A Resolución do 24 de xullo de 2022 (DOG do 19 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escol as oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prazo para a presentación de solicitudes: desde o 3 até ao 13 de xaneiro. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.
PRIMEIRO CUADRIMESTRE (setembro-xaneiro) |
||||
Curso |
Modalidade/Horario |
Días |
Aula |
Comezo das clases |
Linguaxe admva. MEDIA |
En liña |
|
|
24 outubro |
CELGA 4 |
11:00-13:30 h |
Martes e venres |
5 |
20 de setembro |
CELGA 4 |
16:00-18:30 h |
Luns e mércores |
5 | 19 de setembro |
SEGUNDO CUADRIMESTRE (febreiro-maio) |
||||
Curso |
Modalidade/Horario |
Días |
Aula |
Comezo das clases |
Linguaxe admva. SUPERIOR |
En liña |
|
|
6 de marzo |
CELGA 4 |
11:00-13:30 h |
Martes e venres |
5 |
24 de xaneiro |
CELGA 4 |
16:00-18:30 h |
Luns e mércores |
5 | 23 de xaneiro |
Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes fanse mediante aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
O día 13 de setembro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido na adxudicación das prazas nos cursos do primeiro cuadrimestre. Para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuatrimestre, o día 18 de xaneiro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.7Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro da resolución.
O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 16 de setembro de 2022 para os cursos do primeiro cuadrimestre, e ata o 20 de xaneiro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre.
INFORMACIÓN IMPORTANTE! A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado. A realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.