Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Programas europeos

26 de setembro: Día Europeo das Linguas

Ven saborear as linguas de Europa!

O día 26 de setembro, como todos os anos, celébrase o Día Europeo das Linguas. Na EOI celebrarémolo con sesións degustación de linguas na central de Vite (bretón, francés, sueco) e Ordes (alemán).

Estas sesións fan parte da programación conxunta que a nosa escola deseñou xunto co Centro de Documentación e Estudos Europeos da USC (CEDE) e o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM).

Segue a ler e consulta toda a programación.

A EOI de Santiago acolle dúas estudantes italianas dentro do Programa Leonardo

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acolle durante as dúas últimas semanas de setembro a dúas alumnas do IIS Pietro Scalcerle de Padua (Italia) dentro da acción Leonardo do Programa de Aprendizaxe Permanente. Martina e Adelaide farán prácticas laborais prestando apoio nas labores de conserxería, secretaría e biblioteca no centro.

Study Visit Final Report

Download the final report of our study visit in pdf format.

Visita de estudo de 12 expertos europeos en linguas estranxeiras

Un grupo de 12 responsábeis e expertos europeos en ensino de linguas fará unha visita de estudo a Santiago a próxima semana

Organizada pola Escola Oficial de Idiomas e financiada pola Comisión Europea, a visita mostrará ao grupo o modelo de ensino de linguas para adultos das escolas oficiais de idiomas.

O  luns, día 24 de febreiro, os doce expertos procedentes de Austria, Polonia, República Checa, Irlanda, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Polonia, Escocia, Inglaterra, Hungría e Italia, entre os que se atopan directores de centros e departamentos e responsábeis educativos dos seus países de orixe, comezarán a súa visita e observación do ensino de linguas para adultos que se imparte nas escolas oficiais de idiomas do Estado, institucións educativas singulares en toda Europa.  Consulta o programa

Distribuir contido