Faixa 20 aniversario

Caixa de queixas e suxestións relacionadas coa convivencia

A EOI de Santiago de Compostela ten un Plan de Convivencia que pode consultar nesta ligazón.

O centro tamén pon ao dispor de toda a comunidade educativa unha caixa de queixas e suxestións para mellorar a convivencia no centro. Se desexa recibir unha resposta, estas deberán levar a identificación correspondente (nome e DNI), e se é o caso, idioma e grupo no que está matriculado, a través do formulario electrónico que se atopa máis abaixo.

CLÁUSULA DE INFORMACIÓN
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/la de que os datos persoais facilitados quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar este procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, ou mediante o envío dun correo electrónico asxt.cultura.educacion@xunta.es.