A Resolución do 24 de xullo de 2022 (DOG do 19 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escol as oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prazo para a presentación de solicitudes: desde o 3 até ao 13 de xaneiro. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.