. Na primeira parte pódese atopar información sobre a división de Alemaña, a vida co muro e os aspectos culturais e políticos en Berlín Oeste e Berlín Leste amais da República Democrática Alemá. Os textos preséntanse en alemán e inglés [Versión en galego: realizada polo alumnado da materia Tradución Especializada para os Servizos Culturais Alemán-Galego, 4º curso do grao en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo), titorizada pola docente Patricia Buján Otero].
Vota polos tres ovos máis bonitos!
Despois da elaboración de ovos de Pascua de forma tradicional, como se fai en países de fala alemana, por parte do alumnado do departamento de alemán, estes agora expóñense na zona da entrada da escola. Todos os alumnos da escola poden votar os tres ovos que mais lle gustan.
Do 4 ao 12 de abril do 2019 na entrada da escola, o día 12 publicaranse os/as gañadores/as.
Lectura dalgúns fragmentos do libro Du weißt nie, wohin das Leben dich führt (Nunca sabes onde te leva a vida) e posterior charla co autor do libro, Michael Martink.
Mércores, 27 febreiro 2019, ás 18:00 horas (Aula: Laboratorio)
Xoves, 28 febreiro 2019, ás 19:30 horas (Aula: Salón de actos )
Queres coñecer Berlin? Vente a sesión informativa o día 6 de febreiro de 2019 na aula 2 ás 18.30 horas.
Möchtest du Berlin kennenlernen?
Dann komm zur Informationsveranstaltung am 6.Februar um 18:30uhr in aula 2.
Literarisches Treffen. Analyse und Meinungsaustausch zum Buch des schweizer Autors Patrick Süskind.
Mittwoch, 16. Mai 2018, um 19:00 Uhr in Raum 6.