aRi[t]mar galiza e portugal

aRi[t]mar galiza e portugal

Coñece o proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, permanece atento/a ás novidades, consulta a información de todas as edicións, le e escoita as mellores poesías e músicas da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e moitas cousas máis accedendo á páxina web do proxecto // Conheça o projeto aRi[t]mar galiza e portugal, permaneça atento/as às novidades, consulte a informação de todas as edições, ouça e leia as melhores músicas e poesías da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e muitas coisas mais acedendo ao

Gala aRi[t]mar galiza e portugal

Xa está a chegar a nosa Gala aRi[t]mar galiza e portugal!

Ven gozar dun espectáculo cheo de música e poesía galego-portuguesas!

Poesía vencedora do certame aRi[t]mar galiza e portugal 2023

Xa temos vencedoras nas categorías de mellor poesía do ano na Galiza e en Portugal.
Na Galiza MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados, de Arancha Nogueira. Em Portugal Se de repente perto fosse um verbo, de Maria Isabel Fidalgo.
As segundas poesías clasificadas foron a galega "Se algunha cousa queren comigo", de Lorena Conde, e a portuguesa "Podia-te chamar Lisrio", de Fernando Machado Antunes.
Na terceira posición quedaron a galega "As amigas", de Yolanda Castaño, e a portuguesa "Faço uma curta viagem", de Maria Teresa Dias Furtado.
Parabéns ás vencedoras e ás segundas e terceiras clasificadas!

Votacións poesía aRi[t]mar galiza e portugal

Até ás 23:59 h do día 14 de maio permanece aberto o prazo para votares e escolleres a mellor poesía da Galiza e de Portugal.

Podes ler todos os poemas e despois votares premendo aquí.

 

A Associação José Afonso, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Por manter vivo o legado daquel que non só foi un dos maiores cantores e poetas da historia de Portugal, senón tamén un persoeiro sempre consciente das súas ligazóns, e as do pobo portugués, coa Galiza, o xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal acaba de decidir que a Associação José Afonso (AJA) será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022.

Nacida en Setúbal no 1987, pouco despois da morte do Zeca, a Associação José Afonso leva máis de 30 anos difundindo os valores do Zeca a través dos quince núcleos activos que ten por todo Portugal. Do mesmo xeito, a delegación galega, a AJA Galiza, amais de promover o

Votacións música aRi[t]mar galiza e portugal

          

                                                  

Xa podedes votar as Mellores Músicas do 2022 na Galiza e Portugal até ao día 27 de marzo!

En aritmar.gal podedes escoitar as 10 cancións galegas e as 10 cancións portuguesas preseleccionadas polo xurado e comezar a votar!

Parabéns a todos e todas as finalistas!

MJ Perez*Sheila Patricia*Ataque Escampe*SES*bertomusica*Laura LaMontagne & PicoAmperio*Xoel López & Baiuca*Familia Caamagno*A Pedreira*Fillas de Cassandra

Miguel Araújo*Pedro Abrunhosa*Os Quatro e Meia*A garota não*Batida Mayra Andrade*Fado Bicha*IRMA*Retimbrar*Bárbara Tinoco*Carolina Deslandes

 

Gala aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía

Ven vivir a maxia da Gala dos premios aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía! Xoves 15 de decembro ás 20:30 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Coa actuación de Catuxa Salom e a participación especial d'A Garota Não, Nabiza Girl e Fran Rei. Coa presenza de Lúa Mosquetera, Wilma Vieira e Ponte... nas Ondas!

Entradas de balde en www.compostelacultura.gal a partir das 11:00 h do día 13 de decembro. Descarga aquí o programa do acto.

Lúa Mosquetera e Wilma Vieira, vencedoras do aRi[t]mar na categoría de poesía

O público de aRi[t]mar aposta por dúas voces femininas, novas e modernas

Compromiso, renovación e ruptura son tres palabras que califican con precisión a obra de Lúa Mosquetera. A autora, orixinaria da coruñesa vila de Miño, abandona os tropos máis recurrentes da poesía por unha, a súa, sempre recitada sobre música (se pode ser en directo), e coa defensa dunha lírica separada do elitismo. “Anorak de pel de caribú”, a poesía gañadora do premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, formou parte da antoloxía “15 voces da nova poesía galega” e será publicada nun poemario da autora, neste 2022, pola Editorial Galaxia.

Ponte...nas Ondas! premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego lusófona

O xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal vén de decidir que a asociación Ponte... nas Ondas! será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022. É un recoñecemento outorgado por medio de resolución directa do xurado e pretende salientar o traballo de todo aquel que contribúe a achegar as culturas galega e portuguesa. A resolución dáse a coñecer nas vésperas do 25 de abril, data da Revolución dos Caraveis.

Xisco Feijoó e Ana Moura gañan os premios aRI[t]mar da música galego-portuguesa

Xisco Feijoó (por "Peixe") e Ana Moura (por "Andorinhas") gañadores dos premios aRi[t]mar da música galego-portuguesa

                                

Distribuir contido