Ordes

Profesorado do departamento de inglés - Ordes

Aquí pode consultar os grupos a cargo de cada profesor/a e os seus horarios de titorías, así como información de contacto.

Sección de Ordes

IES Nº 1 de Ordes (código do centro: 15027782)
Rúa Mestre Nicolás del Río, s/n
15680 Ordes
(A Coruña)
Teléfono 881 960 334

Contacto: eoi.santiago.ordes@edu.xunta.gal

Ver mapa más grande

Halloween en Ordes

Festa HalloweenO día 27 de outubro do 2021 o alumnado da EOI na sección de Ordes paticipou nun quiz pensado para compartir información sobre a celabración cultural da festa de Halloween. Asemade tivieron que participar na colaboración de relatos de medo en lingua inglesa.

Como agasallo polas devanditas actividades, todo o alumnado recibiu un diploma pola sua participación e os gañadores (Javier Rodríguez Vázquez e María Carmen Barbeito Bestilleiro) recibiron un lote de libros en inglés relacionados coa temática da maxia e o misterio.

Parabéns!

Puppet making workshop / obradoiro de monicreques

PuppetsO día 18 de outubro ás 19 horas tivo lugar un obradoiro na sección de inglés da EOI en Ordes destinado ao alumnado do nivel A2. Consistiu en visualizar primeiro unha obra de teatro en inglés titulada “The Banana School” e logo participou nun diálogo sobre a mesma. Por último, o alumnado fixo un monicreque con material de refugallo para crear un personaxe e de seguido, inventou unha historia para a súa representación.

A devandita actividade resultou motivadora e espertou o interese de todos os participantes pola súa orixinalidade.

Servizo de biblioteca na sección de Ordes

Horario: mércores e xoves de 18:30 a 19:30.

Distribuir contido