Asistencia e avaliación

Información sobre avaliación e exames e guías para persoas candidatas

ExameInformación sobre avaliación curso 2018/19

Consulte a información sobre a avaliación e características das probas de promoción e certificación dos diferentes cursos e niveis premendo nesta ligazón

Probas escritas

O calendario final de probas elaborarao o centro unha vez a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas Especiais publique as datas oficiais das Probas de Certificación.  As datas das probas son inamovibles.

Probas de expresión oral

O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente, e poderá celebrarse con anterioridade ou posterioridade á proba escrita. O feito de que haxa máis dun día para a realización de ditas probas non implica que o alumnado poida elixir o día e hora na que se vaia presentar. Polo tanto, todo alumno/a deberá consultar as convocatorias oficiais das probas de expresión oral.

Modelos de probas

Nesta ligazón pode acceder a modelos de probas de certificación das EOI de Galicia.

Información sobre a asistencia

ListaO alumnado oficial presencial non poderá superar un número de faltas sen xustificar superior ao 20% das horas totais do curso. De facelo, nos cursos A1, B1.1, B2.1 e C1.1 perderá o dereito á que se teña en conta a cualificación da proba de progreso.

O alumnado que non se incorpore ao curso nos primeiros 10 días lectivos sen xustificación documentada perderá a condición de alumno oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza.

Distribuir contido