Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Matrícula

Matrícula libre e oficial

 

A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios. A EOI de Santiago de Compostela ofrece estudos en modalidade oficial para 7 idiomas, organizados en 5, 7 ou 8 cursos e 6 (desde A1 até C2) niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas, segundo o idioma.

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse aos exames para certificar a súa competencia nalgún/s dos 7 idiomas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela. As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro son: A1 e A2 (nivel básico), B1 e B2 (nivel intermedio), e C1 e C2 (nivel avanzado). 

Consulte aquí a oferta educativa da EOI de Santiago de Compostela, nas modalidades oficial e libre.

Distribuir contido