E-Twinning

Durante o curso 2011-2012, dúas profesoras coordinan a participación de varios grupos de alumnos de inglés e francés en sendos proxectos e-twinning.

Estes irmandamentos escolares europeos son unha iniciativa da Comisión Europea que fomenta a colaboración entre centros educativos europeos mediante o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Forma parte do Programa Comenius e proporciona asistencia, ideas e ferramentas aos centros para axudalos a establecer asociacións, comezar e desenvolver proxectos de colaboración de calquera eido temático integrado no currículo.