Programas europeos

Visitas e intercambios Grundtvig

No curso 2011- 2012, unha profesora do departamento de francés participa nunha visita dentro deste programa. Estas visitas e intercambios están encamiñados a mellorar as competencias educativas, de xestión e orientación  do persoal de educación de persoas adultas mediante as prácticas de observación en institucións afins, asistencia a conferencias o seminarios, etc.

Formación individual Grundtvig

Son varios os docentes do centro que participan cada ano en actividades de formación continua do persoal de educación de persoas adultas dentro do catálogo do Programa Grundtvig, co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento profesional, coa asistencia a cursos que favorecen unha formación de calidad, a mellora das competencias e unha visión máis ampla da aprendizaxe permanente en Europa.

E-Twinning

Durante o curso 2011-2012, dúas profesoras coordinan a participación de varios grupos de alumnos de inglés e francés en sendos proxectos e-twinning.

Estadías profesionais

Durante o curso 2009-2010, dúas profesoras do departamento de alemán realizaron estadías profesionais en Alemaña en abril de 2010. En correspondencia, dous profesores alemáns visitaron a nosa EOI no mes de febreiro.

Sócrates Grundtvig 2: "LinxXchange"

Este programa europeo rematado no ano 2007 tiña como obxectivo fomentar o uso das linguas aprendidas, contactando por internet con alumnos dos centros participantes: CVO Temse (Flandes, Bélxica), Savo Vocational College (Kuopio, Finlandia) e Ballsbridge College (Dublín, Irlanda). A páxina web multilingüe en francés, inglés e español permitiu o intercambio de experiencias durante dous anos académicos.

Sócrates Lingua 1: "Language Festivals"

Este proxecto finalizado no ano 2007 pretendía unir a comida e a cultura co idioma, tentando motivar o alumnado mediante a “degustación”. O obxectivo foi a organización de festivais lúdicos nos que se fomentase a aprendizaxe de linguas mediante un contacto directo do alumnado con aspectos “palpables” delas: gastronomía, música, audiovisual, baile, etc. Celebráronse festivais de linguas na Bretaña (Francia), en Senigallia (Italia), Jablonec nad Nisou (R.

Distribuir contido